31 de outubro de 2020
Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Barreiros

Esta actividade queda adiada pola situación derivada da Covid-19

No marco da actividade O mes das Letras do Concello de Barreiros, que xirou arredor de Ricardo Carvalho Calero, terán lugar as seguintes actividades o sábado 31 de outubro.

Nos dous casos, as entradas son gratuítas con capacidade máxima limitada. Será precisa a inscrición previa na Biblioteca ou no teléfono 982124106 en horario de 09:30 a 14:30 horas, de luns a venres.

 

- Ás 12:00 h., nos Colexios Vellos de San Miguel: Conversa arredor da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, impartida por Henrique Dacosta.

 

- Ás 18:00 h., no Centro Sociocultural en San Cosme, terá lugar a primeira edición de Versos na Baixamar, recital poético coordinado por Lois Pérez

Neste recital confluirán a poesía e a música da man do talento dalgunhas das nosas mellores poetas e voces máis novas da Mariña: Olalla Cociña, Natalia Alonso e o chairego Daniel Irimia.

Este evento será transmitido en directo desde a páxina de Facebook do Concello de Barreiros.