Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Foto da actividade

Os Paseos pola Coruña Literaria constitúen unha iniciativa para coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.

 

- Os Paseos pola Coruña Literaria están destinados a persoas maiores de 16 anos e son gratuítos.

- É necesaria a inscrición, pois están limitados a 55 prazas.

- A inscrición pódese facer en Normalización Lingüística no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34333 e 34321 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos) e no correo inscricionslingua@coruna.es

Por causa da suspensión de todas as actividades municipais até novo aviso, quedan adiados estes paseos, pendentes de confirmar as novas datas en que terán lugar.

 

Faremos un percorrido polos espazos vitais e poéticos de Luz Pozo Garza na nosa cidade e deterémonos naqueles lugares máis significativos na súa traxectoria.

 

O paseo rememorará a visión de dúas protagonistas dos últimos libros da autora. Nunha delas, a protagonista chega á cidade por mar e sentirase atraída por todo aquilo que é a fachada da cidade pero tamén polo que queda ás súas costas. A segunda protagonista vive dentro da cidade e transita os espazos menos pintorescos e máis prosaicos, o día a día, a cidade que se "usa".

 

Faremos un percorrido aberto e participativo pola presenza de Concepción Arenal na nosa cidade, incidindo nas súas perspectivas en relación a unha visión humanitaria do castigo, a potencia da amizade entre mulleres, centrada na súa relación con Juana de Vega, e o legado que deixou a súa vida e obra na nosa cidade.

 

Un paseo pola poética da memoria e da casa baleira e abandonada e que fica no silencio da ruína, desde o audiovisual ao literario, coa mirada diversa e complementaria destes creadores.