Centro de Documentación da AELG
Escura e transparente - OU ALAS DE TINTA
Ramos, Baldo

OU ALAS DE TINTA

II

a ollada traspasa a retina das cousas
ata confundirse coa raíz do espello.

nos seus bordos os días son cartas marcadas,
desazo que inspira a contradición
na timba do desengano.

escribimos para abeirar a imposición do sentido
polos arrabaldes da aceptación,
ese camiño de volta.