Centro de Documentación da AELG
V Noite Poética "A PIPA" 99 con Mª do Carme Kruckenberg
Becerra de Becerreá, Afonso
Autores/as relacionados/as:

VIII CERTAME LITERARIO "A PIPA" 99 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

 


1. Temática
O tema é libre. Así pois invitámosvos a que deixedes voar a vora imaxinación e sensibililade, que vos abandoedes a calquera estimulo, interno ou externo, e que escribades. ¡Que a inspiración e a man vos sexan propicias!

2. Tres Categorías.
2. A. - CATEGORÍA INFANTIL. (Dos 8 ós 14 anos.)
2. B. - CATEG0RÍA XUVENIL. (Dos 14 ós 18 anos.)
2. C. - CATEGORIA Revista "A PIPA" para maiores de 18 anos.

3. Dúas Modalidades.
3. A. - Modalidade de RELATO - NARRACION - CONTO.
3. B. - Modalidade de POESÍA.

4. Os Premios.
Para cada unha das TRES CATEGORIAS establécense:
•1° Premio de Relato.
•2° Premio de Relato.
•1° Premio de Poesia.
•2° Premio de Poesia.

Mailos ACCESITS que o Xurado considere necesarios. Polo tanto fan un total de 12 premios mailos Accésits que poidan ser concedidos. Cada un dos premios estará formada por unha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa de prata inscrita, un lote de libros e un título acredïtativo, Ademais os traballos galar doados seran publicados na Revista "A PIPA".

5. Presentación e datas de entrega dos traballos.
5. A.- Cada participante poderá presentar un ou máis traballos, en Lingua Galega, en calquera das Modalidades: RELATO ou POESÍA.
5. B.- Nos escritos non deberá figura-ló nome do /a autor/a, so o título do debandito traballo e a CATEGORÍA Infantil, Xuvenil ou maiores de 18 anos, e a MODALIDADE .Relato ou Poesia ás que pertence.
Logo, nun sobre a parte, pechado, no que apareza o titulo da obra xunto cos citada CATEGORIA e MODALIDADE as que corresponda, irán introducidos os datos persoais do/a autora tales coma: nome e apelidos, data e lugar de nacemento, enderezo, teléfono e incluso se se desexa un breve currículum.
5. C.- A data límite de recepción acabará o día 23 de decembro de 1999.
Podedes entregalos directamente ou envialos ó seguinte enderezo:

Revista "A PIPA", Rúa Ancares, 57.
27640 Becerreá (Lugo).

6.A decisión do Xurado e a Cerimonia de Entrega dos premios
O Xurado composto polo Consello de Redacción da Revista "A PIPA" reunirase o 23 de decembro para facer lectura de tódalas obras recibidas e outorga-los Premios. A.decisión farase pública a través de diversos medios de comunicación tales tomo a prensa escrita e a radio a partir do 26 de decembro, ademais comunicaraselle persoalmente ós gañadores por carta e chamada telefónica.

A Cerimonia de Entrega de Premios coincidirá coa V NOITE POÉTICA con MARÍA do CARME KRUCKENBERG que terá lugar o 28 de decembro as 20 h., no Hostal Herbón de Becerreá.

Alí, ademais de asistir a Clase Maxistral que nos brindará a poeta sobre o oficio literario, escoitarémo-las verbas gañadoras deste VIII Certame na voz dos propios autores e compartiremos unha merenda e un brindis o que quedades todos convidados de antemán.

¡Ata daquela, agardámosvos nas letras!


V NOITE POÉTICA "A PIPA" CON MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

O primeiro que me chegou no brío da súa voz foi o entusiasmo, unha sorte de enerxía vigorosa que te ergue, un caudal sonoro de ánima inqueda. Quizais sexa unha intuicion atrevida coñecéndoa só de viaxar nas seus versos de viaxes múltiples; ou tódolos seus versos sexan unha soa viaxe tal vez, a de Vivir, aventura irrepetible (Edit. lniciativas Gutenberg, Cangas-Pontevedra 1998), quizais sexa atrevida e precipitado, sen falar con ela máis que polo fio, ou polo aire, telefónico, a intuición de que ese "entusiasmo" é substancia connatural da súa persoa.

Logo voume a "Daquelas que cantan..." e cántalle María do Carme a Rosalía cunha voz enteira e amante, limpa na pronuncia, sen deixar perdida unha soa letra, onde "a ialma da súa cantora / vive e latexa escondida.''

Adicarlle a Noite Poetica a Maria do Carme Kruckenberg (Vigo, 1926), xa non é tan so rendir merecido tributo a unha artista da palabra, senón tamén reivindicar hoxe a unha das nosas máis veteranas autoras, de producción continuada desde a Posguerra ata hoxe.

O primeiro libro leva o título que Rafael Alberti lle suxerira, aló no Bos Aires de finais dos corenta, oncle compartiu días con Luis Seoane, con Lorenzo Varela, ou co entrañable Castelao. O libro, que verá publicado máis tarde, no 56, titúlase Cantigas do vento, e nel preséntase a unha poeta que fai cantigas populares, as formas da oralidade, as formas do pobo, que saen e volven a el en sinxeleza e musicalidade como o eco da lírica trobadoresca, que se repite, que "leixa" e "pren" nas Cantigas para un tempo esquencido (Ediciós do Castro 1986), onde hai "Cantigas de amigo", e onde dialoga directamente co mesmísimo Martín Codax.

E se me deixo levar pola canle da paixón, para convidarvos a esta festa lla verba que é a Noite Poética, teño que determe ante A sombra ergueita (Edicións Castrelos, Vigo 1916), con debuxo de Laxeiro na portada, onde increpa às sombras, Quen está tras a noite? ; onde se rebela contra a morte en vida, contra as conciencias durmidas, e declárase decidida: "son rebelde e non podo conformarme/cunha esmola de toxos antros dedos" porque é coma o vento e "Nin os muros de pedra / do camiño / paran o vento". Neste libro síntese a ferida, o caer do tempo, "desfollado, / coma unha fror cortada / pola anguría": A soidade extrema, no diálogo co inanimado: "Deixarme así, / cos labres desfiañados / de tanto falarlle / ás pedras. / Deixarme así, /sola coa herba e o vento,/os arbres e as follas latexantes. / A pel dos soños / sigue viva e urxente, / e ás voltas brúa / coma o mar de Xaneiro. /(...)". Versos onde a escuridade é clara, e onde non se perde o estremecemento...

E da poesía do sentimento á poesía da sensación nas cordas do JAZZ espido(Ediciós do Castro, 1999), que se entretecen nas liñas ondulantes de muller, núa ante a música de Eva Lloréns. "Os arames dos sentimentos/vanse desfacendo pala perturbación sensorial/ dunha vibracion teimosa". A Kruckenberg igual que as mulleres espidas na liña de Lloréns, electrízase, e loita por conxugar a arquitectura sonora e a arquitectura poetica da verba, nunha acumulación trepidante de imaxes e conceptos. "O movemento erótico do pulso / que dictamina a perda da razón, treme". E "A estructura enteira / colle sentido na punta estremecida dos dedos".

Entre os últimos agasallos fainos un Iibro de preguntas, que son os Poemas sen resposta (Espiral Maior, A Coruña 1999), o "Tempo derrubado" ; con aire de despedida semella dicir "Non teño lonxanía/onde Pousar os desexos", aínda que, María do Carme, sempre temos lonxanía onde pousalos, porque na viaxe a lonxanía vén, achégase como a onda salada, e móllanos a auga, menares outra hai alá lanxe na ala do horizante onde coloca-los soños (novos) ... Os "Nomes no recordo"...

Torna ó intimismo, e fálanos desde a sinxeleza de quen xa posúe o tesouro das  preguntas abertas qué non é pouco.

Ben seguro que nesta V Noite Poética acenderemos un grande fume, ben segura que a presencia e a voz de Maria do Carme Kruckenberg transportarnos coma un bo viño... estades todos convidados, ata daquela bríndovos un  grolo:

Ai, amigo
Eu non sei que ten o viño                                                                                                                                              que só el pode dar,
ten claridade nos ollos
que deixa ás veces brillar.                                                                                                                                              Ai, amigo
Un caravel enxoiado                                                                                                                                                 petando a todo petar.
Ai, amigo
eu non sei que ten o viño                                                                                                                                                na súa flor de cristal,
que cando bebes un grolo                                                                                                                                              xa non o podes deixar.                                                                                                                                                  Ai, amigo.

(Poemas sen resposta, de Maria do Carme Kruckenberg.)

ALFONSO BECERRA ARROJO