Centro de Documentación da AELG
Violencia ou agresividade
abril de 2006
Jiménez Casas, Cipriano Luís
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Aula Castelao de Filosofía. XXIII Semana Galega de Filosofía "Filosofía e violencias"

1.- Introducción

A volta de 50 anos ( mais de medio século), estoume a preguntar: Fomos violentos os rapaces da miña xeración aló polos anos 50? Teño que confesarlles qué, sen lugar a dúbidas, eu tamén fun violento, aquí nesta fermosa cidade. Non é ningunha broma. Algúns amigos desa época, levan desde nenos e no seu rostro, cicatrices ven visibles, producidas por pedradas e como resultado das loitas entre bandas que pertencían a diferentes barrios do Centro Histórico.

Familias, veciños e a propia sociedade da década dos 50, souberon convivir, ser cómplices, cunha violencia dun os rapaces, que non sementes nos agrediamos a pedrada limpa, senón que cometiamos actos de vandalismo como rotura de escaparates ( para roubar libros e outros obxectos), de farois, luces publicas, colocación de petardos en sociedades e centros recreativos, ou tirar bombas fétidas nos cines, desde xeneral o patio de butacas.

Outros amigos e compañeiros, como e ven coñecido en Pontevedra, tiveron que pasar polo entonces denominado Reformatorio ( Tribunal Tutelar de Menores ), como castigo e condena polos seus actos violentos.

Afortunadamente ese instinto ou pulsión agresiva, propia da idade xuvenil en constante desenvolvemento, foi mudando e canalizándose cara unha serie de actividades de tipo cultural e deportivo, sobre todo, para os que tivemos a sorte de estudiar nun centro publico, como era o Instituto de Ensino Medio. O de Pontevedra, unha vez rematado o bacharelato, facilitounos o paso a outras etapas da vida, sen maiores complicacións.

Non foi encambo tan doado para estudiantes, procedentes de centros relixiosos ou internados que, en idades ven adultas p. ex. como universitarios en Compostela, continuaban con comportamentos violentos, por certo, moitos deles de caracter perigoso.

Kenzaburo Oé, premio Novel de Literatura en 1994, ten un fillo con discapacidade. A dor polo seu fillo obrigouno a viaxar a Hiroshima a empaparse de dolor humano. As formulas que aplica na súa casa: paz, dialogo e respecto, son as que pide a tódolos gobernos. A violencia, a guerra, as relacións persoais destructivas están sempre presentes nas novelas de Oé: “...non canto a violencia, a reflexo cos meus artificios de escritor da forma mais realista, dun modo obxectivo, como si se tratara dun documental, para que logo o lector se pregunte a que pode conducir eso...fíxenme escritor para reflectir a dor dun peixe e hoxe síntome un profesional da expresión da dor humana...” 

Etólogos, sociólogos, médicos, políticos, lexisladores...están non sementes familiarizados coa violencia, senón que de maneira especial preocúpalles a súa complexidade e dimensión social. O problema que se nos plántea é cando desde un campo non se quere saber ou non se mostra intres polas apartacións dos outros. Esta situación “simplista” plántea non poucas dificultades no intento de lograr unha mellor  comprensibilidade e/ou explicación deste fenómeno humano.

Michel Maffesoli (1) nunha entrevista realizada no Pais Semanal de xaneiro de 2006, sobre os últimos acontecementos violentos que tiveron lugar en Francia  comenta: “...cando tratamos de evitar todo tipo de violencia, estamos a potenciar a súa aparición explosiva...os hospitais son asépticos, pero entramos para curarnos un brazo e saímos cunha infección...” O autor e partidario de que: “...non vale de nada tratar de eliminar a violencia, todo o contrario, hai que homeopatizala...”

Cando efectivamente queremos evitar o risco, este volvese perverso. A sociedade precisa purgas a modo de catarses. A obsesión da seguridade, a asepsia da súa existencia provoca inevitablemente formas perversas de violencia.

O sociólogo francés é contundente: “...o modelo republicano xa non funciona. As explosións de violencia serian o desfase entre a sociedade oficial republicana ( de dereitas ou esquerdas ) e a sociedade oficiosa que medra a modo de especificidades diferenciadas. O regreso das tribus tanto para o ben como para o mal, ideal comunitario, substituirá ao ideal democrático. Non debemos polo tanto negar as diversidades. O tribalismo está ai e hai que aprender a vivir con el...”

O paso do individualismo o tribalismo, seria polo tanto a hipótese, dun pensamento individual a un pensamento de grupo. Dun ser infinitivo, o verbo ser, pasouse a un ser nominal, a ser algo (Heidegger). O paso do aspecto xeral, o verbo ser, cara a ser alguén constitúe, no fondo, a creación do individuo e da individualidade. Actualmente, estase a producir, por saturación, un paso dese substancialismo a outro, mais preto do pensamento oriental, que seria: “...non importa tanto o individuo como realmente o grupo...”

A Comisión Permanente para a Literatura e as Artes, da Liga das Nacións, encargou en 1931 ao Instituto Internacional de Cooperación Intelectual que organizase un intercambio epistolar entre intelectuais de recoñecido prestixio; “sobre temas de interese común a Liga das Nacións, coa intención de que fosen posteriormente dados a publicidade e de forma periódica”.

Unha das personalidades invitadas foi Einstein, e el mesmo suxeriu como interlocutor a Freud.

Na carte que Eisntein dirixe a Freud suscítalle: “¿ Hai algún camiño para evitarlle a humanidade os estragos da guerra?. Estou certo, dille Eisntein a Freud, que vostede poderá suxerir métodos educativos mais ou menos alleos ao ámbito da política para eliminar eses obstáculos”. A idea de Einstein, para evitar as guerras estaba dirixida a crear un consenso internacional, un corpo lexislativo e xudicial que dirimira calquera conflicto que puidese xurdir entre nacións...que implicaría a renuncia incondicional de tódalas nacións a súa liberdade de acción...cuestión, por outra parte que se enfronta coa cesión por parte dos gobernantes a calquera limitación da súa soberanía.

Einstein aínda lle formula a Freud outros interrogantes: “¿E posible controlar a evolución mental do home para poñelo a salvo das psicoses de odio e a destrucción?”.

A reposta de Freud, comeza que está autorizado a substituír a palabra “poder” por “violencia”. Os conflictos de intereses entre os homes arránxanse, en principio, mediante a violencia. Así é en todo o reino animal, do cal o home non deberá excluírse. A forza muscular que decidía a quen pertencían as cousas, veuse substituída polo uso de instrumentos: vence quen teña as mellores armas ou saiba empregalas con maior destreza. A morte do inimigo, conforta, por outra banda, unha inclinación pulsional e impide que reinicie outra vez a súa oposición. Unha prevención das guerras só e posible, para Freud, se os homes acordasen a institución dunha “violencia central” encargada de entender en tódolos conflictos de intereses a través dun poder requirido. En relación aos factores psicolóxicos, Freud responde a través da súa teoría das “pulsións” do ser humano: As de auto conservación (eróticas e sexuais) e as que queren destruír e matar (pulsións de agresión ou destrucción). Isto non seria outra cousa que a transfiguración teórica da universalmente coñecida oposición amor-odio.

Freud considera unha ilusión facer desaparecer a “agresión” ou “violencia” dos homes tratando de satisfacelos materialmente e incluso igualando a súa participación na comunidade. Non parece posible a existencia dunha comunidade onde a pesar de que a natureza lle brinde ao home todo canto precise, a súa vida transcorra sen agresión e violencia. ¿Como combater, pois, a guerra?. Se a pulsión de destrucción conduce cara a ela, teriamos que apelar o seu contraio, o Eros (“fai o amor e non a guerra”), a través de potenciar ligazóns de sentimentos entre os homes, que produzan un efecto contrario a violencia. Vínculos como os que se teñen cun obxecto de amor, sen metas sexuais, e a outra ligazón por identificación. Freud, remata a súa correspondencia con Einstein, cunha certa doses positiva: “Acaso non sexa unha esperanza utópica que o influxo da actitude cultural e a xustificada angustia ante os efectos dunha guerra, poñan fin as mesmas nunha época non remota. Todo o que promova o desenvolvemento da cultura traballa tamén en contra a guerra”.   


2.- Violencia e agresividade. Aproximación filosófica e ideolóxica 
           
Desde o punto de vista filosófico, a violencia, seria o resultado da interacción entre a agresividade natural e a cultura. A violencia así entendida, e pois, unha nota especificamente humana, que soe traducirse en accións ( ou ameazas de acción) ou omisións intencionais que tenden a causar dano a outros seres humanos. Dito doutra forma, a bioloxía fainos agresivos; pero é a cultura a que nos fai pacíficos ou violentos.

Desde o punto de vista ideolóxico, non existe a violencia en abstracto; o que existen son actos violentos, formas concretas de actuar violentamente. A violencia non ten que ser adxectivada, senón substantivada a fin de discernir a súa natureza, o seu alcance e as súas raíces, e dicir, de captala na súa concreción histórica. O primeiro problema que se nos planea o analizar a violencia e de orden semántico: o termo violencia e demasiado xenérico e constitúe un paraugas baixo o cal agóchanse procesos e comportamentos moi diferentes. Violencia e certamente o bombardeo sobre unha cidade onde se sospeita que hai guerrilleiros, pero tamén o é o cáchete que un pai da o seu fillo como castigo; violencia é o asasinato do líder sindical, pero non menos violento e o enfrontamento pasional entre dous pretendentes celosos; violencia é a tortura inflixida a opositor político nunha cárcere clandestina, pero tamén a é o asalto a un cidadán que esta na rúa a espera dun autobús. Si o termo violencia convive por igual a agresión física que o ataque moral, a represión política que a coerción educativa, a destrucción militar que o enfrontamento pasional entre amantes, o seu significado tornase moi abstracto e certamente vago ou insuficiente.

A agresividade, concepto moito mais innato ou biolóxico, aceptase como un “impulso” (2), forza vital moi intensa, independentemente da vontade, que determina a dirección, intensidade e duración das respostas psíquicas de conducta.

En psicopatoloxía, denominamos impulsividade a predisposición ou tendencia para responder a estímulos externos ou internos mediante reaccións rápidas non planificadas, sen a capacidade de considerar as consecuencias da conducta para un mesmo e para os demais. Seria un fallo dos mecanismos de control e reflexión sobre a conducta que permite o ser humano utilizar a experiencia e o coñecemento para modular os seus actos.

Agresividade, equivale a impulsividade. Violencia e unha agresión extrema entre seres humanos. Conducta, seria unha resposta básica e/ou pulsional – instintiva da vida anímica. O comportamento humano, supón unha conducta modulada pola cultura e a intelixencia.


3.- Agresividade: Espectro terminolóxico

Unha definición de amplío espectro sobre a agresividade, incluiría a auto agresividade, a agresividade cara obxectos inanimados, agresividade verbal, formas indirectas (rexeitamento, humillación), violencia física cara animais ou persoas e os aspectos adaptados da competencia deportiva ou laboral.

Pola tanto poderiamos significar a agresividade como unha conducta biolóxica determinada e psico socialmente modulada.  

Agresividade no diccionario da Real Academia Española significa: Acometividade.  Agresión, procede do latín: aggressio,-onis, aggresus, acto de acometer a alguén para matalo, ferilo ou facerlle dano sen xustificación...acto contrario ao dereito do outro...ataque armado dunha nación contra outra, con violación do dereito...ataque rápido e por sorpresa, realizado polo inimigo e considerado inxusto ou reprobable. Agresivo, dixese da persoa ou animal que obra ou tende a obrar con agresividade...propenso a faltar o respecto, a ofender ou provocar aos demais...que implica provocación ou ataque...discurso agresivo...palabras agresivas.

No diccionario de María Moliner, agresivo/a, significa: Propenso a agredir ou atacar fisicamente...cometedor, acre, agreo, áspero, violento, alzar o galo...atacar, bravo,  rifa...

En galego agresión, significa: Acción e efecto de agredir; ataque. Agresividade (de agredir) e unha calidade do que é agresivo: Acometividade. En portugués agressao é un acto ou efecto de agredir...acometimento, ataque.

En inglés a palabra aggresiveness, foise debilitando ata perder toda a súa significación de hostilidade e converterse en sinónimo de: Espírito emprendedor...enerxia... ...actividade...por contra a palabra aggresivity, experimentou unha menor modificación de sentido, incluíndose na serie: aggression, to aggress...

No idioma de Freud, atopámonos co a palabra alemana aggression, aggressivitat...para designar tanto as agresións como a agresividade.

A American Psychiatric Association ( DSM-IV-TR 2002), define a agresión como: Conducta intencionada dirixida a provocar dano físico a outros. A Organización Mundial da Saúde ( CIE-10 1992), sinala a agresividade como un síntoma psiquiátrico inespecifico, sen diferenciar subtipos clínicos de violencia nin aportar unha definición concreta.


4.- Aproximacións teóricas sobre a agresividade

Moitas son as teorías que tratan de contribuír a un mellor esclarecemento da agresividade, referireime de forma moi sintetizada as que considero mais fundamentais:


4.1.- Teoría da evolución

Ten como expoñente máximo a Charles Robert Darwin (3). O elemento clave seria: “...que evolucionamos por selección natural...a través da competencia pola dispoñibilidade dos alimentos e, tal como sinalaba a teoría de Malthus...os que sobreviven e que darán lugar a seguinte xeración, tenden a incorporar variacións naturais favorables que se transmitiran a través da herdanza...”

A teoría dos antepasados comúns a tódalas especies e ratificada por tódolos neodarwinistas: “ Os xenes, na súa necesidade de sobrevivir e prosperar, converten o home nun animal agresivo que sementes busca o seu propio intres a costa dos seus conxéneres. A selección natural sementes perseguiría obter maquinas de supervivencia ao servicio de xenes egoístas, auténticos protagonistas do proceso evolutivo “.

A agresión na nosa especie debe ter un sentido filoxenético, posto que se preservou ao longo do seu proceso evolutivo. O seu éxito de supervivencia ten que ver ca capacidade de asociarse e desenvolver un gran potencial agresivo co uso das armas (utensilios de caza) e para a propia loita.

As primeiras guerras organizadas xurdiron fai un os 40.000 anos, coa invención das armas arreboladas. A revolución agrícola do Neolítico fai 10.000 anos a través do Homo Sapiens, leva ao home ao autocontrol mediante convencións sociais.

A bioloxía moderna, considera a agresividade humana, unha forma de conducta instintiva (pulsional), con función adaptativa. A agresión e un método para competir, e os individuos compiten para transmitir a través dos xenes a mellor aptitude para a supervivencia. Actualmente existe un debate aberto sobre unha posible vinculación evolutiva no ser humano entre progreso e agresión, que sostén a interdependencia de ámbolos dous factores. Os que aceptan esta posibilidade, caso de K. Lorenz, advirten do risco que supón o vertixinoso ritmo do progreso das sociedades actuais, e insisten na conveniencia de atopar fórmulas para frear a violencia, que se supón medra de forma paralela.


4.2.- Teoría etolóxica

Dedicada ao análises sistemático da conducta animal, está representada polo seu máximo expoñente Konrad Lorenz (4).

Para este autor, a agresión deriva do instinto de loita que os seres humanos comparten con outros organismos vivos. Considera a pulsión agresiva como un sistema de resposta instintiva e conxénita en tódalas especies animais, cuxa misión é a conservación da mesma, e sen relación co principio do mal.

Lorenz, defende que a conducta agresiva é unha resposta innata, independente da experiencia e da educación, case que automática, inevitable e con erupcións espontáneas intermitentes, producidas pola acumulación de enerxía interna nos centros nerviosos. A enerxía agresiva prodúcese de forma tónica e constante no ser humano, o que fai que se acumule co paso do tempo e, senón é liberada pode causar crises bruscas e hostilidade.

A aparición dun episodio agresivo depende de dúas variables, a cantidade de enerxía agresiva acumulada e a intensidade do estimulo externo provocador da resposta hostil.Canto mais enerxía almacenada o nivel de provocación será menor.

Con estes planeamentos, Lorenz non pretendía xustificar as consecuencias indesexables para a sociedade das conductas agresivas, senón sentar as bases biolóxicas obxectivas da súa xéneses, e a través da súa compresión atopar os camiños polos que reducir os seus efectos negativos.   

Desde a perspectiva da neuro etoloxía a orixe da conducta agresiva é filoxenético e ten un significado funcional ao servicio da preservación da especie.


4.3.- Teoría sociolóxica e socio biolóxica

A socioloxía e socio bioloxía, que poderiámola representar por Thomas Hobbes (5), defende que: “O home e agresivo e destructor dos seus semellantes, por natureza. Os homes vivimos nun estado de guerra de todos contra todos, salvo que se estableza, un goberno, o Leviatan”.

Hobbes, xustificaba as súas reflexións ca súa famosa frase: “ o home é un lobo para o home”.

O instinto agresivo, universal na nosa especie, debe ser sometido e controlado mediante a cultura.

Desde unha óptica completamente oposta Xoán Xacobe Rousseau (6), defendeu no seu Contrato social de 1762, o mito do bo salvaxe: “ O home é bo por natureza, libre e igual a tódolos demais no seu nacemento e investido duns dereitos básicos pola súa condición humana. A natureza do home e harmoniosa e cooperativa. Posteriormente corrompese pola cultura e a civilización”.

En ámbolos dous planeamentos pódense atopar elementos interesantes. As dúas teorías recoñecen que o intres do individuo e o intres da sociedade entran en conflicto.

Nas sociedades capitalistas, a competencia inter individual necesaria para manter o sistema de producción liberal lévanos a unha institucionalización da agresividade.

Para Franz Kafka (7), outro fenómeno social propio das sociedades capitalistas é a incomunicación.

Outros autores como Herbert Marcuse (1985), sinalou a frustración dos sectores xuvenís das sociedades capitalista, a non obtención das recompensas esperadas, como unha fonte potencial de agresión e rebelión social. Para o psicólogo conductista Albert Bandura (1973), a agresión e considerada como unha forma de comportamento social aprendido. Os conductistas consideran a agresividade como unha conducta adquirida (non innata) mediante a aprendizaxe social, e que sementes aparece nos ambientes onde se premia a violencia ou onde o seu uso e beneficiosa.          

As teorías da aprendizaxe significan que a conducta violenta e o producto de tres elementos ambientais: a observación da agresión (familia, televisión), a instigación a agresión e o reforzo por recompensa do comportamento hostil fronte ao sumise. Moitas formas de agresión (deportes, crimes, guerras) son moduladas pola cultura mediante sancións ou recompensas.

Estudios de medio ambiente atopan que a contaminación atmosférica por gases industriais e fumes da combustión dos hidro carburantes, a contaminación do aire de espacios pechados por fume de tabaco e a contaminación acústica incrementan de forma significativa a irritabilidade e as respostas agresivas das persoas expostas.

A socio bioloxía aplica os principios da teoría da evolución ao estudio do comportamento social do home, estes autores ( Wilson, 1980; Barash, 1981; McKenna, 1983), defenden que a organización social dos grupos humanos está determinada en gran medida polos xenes que foron seleccionados pola evolución. Particularmente, atribúen a dominación masculina, a xerarquía social, a guerra, a territorialidade  e a agresión a acción dos xenes.

A concentración de poboación urbana favorece a competencia a agresividade e os crimes.

A diferencia polo sexo constitúe outro aspecto esencial da agresividade humana, amplamente estudiado pola socio bioloxía. Barash, argumenta que a aptitude superior dos varóns para a caza, a loita e a guerra, foi favorecida pola evolución como un resgo necesario para a supervivencia da nosa especie. As mulleres empregarían formas indirectas de agresión, como a descualificación, o rexeitamento ou a humillación.

Un dos problemas que as sociedades industrializadas xenara maior alarma é a violencia domestica cara as mulleres.


4.4.- Compoñentes biolóxicos da agresividade

Actualmente, son cada vez mais frecuentes as publicacións e os estudios que documentan os compoñentes biolóxicos da agresividade humana. As tendencias de maior impacto son as que investigan os factores xenéticos da violencia, como p. ex. a relación da agresión irritable ou impulsiva co metabolismo da “serotonina”, ou a modulación cerebral da agresión polos andróxenos.

Desde o ponte de vista neurolóxico a neuro anatomía e a neurofisioloxía, pódense poñer como relevante a importancia do lóbulo temporal. A importancia da neuro química a través das sustancias como a: dopamina e noradrenalina así como a serotonina e os andróxenos. 
   
A agresividade e tamén relevante nas denominadas disfuncións cerebrais: a) trastornos mentais primarios (estres, trastornos da personalidade, consumo de drogas, alcoholismo, trastornos psicóticos, trastorno antisocial da personalidade, trastorno depresivo, etc.. etc.. ), b) trastornos mentais secundarios ( delirium, demencia, trastorno orgánico da personalidade, traumatismos cranio encefálicos, tumores do lóbulo temporal, etc.. etc.. c) agresividade na enfermidade de Alzheimer  


4.5.- Teoría psicanalítica
 
A teoría psicanalítica considera a AGRESIVIDADE como: Unha tendencia ou conxunto de tendencias que se traducen en conductas reais ou fantasmáticas, dirixidas a danar a outro, a destruílo, a contrarialo, a humillalo...A agresión pode adoptar modalidades distintas as da acción motriz violenta e destructiva; non hai conducta, tanto negativa (negación de axuda p. ex.) como positiva tanto simbólica (ironía p. ex.) como efectivamente realizada, que non poida funcionar como agresión. A agresión humana e unha resposta de liberación ante a frustración dos IMPULSOS LIBIDINAIS (EROS) procedentes do inconsciente...liberación que se produce en certas situacións nas que aumenta a tensión psíquica.

A agresividade analizada dinamicamente actúa precozmente no desenvolvemento do individuo a través dun complicado xogo da súa unión e separación ca sexualidade. O substrato pulsional único, atopado para a agresividade non pode ser outro que a propia PULSION DE MORTE, introducida por Freud en 1920 na súa obra: Mais ala do principio do pracer, que xa fora formulado por Adler en 1908 (8). En: Mais ala do principio do pracer, a agresión interpretase no marco da pulsión de morte (Thanatos), en contraposición a pulsión de vida (Eros). En varias ocasións Freud, xa tiña falado de “pulsión hostil” e “tendencia hostil”. O propio “Complexo de Edipo”, foi descuberto como unha conxunción de desexos amorosos e hostís, sendo presentado por primeira vez na: Interpretación dos sonos (1900), baixo o titulo: Sonos de morte de persoas queridas. Na lectura de: As pulsións e os seus destinos (1915), Freud, xa dispuña dunha teoría meta psicolóxica da agresividade. A conversión aparente do amor en odio non é mais ca unha ilusión; o odio non e un amor negativo; ten a súa propia orixe, cuxa complexidade supón; que os verdadeiros prototipos da relación de odio non proveñen da vida sexual, senón da loita do Eu pola súa conservación e a súa afirmación. Unha parte da pulsión de morte, ponse directamente ao servicio da pulsión sexual o “sadismo”. Outra parte non acompaña esta desviación ao exterior, senón que permanece no organismo, onde queda ligada libidinalmente coa axuda da excitación sexual que a acompaña...aquí recoñecese o “masoquismo” orixinario esóxeno.   

A PULSION DE MORTE ou PULSION AGRESIVA, seria unha tendencia poderosa de todo ser vivo a volver o inanimado, o lugar de onde se procede. A pulsión de morte e unha tendencia a auto destrucción (pulsión tanatica), cunha función liberadora das tensións e conflictos do individuo. Dirixida inicialmente contra o propio suxeito e desprazada secundariamente de cara ao exterior e os outros. O seu fin non e outro que a destrucción do obxecto. A pulsión de morte contraponse a PULSION DE VIDA e tende a reducir ao ser vivo o seu estado inorgánico. O dualismo pulsión de vida (Eros) – pulsión de morte (Thanatos) e asimilado pola teoría psicanalítica ao de sexualidade e agresividade.

No propio campo da agresividade, algúns fenómenos adquiren cada vez maior importancia para Freud, son precisamente todos aqueles que indican unha auto agresión: clínica do duelo e melancolía, elementos que conducen as “misteriosas tendencias masoquistas do Eu”.

As pulsións de vida ou Eros, distan de ser simplemente un novo nome para designar o que antes se denominaba sexualidade. Co termo Eros, Freud designa o conxunto de pulsións non sementes as pulsións sexuais (conservación da especie), senón tamén as pulsións de auto conservación. A loita pola vida aparten o Eros, a pulsión de morte recolle o que Freud recoñece na sexualidade humana, como especifico do desexo inconsciente; a súa irreductibilidade, a súa insistencia, o seu caracter irreal e desde o punto de vista económico a súa tendencia a reducción absoluta das tensións.

A partir de 1920, o concepto de agresividade modificase nos seguintes aspectos:
 
1) A concepción dunha pulsión destructiva susceptible de desviarse cara a fora ou de retornar cara a dentro (sado masoquismo). A agresividade non sementes aplicase as relacións obxectales ou consigo mesmo, senón tamén as relacións entre as diferentes instancias psíquicas (conflicto entre o Súper Eu e o Eu).

O sadismo consiste na violencia exercida contra dunha terceira persoa como obxecto. Este obxecto é abandonado e substituído pola propia persoa. Coa orientación contra a propia persoa, queda realizada tamén a transformación do fin activo do instinto a un fin pasivo. E buscada novamente como obxecto unha terceira persoa que a consecuencia da transformación do fin ten que encargarse do papel do suxeito. Neste caso e o que coñecemos como masoquismo.

O Eu orixinariamente e capaz  de satisfacer os seus instintos en si mesmos (narcisismo) e auto erotismo a posibilidade de satisfacción correspondente.  

2) O localizar a pulsión de morte na súa orixe, na propia persoa e o facer da auto agresión o principio mesmo da agresividade como un modo de relación co outro, como unha violencia exercida sobre o outro.

3) En principio a agresividade, non significaría outra cousa que certas formas de actividade. O Eros, tende a crear e manter o que a defusión ( pulsión de destrucción) destrúe. A agresividade seria unha forza radicalmente desorganizada e fragmentada, presente desde a primeira infancia (Melanie Klein).

Ao longo de toda a súa obra, Freud ten sempre presente o complexo tema da agresividade, que estudia e analiza a través da psicanálises: Teorías sexuais infantís (1908), no que comenta a: “ Interpretación do acto erótico como un acto de violencia...” así como: “ A teoría sádica do coito...”.

No texto: O malestar na cultura (1929 – 1930), Freud analiza ese precepto postulado pola sociedade civilizada: “Amarás ao próximo como a ti mesmo”, probablemente moito mais antigo que o cristianismo, como algo que escoitado pola primeira vez nos asombraría: ¿Por que teriámolo que facer? E sobre todo: ¿Como chegariamos a cumprilo?. Por que ese ser éstrano non sementes é en xeral indigno de amor, senón que para confesalo sinceramente, merecería moito mais a miña hostilidade e aínda o meu odio...Si aínda ese grandilocuente mandamento rezara: “Amarás ao próximo como o próximo te ame a ti”, nada habería que obxectar.

Outros mandamentos aínda parecen mais inconcibibles e espertan unha resistencia mais violenta: “Amarás os teus inimigos”.

Nun debate sobre a pena de morte no Parlamento francés  –comenta Freud- un orador había avogado apaixonadamente pola súa abolición conseguindo frenéticos aplausos, ata que unha voz xurdida do fondo da sala pronunciou as seguintes palabras: ¡Que messiers les assassins commencent !

O home, non é polo tanto unha criatura tenra e necesitada de amor...senón que nas súas disposicións instintivas (pulsionais), tamén debémoslle aportar unha boa porción de agresividade. En condicións que lle sexan favorables, cando desaparezan as forzas psíquicas antagónicas, desencadease no home esa besta salvaxe que non coñece o menor respecto polos seres da súa propia especie. As tendencias agresivas que podemos percibir en nos mesmos, debido a hostilidade entre os homes, poñen en garda a sociedade civilizada en constante risco de desintegración. As paixóns pulsionais (instintos) son mais poderosas que os intereses racionais. A cultura vese obrigada a realizar múltiples esforzos para poñer barreiras as tendencias agresivas do home mediante formacións reactivas psíquicas...e eliminando a loita e a competencia das actividades humanas.

Freud, fai referencia aos comunistas e di: “ Os comunistas consideran haber descuberto o camiño cara a redención do mal. Pensan eles, que o home seria bo de todo corazón, tería as mellores intencións para co próximo, pero a institución da propiedade privada suporía a corrupción da súa natureza. A posesión privada de bens concede a uns o poderío, e con elo a tentación de abusar dos outros; os marxinados da propiedade deben sublevarse hostilmente contra os seus opresores. Si se abolise a propiedade privada, si se fixeran comúns tódolos bens, deixando que todos participaran do seu proveito, desaparecería a mal querencia e a hostilidade entre os seres humanos. Dado que tódalas necesidades estarían cubertas, ninguén tería motivo de ver no próximo a un inimigo; todos se acomodarían de bo grado a necesidade do traballo”.

Non me concirne a min –di Freud- a critica económica do sistema comunista; non me e posible investigar si a supresión da propiedade privada e oportuna e conveniente; pero en cambio podo recoñecer como vana ilusión a súa hipótese psicolóxica.

E verdade que o eliminar a propiedade privada se subtrae a agresividade humana un dos  seus instrumentos, sen dubida un moi forte, pero de ningún modo o mais forte de todos. Sen embargo, nada se tería modificado con elo nas diferencias de poderío e de influencia que a agresividade aproveita para os seus propósitos; tampouco se habería cambiado a esencia desta.

A pulsión (instinto) agresiva non é unha consecuencia da propiedade, senón que rexia case que sen restriccións en épocas primitivas, cando a propiedade aínda era ben pouca cousa; xa se manifestaba no neno, a penas a propiedade perde a súa primitiva forma anal; constitúe o sedimento de tódolos vínculos cariñosos e amorosos entre os homes, quizais co a única excepción do amor que a nai sente polo seu fillo varón. Si se eliminara o dereito persoal a posuír bens materiais, aínda subsistirían os privilexios derivados das relacións sexuais, que necesariamente deben converterse en fonte da mais intensa envexa e da mais violenta hostilidade entre os seres humanos. Si tamén se eliminase este privilexio, decretando a completa liberdade da vida sexual, suprimindo pois, a familia, célula xerminal da cultura, entón e verdade, seria imposible prever que novos camiños seguiría a evolución desta; pero calquera que fosen, podemos aceptar que as inesgotables tendencias intrínsecas da natureza humana tampouco deixarían de seguilos. O home non lle resulta fácil renunciar a satisfacción destas tendencias agresivas súas; non se sinte nada a gusto sen esa satisfacción.

Por outra banda, un núcleo cultural mais restrinxido ofrece a moi apreciable vantaxe de permitir a satisfacción dese instinto mediante a hostilidade fronte os seres que quedaron marxinados daquel. As comunidades veciñas, son as que mais se combaten: españois-portugueses, alemáns do Norte e do Sur, ingleses e escoceses, etc..Seria algo así como o narcisismo das pequenas diferencias.

Unha das interrogantes que se fai Freud, na obra anteriormente mencionada: O malestar na cultura e a seguinte: “ A que recurso apela a cultura para coartar a agresión que lle e antagónica, para facela inofensiva e quizais para eliminala?. O medo a autoridade (sentimento de culpabilidade) e o temor o Súper Eu. O primeiro obriga a renunciar a satisfacción dos instintos (pulsións), o segundo impulsa o castigo.

A conciencia moral é a consecuencia da renuncia instintiva; ou ben: a renuncia instintiva, crea a conciencia moral, que a súa vez esixe novas renuncias instintivas.

Cando un impulso instintivo sufre a represión, os seus elementos libidinais convértense en síntomas, e os seus compoñentes agresivos, en sentimentos de culpabilidade.

O Súper-Eu cultural elaborou os seus ideais e erixiu as súas normas. Entre estas as que se refiren as relacións dos seres humanos entre si están comprendidas no concepto da ética.

O destino da especie humana será decidido pola circunstancia de si –e ata que punto- o desenvolvemento cultural logrará facer fronte as perturbacións da vida colectiva emanadas do instinto de agresión e de auto destrucción.

O Eros, persigue o fin de establecer e conservar unidades cada vez maiores, e dicir, a unión; a pulsión (instinto) de destrucción, pola contra, busca a disolución das conexións, destruíndo, destruíndo así as cousas, esto é, reducir o vivente ao estado inorgánico (instinto de morte). Nas súas funcións biolóxicas ámbolos dous instintos (pulsións), básicos son antagónicos e combínanse entre si. O acto de comer equivale a destrucción do obxecto, co obxectivo final da súa incorporación; o acto sexual, a unha agresión co propósito da mais intima unión.

Un exceso de agresividade sexual basta para converter ao amante nun asasino perverso, mentres que unha profunda atenuación do factor agresivo o converte en tímido ou impotente.

O instinto de destrucción cando actúa internamente, como pulsión de morte, permanece unido; sementes se nos manifesta unha vez dirixido cara afora, como pulsión de destrucción. Tal derivación cara o exterior parece ser esencial para a conservación do individuo e levase a cabo polo sistema muscular. Ao establecerse o Súper-Eu, considerables proporcións do instinto de agresión son fixadas no interior do Eu, e actúan alí en forma auto destructiva, sendo este un dos perigos para a saúde a cal o home esta exposto no seu camiño cara ao desenvolvemento cultural.

O individuo morre polos seus propios conflictos internos, mentres que a especie perece na súa loita estéril contra o mundo exterior, cando este se modifica de maneira tal que xa non pode ser enfrontado co as adaptacións adquiridas pola especie.


5.- Conclusión  
      
Como fenómeno clínico a agresividade atopámola asociada a toda unha serie de diagnósticos como: demencias, intoxicacións, toxicomanías, trastornos de estres postraumaticos, autismo, etc.

A agresividade como conducta biolóxica crea inquietude na poboación xeral, políticos, xuristas e científicos. Os detractores das bases biolóxicas da violencia alegan que os delincuentes eludirían as súas responsabilidades. Sen embargo o maior coñecemento das bases moleculares que determinan a conducta nos aportan maior liberdade e responsabilidade. Obríganos a transformar a conducta en comportamento a realizar o esforzo de controlar os nosos instintos (pulsións ) mediante a aprendizaxe e a adquisición da cultura.

A agresión humana definise como unha resposta do comportamento na que interveñen moitos factores condicionados por elementos biolóxicos, ambientais e psicolóxicos.

Outras apartacións de autores como Abraham Maslow, interpretan a personalidade en función da motivación. As necesidades básicas están xerarquizadas en catro niveis fundamentais, que de abaixo arriba serian; primeiro andar: fisiolóxicas, alimentos, auga, sono, sexo...segundo andar: seguridade e protección...terceiro andar: amor, pertinencia ao grupo...carto andar: auto estima e respecto por parte dos demais...quinto andar: transcendencia, beleza, verdade, xustiza e realización persoal como ser humano único...A ausencia ou eliminación dalgunha destas necesidades producirían unha resposta de agresión no suxeito.

Eric Fromm, fala dunha agresión benigna de tipo defensivo, instintiva, relacionada coa supervivencia e outra agresividade maligna, forma exclusivamente humana de hostilidade agresiva.

Donald Winnicott, comenta que sen aceptar a experiencia agresiva o home non podería acadar as relacións obxectales o concepto de realidade ou a creatividade.

Anna Freud e outros, definen a agresión como un “mecanismo de defensa” do aparato psíquico humano.


6.- Bibliografía

Adler, A., El caracter neurótico. Planeta – De Agostini. Barcelona, 1984.

American Psychiatric Association. DSM-IV-TR. Manual Diagnóstico y Estadistico de los Trastornos Mentales. Texto revisado. Editorial Masson. Barcelona, 2002.

Bandura, A., Walters, RH. Aprendizaje social y desarrollo de la personalidad. Alianza Editorial. Madrid, 1974.

Barash, D., El comportamiento animal del hombre. A.T.E., Barcelona, 1981.

Baro, Martín., Poder Ideologia y Violencia. Edición, introducción y notas de Amalio Blanco y Luís de la Corte. Editorial Trotta, S.A. Madrid, 2003.

Cárcel de Amor. Relatos Culturales sobre la Violencia de Genero. Ministerio de Cultura. Museo Nacional de Arte Reina Sofia. Madrid, 2005.

Corsi, Jorge., Peyru, Gráciela María., Violencias Sociales. Estudios sobre violencia. Editorial Ariel. Barcelona, 2003.

Darwin, C., El origen del hombre. EDAF. Barcelona, 1982.

Darwin, C., El origen de las especies. Ediciones del Serbal. Barcelona, 1983.

Diccionario Xerais da Lingua. Edicións Xerais de Galicia. Vigo, 1988.

Dicionario da Lingua Portuguesa. Dicionarios Editora. Porto Editorial, Lda.., Porto, 1981.

Diccionario de la Lengua Española. Real Academia Española. Vigesima primera edición. Madrid, 1992.

Eidelberg, Ludwig., Enciclopedia del Psicoanalisis. Editorial Espaxs. Barcelona, 1971.

English, HB., English, A. CH., Diccionario de Psicologia y Psicoanalisis. Editorial Paidos. Buenos Aires, 1977.

Freud, Anna., The ego and the mechanisms of defence. International Universities Press. New York, 1946.

Freud, Sigmund., Obras completas 24 tomos. Ordenamento, comentarios e notas de James Strachey coa colaboración de Anna Freud, asistidos por Alix Strachey e Alán Tyson. Traducción directa do alemán de José L. Etcheverry. Amorrortu editores. Buenos Aires, 1988.

Gay, Peter., Freud. Una vida de nuestro tiempo. Ediciones Paidos Ibérica, S.A., Barcelona, 1988.

Gomez-Jarabo, Gregorio (ed.)., Violencia antitesis de la agresión. Un recorrido psicobiológico, psicosocial y psicopatologico para llegar a la justicia. Colección Psicologia y Salud. Editorial Promolibro. Valencia, 2000.

Heidegger, M., El ser y el tiempo. Fondo de Cultura Economica. Madrid, 1989.

Hobbes, T., Leviatan. Tecnos. Madrid, 1996.

Huertas, David., López-Ibor Aliño, Juan J., Crespo Herbas, María D., Ars Médica. Barcelona, 2005.

Jung, CG., El hombre y sus símbolos. Luís de Caralt Editor. Barcelona, 1976.

Kafka, F., La metamorfosis. Seix Barral. Barcelona, 1985.

Kassimove, Howard., Chip Tafrate, Raymond., El manejo de la agresividad. Manual de tratamiento completo para profesionais. Editorial Desclee de Brouwer, S.A. Bilbao, 2005.

Klein, M., The psychoanalysis of children (the writings of Melanie Klein vol. 2) NuevaYork: The Free Press, 1984.

Kymlicka, Will., Fronteras territoriais. Presentación de Miguel Carbonell., Editorial Trotta. Madrid, 2006.

Laplanche, J., Pontalis, J.B., Diccionario de Psicoanalisis. Editorial Labor, S.A., Barcelona, 1988.

Lorenz, K., La ciencia natural del hombre. Tusquest Editores. Barcelona, 1993.

McKenna, JJ., Primate aggression and evolution: An overview of sociobiological and anthropological perspectives. Bull Amer Acad. Psychiat Law 1983; 11: 105-130.

Maffesoli, Michel., El nomadismo. Vagabundeos iniciáticos. Fondo de Cultura Economica. México, D.F., 2004.

Maslow, AH., Motivation and Personality.: Harper & Row. New York, 1954.

Marcuse, H., El final de la utopía. Planeta De-Agostini. Barcelona, 1986.

Moliner, María., Diccionario de uso del español. Editorial Gredos. Madrid, 1989.

Rousseau, JJ., Contrato Social. Espasa Calpe. Madrid, 1987.

Sanmartin, Jose., Grisolia, James S., Grisolia, Santiago., Violencia, televisión y cine. Editorial Ariel, S.A. Centro reina Sofia para el estudio de la Violencia. Barcelona, 2005.

Tinbergen, N., The study of instinct. Oxford University Press. Oxford, 1951.

Toberia, Adolf., Anatomía de la agresividad humana. De la violencia infantil al belicismo. Galaxia Gutenberg. Barcelona, 2005.

Wilson, EO., Sociobiologia: La nueva sintesis. Omega. Barcelona, 1980.

Winnicott, D., Collected Papers: Trough Paediatrics to Psychoanalysis. Tavistock. Londres, 1958.

 

(1) Catedrático da Sorbona, pasa por ser un dos sociólogos mais interesantes do momento actual. A súa obra mais coñecida: El tiempo de las tribus, considerase un presaxio teórico dos actos de violencia acontecidos en Francia en 2005. 

(2) A palabra TRIEB, de raíz xermánica traduciuse ao español por: INSTINTO, pero procede de TREIBEN que significa impulso, empurrar. Freud emprega este termo como PULSION, tratando de diferencialo de INSTINKT (de orixe latino), que el utiliza como un comportamento hereditariamente fixado a zooloxía ou conducta animal.

(3) Charles Robert Darwin (1809 – 1882), sentou as bases da moderna teoría evolutiva, ao planear que tódalas formas de vida se desenvolveron a través dun lento proceso de selección natural. Esta teoría revolucionaria publicouse en 1859, no famoso tratado: A orixe das especies por medio da selección natural (1883)  

(4) Konrand Lorenz, eleva a disciplina científica a mediados do século XX a etoloxía, defendendo a hipótese de que moitas tendencias animais e humanas baseábanse en pautas xenéticas fixadas polo proceso evolutivo. Lorenz, foi un dos investigadores pioneiros da agresividade humana. Criticado pola comunidade científica e política, como tamén lle pasara o mesmo Freud, recibiu finalmente o Premio Novel de Fisioloxía e Medicina en 1973, xunto con Karl von Frisch e Nikko Tinbergen. 

(5) Thomas Hobbes, escribeu no seu Leviatan de 1651: “Existen varios lugares onde viven agora de ese modo: os pobos salvaxes. Carecen de goberno en absoluto e viven actualmente nese estado bestial ao que me referín”.

(6) Xoán Xacobe Rouseau, escribeu: “O home naceu libre e, sen embargo, por tódalas partes atopase encadeado...Esta liberdade común é unha consecuencia da natureza do home. A súa primeira Lei e velar pola súa propia conservación...”  

(7) Franz Kafka e autor, entre outras obras: O Castelo, 1984 e A metamorfoses, 1985.

(8) Adler, defendía que a agresión era unha pulsión innata non con un propósito destructivo senón co obxectivo da búsquea do poder e recoñecemento. É ben sabido, que Adler foi especialmente sensible a cuestión da “dominación” no comportamento humano, acuñando o termo de “complexo de inferioridade”.  O sentimento de inferioridade do neno fronte ao adulto xenara un desexo perpetuo de sobrepoñerse aos sentimentos de discapacidade e dependencia.  O home sempre tratará de elevarse, comenta Adler, dunha posición inferior a outra superior...da derrota a victoria...de abaixo cara arriba.