Encomeza esta obriña de teatro , asemellando o estrado , a unha bramosa paraxe, en tempada da primaveira na natureza da Terra Chá, nun día de morneza , principiando o solpor a envoloveres á natura co seu manto negro , estrelecendo as estreliñas no ceo, ó tempo que alumean a unha especiai parella , a un vello toxo mirrado con mirada acesa cara unha donosa mociña silva, que vai de vagariño no seu camiñar de cotío, pracenteira deloura denates dese deitar a durmir. O vello toxo coa súa fala crebada, engaiolado pola beleza da silva, tenta de cortexala, reténdose a oufana silva para o escoitar.
ACTO I
TOXO: Fíuuu! fíuuu! a onde te dirixes,
nese engandador donaire?,
belísima briza silva,
que retés ata ó aire?,
SILVA: Graciñas pola louvanza,
á miña bela figura!,
vou de vagar hame delourar,
é vezo en min tal feitura!,
TOXO: Así......tan desenlleira vas,
co solpor a nos envolver?,
se ti queres , te acompaño!,
mesmo te podo eu gorecer!,
SILVA: Grazas polo teu interese,
pola compaña ofertada,
mais, prefiro eu ruar soa,
sendo un feito que me enganda!,
TOXO: Melloriño vénche sendo ,
ir dalguén acompañada!,
ese costume de ires soa,
é bo para seres eivada!,
SILVA: Eu síntome moi ditosa,
no vezo de cotiá,
hame delourar co solpor,
recalando iguai de louzá!,
TOXO: Xa ! pero.......se ti probases,
en ires dalguén apreixada,
de seguro que endexamais,
sería deloura agrazada!,
SILVA: Poida que si, poida que non,
non sento interese en sabelo!,
e agora ¡ deica logo Toxo!,
foi un pracer coñecelo!,
ACTO II
A presumida silva , fai aceno dese virar , para seguir coa súa rota de cotío, voltando por cortesía á mesma postura , para escoitar nas palabras do vello toxo dirixidas a ela.
TOXO: Albizara foi para min,
ficar contigo a parolar,
xurdindo cerniles desexos,
na dozura te namorar!,
SILVA: Buenooo! o que hai que oir!, ah!,ah!
dende cando non se olla no río?
ou nas lenes orballadas ,
das lufadas co resío?,
TOXO: En min tal feito é vezo,
e como inda fico garrido,
se-lo teu acompañante,
con barileza eu che pido!,
SILVA: Pero ...... decátase vostede,
que eu....son Silva inda mociña?,
como vostede .....ousar......ousa,
en se-la compaña miña?,
TOXO: Nó-no vexo eu esaxerado,
como para que te abraies,
anoxada ti me mires,
oufanamente me fales!,
SILVA: Só a vostede se lle ocorre,
semellante proposición!,
ai........ que cousas teñen os vellos,
xa libres de ocupación!,
ACTO III
Novamente a bela Silva, fai ademán dese alonxar, de cabo do toxo vello, notándose o enfastíoque sente polas palabras oidas, de novo é retida coas larmeiras verbas do vello Toxo, que ela escoita con faciana amolada, respostando en ton de fastío.
TOXO: Achégate bela Silva,
rente de min miña prenda,
que co brilo de bramosa,
fas co meu sentido eu perda!,
SILVA: Xa quixeras ti vello Toxo,
dar en me face-las beiras!,
no teu talo entalecido,
senti-las miñas careixas!,
TOXO: Moi fachendosa Silva es,
dabondo que de bramosa,
malia que me vexas vello,
sonche vizor , non xeirosa!,
SILVA: Poño en dúbida o que dis,
dese vizor dono ti ser!,
co tan espandiñado que ficas,
que me poderías ti ofrecer?,
TOXO: Non dubides tanto e vente,
na miña compaña a delourar!,
vindo comigo te acharás,
varudeza ó te achegar!,
SILVA: Hai que ver canta ilusión,
rebordas mirrado Toxo,
mais que non , non che digo,
por me rir do teu degoxo!,
TOXO: Vente miña prenda ,vente,
que quen che tivo retivo,
e se queres haste de ver,
da man dun Toxo cativo!,
SILVA: Para tal acontecemento,
teño eu toxos a moreas,
que casamento me pidan,
floridos de choridas belas!,
TOXO: Casamento eu non che pido,
por ser toxo aventureiro,
mais, dos brizos non te fíes,
soen ser lizgairos larmeiros!,
SILVA: Reveste das experienzas,
valgado Toxo mirrado!,
por moito delas te gabar,
aí te quedas prantado!!,
ACTO IV
Amolada coas proposicións do vello Toxo, nun pulo , vírase para alonxarse, a xa moi cansa Silva, de ficar en conversa que nada lle aleda ó seu bramoso ser, novamente sen saber por que, vírase par pórse en fronte do vello Toxo , que segue coa súa teimosía en se-lo seu acompañante.
TOXO: Vaite oufana Silva, vaite,
que pronto recuncarás,
xa que no entalecido haiche,
o que no brizo non acharás!,
SILVA: De ilusións tamén se vive,
xa que os andares pasados,
serven para do folgo halar,
a toxos coma ti afrouxados!,
TOXO: Déixate ti de parolar,
dubidando das miñas artes,
vente a delourar comigo,
de pracer farei que cantes!,
SILVA: Ah!,ah! Ai que Toxo vello este !,
ti ......ti, que me ollas valgado,
quen ton crebado me falas,
sénteste Toxo apaixoado?,
TOXO: Non te enleen as aparenzas,
xa ben cho dixen denantes,
cos vellos toxos che termos,
diversidade nas artes!,
SILVA: Por moitas artes que teñas...,
xa posto nelas meu vello......,
coido que no intre te verías,
mirándome cal espello!,
TOXO: Rite todo canto queiras,
non me enfastías nen trís,
reconchégate comigo e logo,
teu veredicto me dis!,
SILVA:Irmos logo vello Toxo,
irmos ve-las túas artes!,
a ver se me vexo como dis,
ah,ah! entre estrelas danzantes!,
ACTO V
A xa moi burlona Silva, co desexo de se rir á conta do vello Toxo , pola teimuda cobiza en namorala, rememorando os seus tempos de verdor, achegase ó vello , Toxo nun xesto de apreixalo de ganchete, cavilando en que non acadaría moverse do sitio, véndoo tan engurrado e mirrado, pero de socato , o vello Toxo sorprende á bela Silva trocándose en lanzal e novo Toxo , cun ton de voz , moi ó aveso do de antes.
TOXO: Vente logo miña prenda!,
vente comigo en boa hora!,
aja! de apreixada Silva !,
que dis de min agora?,
SILVA: Ti....non es un Toxo vello!,
é-lo lanzal Toxo bramoso!,
ese quen varias empostas,
o refutei por fachendoso!!,
TOXO: Disfraceime de vello Toxo,
nunha moi san socaliña,
para que ti Silva bela,
compartas a vida miña!,
SILVA: Milleiros de veces che dixen,
e volvo a dicirche que non!!!,
que casarme eu non quero,
nen contigo fruición!!!,
TOXO: Entón .....como en vello ti viñas,
a te reconchegar comigo?,
véndome tan engurrado,
coma un adozado figo?,
SILVA: Pola curiosidade de ver,
como un vello Toxo pode,
coas devanditas artes,
se o vizor non está acorde!,
TOXO: Pois.... toda curiosidade,
leva consigo perigos,
coma o de agora mesmo,
que ficarmos amecidos!,
SILVA: Amecidos? dirás xuntos,
apreixado dos picos,
pola adoitada argucia,
pero de aí .....a amecidos....!,
TOXO: Bueno .....é un dicir , un pensar,
no que ben podería ser,
cun tenro beixo me deses,
logo achegadiños nos ver!,
SILVA: Pois... vaiche a ser que non!,
eu tan só cando me case,
e non sendo sequera noivos,
mellor é desenlearse!,
TOXO: Veña, fermosa Silviña,
cásate comigo agora!,
coa beizón da nai natura,
ca todos por iguai adora!,
SILVA: Dixenche e digo que non!!!,
asíque ...... desenléate!!!,
buf! que apertas de maneira,
que me descompo-los emfeites!!!,
TOXO: Para que queres enfeites?,
si eres do máis fermoso,
nesta paraxe na que ficarmos,
os mirrados e bramosos!,
SILVA: Afástate cachaludo!!!,
cas túas puntas acumes ,
están porme amosegar,
e logo, me orna de alcumes!!!,
TOXO: Case por barruntar estou ,
que estás a facerte de rogar!,
dí que non che acaio nada ben,
e rematarei de porfiar!,
SILVA: Alburgueira eu nunca fun,
nen tampouco, arestora!,
estás no certo de enxergar,
que de ti todo me namora!,
TOXO: Á fin !!! sera-la miña dona!!!,
naiciña de SIlvas e Toxos!!!,
devalados ermos vivir,
nos nosos brizos abrollos!!!,
ACTO FINAL
Coa beizón da nai natura, SIlva e Toxo casan, na noite de apaixoada loucura, polo que non é de estrañar, quen toda a Terra Chá , no decurso das primaveiras, se renove e se manteña nesa bromosidade tan de seu.