Centro de Documentación da AELG
Violencia ou agresividade (II)
19 de marzo de 2006
Jiménez Casas, Cipriano Luís
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Diario de Pontevedra

Filósofos e científicos ao longo da Historia, téñense ocupado en profundidade da violencia e agresividade. O famoso intercambio epistolar entre Einstein e Freud en 1931, encargado pola Liga das Nacións, supuxo un importantísimo debate sobre a guerra, a violencia e a agresividade.

 

Eisntein dirixíndose a Freud suscítalle: “¿ Hai algún camiño para evitarlle a humanidade os estragos da guerra? ¿E posible controlar a evolución mental do home para poñelo a salvo das psicoses de odio e a destrucción? A resposta de Freud, comeza por autorizarse a si mesmo en substituír a palabra “poder” por “violencia”. Unha prevención das guerras só e posible, para Freud, se os homes acordasen a institución dunha “violencia central” encargada de entender en tódolos conflictos de intereses a través dun poder requirido. En relación aos factores psicolóxicos, Freud responde a través da súa teoría das “pulsións-instintos” do ser humano: As de auto conservación (eróticas e sexuais) e as que queren destruír e matar (pulsións de agresión ou destrucción). Isto non seria outra cousa que a transfiguración teórica da universalmente coñecida oposición amor-odio.

 

Freud, remata a súa correspondencia con Einstein, cunha certa doses positiva: “Acaso non sexa unha esperanza utópica que o influxo da actitude cultural e a xustificada angustia ante os efectos dunha guerra, sexan os que poñan fin as mesmas, nunha época non remota. Todo o que promova o desenvolvemento da cultura traballa tamén en contra da guerra”.             

 

Desde o punto de vista ideolóxico, non existe a violencia en abstracto; o que existen son actos violentos, formas concretas de actuar violentamente. A violencia non ten que ser adxectivada, senón substantivada a fin de discernir a súa natureza, o seu alcance e as súas raíces, e dicir, de captala na súa concreción histórica. Si o termo violencia convive por igual a agresión física que o ataque moral, a represión política que a coerción educativa, a destrucción militar que o enfrontamento pasional entre amantes, o seu significado tornase moi abstracto e certamente vago ou insuficiente.

 

Para a Teoría da Evolución (Darwin), o elemento clave, no tema da agresividade seria: “...que evolucionamos por selección natural...a través da competencia pola dispoñibilidade dos alimentos e, tal como sinalaba Malthus...os que sobreviven e que darán lugar a seguinte xeración, tenden a incorporar variacións naturais favorables que se transmitiran a través da herdanza...os xenes, na súa necesidade de sobrevivir e prosperar, converten o home nun animal agresivo que, sementes busca o seu propio intres a costa dos seus conxéneres... a selección natural sementes perseguiría obter maquinas de supervivencia ao servicio de xenes egoístas, auténticos protagonistas do proceso evolutivo “.

 

Actualmente, existe un debate aberto sobre unha posible vinculación evolutiva no ser humano, entre progreso e agresión, que sostén a interdependencia de ámbolos dous factores. Os que aceptan esta posibilidade, caso de K. Lorenz, advirten do risco que supón o vertixinoso ritmo do progreso das sociedades actuais, e insisten na conveniencia de atopar fórmulas para frear a violencia, que se supón medra de forma paralela.

 

Os etolóxistas, conciben a agresión como derivada do instinto de loita que os seres humanos comparten con outros organismos vivos. Lorenz, defende que a conducta agresiva é unha resposta innata, independente da experiencia e da educación, case que automática, inevitable e con erupcións espontáneas intermitentes, producidas pola acumulación de enerxía interna nos centros nerviosos.

 

Os sociólogos e socio biólogos, defende que: Os homes vivimos nun estado de guerra de todos contra todos, salvo que se estableza, un goberno, o Leviatan”. Hobbes, xustificaba as súas reflexións ca súa famosa frase: “ o home é un lobo para o home”.

 

Desde unha óptica completamente oposta  Rousseau, defendeu no seu Contrato Social de 1762, o mito do bo salvaxe: “ O home é bo por natureza, libre e igual a tódolos demais...posteriormente corrompese pola cultura e a civilización”.

 

Por outra banda os Psicanalistas, consideran a agresividade no marco da pulsión de morte (Thanatos), en contraposición a pulsión de vida (Eros). A pulsión de morte é, unha tendencia a auto destrucción e contraponse a pulsión de vida. O dualismo pulsión de vida (Eros) – pulsión de morte (Thanatos) é, asimilado pola teoría psicanalítica ao de sexualidade e agresividade. A pulsión destructiva e susceptible de desviarse cara a fora ou de retornar cara dentro o que comporta, as relacións sadomasoquistas.

 

A agresividade como conducta biolóxica crea inquietude na poboación xeral, políticos, xuristas e científicos. Os detractores das bases biolóxicas da violencia alegan que os delincuentes eludirían as súas responsabilidades.

Sen embargo o maior coñecemento das bases moleculares que determinan a conducta nos aportan maior liberdade e responsabilidade. Obríganos a transformar a conducta en comportamento a realizar o esforzo de controlar os nosos instintos (pulsións ) mediante a aprendizaxe e a adquisición da cultura.