Centro de Documentación da AELG
Artigo en "La Voz de Galicia"
11 de decembro de 2004
Rodri García
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Aparecido en "La Voz de Galicia"

Un poeta sempre aloumiña as palabras, nunca é quen de sementalas ao chou por un papel senón que vai labrando unha a unha, con coidado, buscando sempre a máis axeitada, a que acae mellor ao que quere contar. Algo disto debe pasarlle a Adolfo Caamaño (...). Esta súa primeira novela (Soberano), é un exemplo de linguaxe traballada, palabra por palabra, capaz de contar ata o que pasa polos miolos dun tipo aturdido. (...) Caamaño fai nesta novela unha literatura barroca, máis difícil de ler, máis sabedora no padal do lector.