Ía e viña a mar a mar ía e viña como van e veñen un tras doutro os días ía a mar e viña a mar viña e ía Vagas altas e rizas estourando impoñentes como calquera día da miña mareira vida como calquera día a mar ía e viña Ía e viña a miña amiga a miña vida ía e viña batendo contra os coídos contra os cons e contra a area a mar miña ía e viña ía e viña a amada miña Pero ai non era o de sempre o seu son que había nel coma sombras de queixume queixábase a mar miña mentres ía e viña mentres viña e ía E axiña vin que enferma estaba dun negro mal axiña souben que o meu amor viña ferido Que malia tanto amala bicar a mar non podía nin agarimar sequera a frescura de encaixe dos seus salseiros pois viña a amada miña de negrura envelenada Con tan visguenta desgracia viña con tan escura doenza que nin gozar puiden do orballo salgado co que me agasalla sempre nos rompentes Non puiden non e maila que no seu ir e vir non laiase traía sombras de queixume o seu son isidro novo - 31decembro - 2002 |