Permítanme antes de nada amosar a miña satisfacción persoal por estar hoxe falando dunha cousa importante: o nacemento dun libro. Un momento único e irrepetible, comparable a outros que pasaron e a outros que, de certo virán, pero serán distintos, con outras tramas e con outros actores. Todo flúe,cambia e nada permanece.
O sangue dos Camiños, é a nova obra do ourensán Ramón Caride, que xa nos ten afeitos á súa calidade literaria indubidable, e sobre todo ó gran exercicio de recreación de espacios, ambientes e conflictos interiores. Logra nesta obra, reflectir a loita interior de varios personaxes que pelexan por saír, cada un deles, das encrucilladas vitais nas que se atopan.
Hai escritores que teñen a humidade do mar nas súas verbas, e outros que posúen a potencia da terca, a tonalidade escura da terca productiva, do cambisol formado por amplas capas de solo fértil onde calquera semente chegará a ser froito. Ramón Caride está nesta categoría de escritores.O seu léxico corresponde á Galicia interior e describe, con total perfección, as paisaxes e as "naturezas vivas" que acompañan ó lector por toda a novela. O sentimento da terca, as cores das paisaxes, os ocres e tercas que compoñen os encadres de cada un dos capítulos, o pó pendurado das árbores das marxes dos camiños, o tempo que circula a distintas velocidades na trama ... son elementos que permiten falar dese Caride de raigame ourensán, que ofrece a mornura auténtica e protectora da terca ós seus lectores.
Ademáis da terca, a obra de Caride está chea de cidades.Cidade entendida coma marco de convivencia e conflicto, como criadeiros de potenciais historias. Cidades entendidas como reflexo dun mundo persoal que pode deformar as Tiñas básicas e recreala novamente, tamizada polo filtro dos seus ollos ó modo das pinturas de Chagall. Cidades que son tamén espacios de soedade atroz, de milleiros de indivíduos que descoñecen a identidade dos que teñen máis próximos. Antítese clara do mundo de relacións interpersoais que o autor tanto coñece, do seu microuniverso de Cea, con convivencias habitadas e compartidas entre toda a comunidade social.
No Sangue dos Camiños, asistimos ás circunstancias vitais dunha serie de personaxes que viven nun entorno de desenvolvemento persoal e afectivo inestable, un tanto asocial, persoas descomprometidas co seu entorno máis inmediato. Cada un deles, leva ás costas un mundo e unhas circunstancias, e as súas vidas semellan fuxidas cara adiante, como se non houbera regreso posible a outras coordenadas. As débedas pendentes con eles mesmos, rematou por levalos a caleixóns sen salda.
Semellan ter todos en común a monotonía e a mecanización que a costume engade ás vidas atrapadas en falsas realidades. Comparten un ceno sentimento fatalista, dunha vida ó borde dos abismos, en certo modo inevitable, conducidos por un fio invisible que dirixe os seus pasos cara as súas traxedias individuais.
Caride recrea espacios que vivíu en primeira persoa: Nova lorque, Bretaña Francesa, O Camiño de Santiago. A súa estadía nestes mundos naturais, permítelle crear cunha gran verosimilitude, os escenarios da acción, o paso fugaz ou de vagar dos personaxes por cada un dos cadros urbanos ou rurais nos que a acción os leva. Así, as rúas, os barrios degradados, a humidade, as sensacións de perigo e fastío, as rutinas cotiás que acompañan ás tramas, e a fuxida do tempo nas cidades que contrasta co paso ganmoso das horas na natureza, son elementos claves deste proceso narrativo.
A novela está concebida a modo de escenas cinematográficas, onde un ritmo vivo impulsa a narración e empurra os acontecementos cara un desenlace inevitable, alternando habilmente os saltos temporais para incrementar a tensión narrativa, e ir desenvolvendo cada unha das tramas independentemente, ata rematar de construir o puzzle final no que, a modo de finisterrae, conflúen tódolos camiños.
Caride amosa unha vez máis o seu dominio das temáticas científicas e das novas tecnoloxías, que do mesmo xeito que noutras obras anteriores, deixan patente a súa formación en ciencias e a súa afición ós mundos da ciencia ficción, pero cunha linguaxe nova ó modo do australiano Greg Egan. A súa especial aportación nesta obra, está na creación dos oders, vehículos transmisores das experiencias psíquico-sensoriais fixadas no neocórtex cerebral... Son realmente, fragmentos doutras vidas. Estos pequenos cristais constitúen o eixo fundamental da obra, onde dúas existencias anónimas e diferenciadas van a confluir na loita pola posesión deste novo xeito de droga: Xana e Darío Gancedo.
Os oders, conteñen no seu interior vidas realmente vividas, e permiten a quen o manipula, sentir en carne propia a realidade da anguria, a dor, o sufrimento das persoas que deixaron a súa existencia penduradas das aristas destes cristais malditos. Pero tamén hai moita morte nos oders, moitas formas de sufrimento, como se asistíramos en directo ós trances agónicos dos que camiñan cara a morte, con temáticas diversas como a ablación de clítoris etc que recollen aspectos da máis ferintes realidades.
Nesta novela, do mesmo xeito que noutras obras de Caride, latexa unha harmonía dúplice, é dicir, hai un latexo vertical que desenvolve as tramas, move ós personaxes, que resolve as diversas situacións e recrea espacios marcados pola propia acción; mentras que usa tamén dunha tonalidade horizontal, dunha base que repite unha melodía de fondo que acompaña entre Tiñas á narración principal. Son os problemas e as carencias da sociedade actual. Son as trampas dunha socialización baseada non en valores, senón en resultados inmediatos como o diñeiro, a escala social, o poder, ou a reducción das persoas a meros instrumentos para acadar outros fins.
Finalmente, hai un certo carácter máxico nesta obra. Vidas que aparecen e desaparecen. Tempos que veñen e van. Narracións en diversas voces. Viaxes a Finisterres. E actores secundarios que reforzan un certo carácter exotérico dalgunha parte da novela. O relator do significado do Camiño de Santiago, que descubre o futuro na man de Natalie, que explica os símbolos da oca e a relación co xogo do mesmo nome. O Códice Calixtino loce en todo o seu esplendor, incluso nas recomendacións ós peregrinos sobre os abusos e roubos. Incluso as referencias eróticas teñen un tinte máxico, de realizar certas fantasias dalgúns protagonistas que acaban vingándose na metáfora do cazador cazado.
Nas novelas de Caride hai moitos mundos. Moitas vidas que son e outras que semellan ser. Hai un intramundo que está na base das motivacións dos protagonistas na súa evolución na trama. E cidades, moitas cidades para poder agocharse, para pasar desapercibido, ver sen ser visto E sempre a ciencia para explicalo todo, para diseccionar a realidade con pulso firme e o convencemento de que debaixo dos sentimentos, latexa tamén a ciencia, salvavidas para explicar, razonablemenente, a realidade .