Centro de Documentación da AELG
Poemas publicados na revista Eiva (Ferrol) (textos íntegros) - Faíscas
Arias Saavedra, Ana


En cada recuncho da nosa terriña,
na estrelada noite de San Xoán,
toda ela arrecenda a fume a pobriña,
mais......pobriña non é ela no verán,
acesa de arelas feitas en muíña,
de salaios a esgalla que lanzales van,
amalloados a ansias prosiñas ,
crepitando nas cacharelas que se fan,

De gaveladas desexos e suspiros ,
candentes muxicas , que sen freo avantan
cara o ceo, en fermosísimos adobíos,
de angurias e agrumes deitados no chan,
con xenreiras e rixas de vellos amigos,
fidelidade coas fenosías da man,
ule , cada recanto ó seu propio ulido,

En Galicia, na noite de San Xoán,
bulen faíscas, resón de alegro xentío,
en borralla caldexando se espallan,
estourando nun aledado albedrío,
desenfreadas en formas quen engandan,
abraiando faces de anciáns e meniños,
en xocundas xuventudes que agardan,
na fumarada , xurda dourada alborada,

Na brisa recendosa reparadora,
de argueiros de chameantes faíscas,
van formando na nacenza da aurora,
ornamentos de carraxentas risas,
trenzadas nos acordes das horas,
rebuldeiras polos cabelos da brisa,
nun polvoriño de amor que se forma,
na envorca de borralleira que se amontoa,

Tepedades que amorosas se apreixan,
en apaixoados fervores sentidos,
anceios, desenganos no que deixan,
a moleza do corazón ferido,
nas lanzales muxicas que deitan,
eco do rebumbio ledo e belido,

Alborexendo San Xoán a lúa ,
lava a súa faciana fulxente,
no resío arrecendando de pura,
orballadas, pétalos para xente,
onda fiei tradición  perdura,
e fuxe todo meigallo doente,
salferido de auga que depura,
taimadas feiruturas candentes,