PRESENTACIÓN KRUCKENBERG. DE MARÍA D CARME.V NOITE POÉTICA "A PIPA" 99 con MARÍA do CARME KRUCKENBERG.
Becerreá, Hostal Herbón, 28 de decembro do 1999, ás 20 horas
Afonso Becerra Arrojo.
Hola, boas noites a todos, e moitas gracias por acompañarnos, nesta V NOITE POÉTICA, con MARÍA DO CARME KRUCKENBERG.
Para os que vimos organizando este acto desde hai uns anos, é moi fermoso ver como pouco a pouco vai cuallando, e consolidándose este pequeno proxecto cultural, que xa está a constituirse coma unha tradición dentro da dinámica vital desta zona.
O Certame Literario, realizado durante oito anos consecutives. A revista "A PIPA", con 26 números publicados, ó longo de once anos, agora temos preparado o número 27, feito desde hai ano e medio, a espera de acabar de atopa-lo apoio económico para ser editado.
E ademais, esta Noite Poética, pola que desde o 1996 ata hoxe pasaron persoeiros da talla de Uxío Novoneyra, Manuel María, Helena Villar Janeiro, e María Xosé Queizán.
A NOITE POÉTICA é unha cita apaixoada co mundo das Letras maiúsculas, que son as dos nosos literatos. Un achegamento ó xénero prístino da expresión humana, á arte da palabra que suxire, que indaga, que profundiza nos abismos da vida e do ser, da palabra plena de resoancias, da mesma música da ánima e do enxeño, filla quizais das musas, do artificio, ou do oficio... Vaian vostedes a saber.
E recollendo a tradición da nosa época daurada, aquela Idade Media na que xograres coma Mendiño ou Martín Codax, percorrían os caminos cantando e recitando poemas, hoxe, nesta nova época dourada das nosas Letras, queremos achegarnos ós nosos poetas, igual que daquela, na experiencia compartida da súa voz.
A muller que nos acompaña hoxe, e á que adicamos esta V NOITE POÉTICA, é unha das primeiras autoras galegas da posguerra, xunto con Pura Vázquez, Luz Pozo Garza e Xohana Torres.
Empeza moi novina, escribindo en Galego, o seu primeiro libro Cantigas do vento, publícase no 1956, pero ademais boa parte da súa producción desenvólvese en Castelán, algo bastante lóxico, tendo en conta a época e o desenvolvemento da ferramenta lingüística galega naquel entón. lníciase María do Carme inspirada na forma da cantiga popular, chea de musicalidade e diàfana sinxeleza, que ó igual que acontece no seu Canaval de ouro, publicado na Colección Salnés, en Vigo, no 62, brilla a expresión do íntimo, do sentimento amoroso, como sinala Méndez Ferrín no seu ensaio titulado De Pondal a Novoneyra.
E tódalas luces e tódolos ouros cobran sentido se se coñece o escuro, A sombra ergueita, que publica no 76, Edicións Castrelos, de Vigo, con portada coral de Laxeiro, que é un monumento decidido, impoñente, case temerario, cincelado co punzón do desacougo existencial, daquela que bateu na porta "unha e outra vez con insistenza" aínda que ninguén, desde o outro lado, contestara: "Eu batín, batín forte / pra conecer onde está o vacío, / pra saber si as esperanzas / son ilusións esquecidas / ou lóstregos desfollados / pola choiva", da muller rebelde, crítica, reivindicativa, inconformista : "Coma o vento que empuxa e se rebule, / e volve a rebulirse eternamente, / son rebelde e non podo conformarme / cunha esmola de toxos antros dedos" (...) "Vou en contra daquiles que fixeron /do diario dormir unha costume".
Aquí, atopámonos cuns versos dun latexar impetuoso, coma o é o caudal sonoro da súa voz. As ansias de liberade arrebatan o discurso, e o verso prende faiscas contra os dentes, cando non sae coma o alento dun suspiro solitario, "cos labres desfianados / de tanto falarlle ás pedras", nesa radical soidade do ser humán coa que, dalgunha maneira, temos que aprender a convivir.
Sen pararme en tódolos seus libros, que son moitos, podo citar para vostedes en Castelàn, poesía:
Las palabras olvídadas, en Bos Aires, no 1953.
Los paraies inmóviles, en Vigo, no 1956.
Rumor de tiempo, Vigo, 1957.
Farol del aire, Vigo, 1958.
Poemas inevitables, Vigo, 1960.
Poemas y canciones de aquí y de allí, Bilbao, 1962.
Tauromaquia en línea y verso, Vigo, 1962.
Cantares de mi silencio, Vigo, 1980.
20 Poemas rescatados del olvido y una eleqía a Chuca Pereda, Vigo, 1983.
E en Galego:
Cantigas do vento. Edicións Alba, Vigo, 1956.
Canaval de ouro. Editorial Galaxia, Vigo, 1962.
Cantigas de amigo a Ramón González Sierra, Vigo, 1972.
A sombra ergueita, Edicións Castrelos, Vigo, 1976.
Cantigas para un tempo esquencido, Edicións de O Castro, Sada, A Coruña, 1986.
Alegoría do ensoño ferido, tamén de Edicións do Castro, no 1992.
Poemas inevitables. Editado polo Concello de Vigo, no 1996.
XXI Poemas nun grido de luz, nos talleres de Iniciativas Gutenberg, en Cangas, Pontevedra, no 1997.
Meditacións á beira da noite, editado no mesmo ano e lugar que o anterior.
Vivir, aventura irrepetible, tamén en Iniciativas Gutenberg, este no 1998.
Jazz espido, Edicións de O Castro, 1999.
Poemas sen resposta, Editorial Espiral Maior, A Coruna, 1999.
Debo citar tamén dous traballos en prosa, en Castelán: El nieto de la sirena, publicado en Vigo no 68. E en Galego: O paxariño de Sevilla, publicado no 1998.
Fago esta enumeración, non con afàn estadístico, senón porque me parece de lei amosar o dilatado percorrido que esta escritora foi creando.
Xa para rematar esta presentación, engadindo algún dato, algún matiz, ó texto do programa de man sobre a convidada, sería pertinente fixarse nas dúas entregas poéticas coas que a autora se despide deste século.
Nunha delas desnuda o Jazz, acompañada das liñas que se moven corpóreas debuxando unha muller, ou o "solo" movemento, no que Eva Lloréns, a pintora, ispe o feminino, como Kruckenberg ispe o son, ínmersa nel, nunha excelsa capacidade de delirio, na misión cuasi imposible de deixar testemuña do impenetrable.
A arquitectura sonora loita coa razón, e derrúbaa..., só queda deixarse, mirar con outros ollos, dos das orellas?...
Na última entrega, o tempo faise materia poética que flúe no subtexto coma o río da vida, neses Poemas sen resposta, cun adeus entre os dedos, e a tentativa epigramática de reflexionar sobre aquilo necesario: o que un é, ou mellor aínda, o que un non é, sobre o amor e as súas consecuencias, sobre o "persistente desencanto da materia", sobre os medos e os baleiros a raíz do incerto, os soños: "Teño que aprender a caminar / oufra vez máis, e xa teno poucas forzas /para defender os meus soños."
Poemas sen resposta é un compendio, concentrado, de preguntas.
Imos, pois, seguindo o exemplo, e perdóeseme o atrevemento, a algunhas das preguntas que, quizais, nos poidan achegar á María do Carme Kruckenberg, pero antes, reciba a convidada, xunto coa artista Eva Lloréns, que nos acompaña tamén, desde o público, un caluroso aplauso.