Co apoio do Concello de Oleiros, CEDRO, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.
Foto da actividade

 

 

 

 

 

AQUÍ
fuxido dun desterro
nas estivais mañás bretemosas
perdín a sombra moza impresa no sal
                        aquí            
as Mariñas, vértice onde rotan os dous mares
beiras infinitas de Galiza
un meu Brasil encrucilla Irlanda de brumas Ortegais
                        aquí            
acolledor pequeno mundo enorme
Oleiros
o vento mareiro empapoume nesta miña lingua de mareas.
 
A sombra aquí permanece       no sal do meu outono

 

                                                                                       Nacho Taibo

 

 


 

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXIV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Nacho Taibo, que foi homenaxeado en Oleiros, terra na que residiu a maior parte da súa vida.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.

Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Alejandra Sampedro), a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor (neste caso un carballo ) e a colocación dun monólito conmemorativo.

 

PROGRAMA DE ACTOS
 
SÁBADO 16 DE XUÑO
11:30 Rúa María Soliña, Santa Cruz (Oleiros)
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do carballo (árbore simbólica do escritor)
Benvida. Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros
Intervención do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias
Intervención do homenaxeado, Nacho Taibo
 
12:30 Salón de actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Acto de entrega da “Letra E”
Recepción. Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros
Lectura da acta de concesión. Mercedes Queixas Zas, Secretaria xeral da AELG
Intervención do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias
Laudatio. Inma Otero Varela
Resposta á laudatio por parte do homenaxeado.
 
 
14:30 Hotel As Galeras
Xantar de confraternidade.
 
 
Pode descargarse o programa completo aquí.
 

 

 

 


ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN

 

I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

1995 • Boa, Taramancos

 

II Edición: BERNARDINO GRAÑA

1996 • Cangas do Morrazo

 

III Edición: MANUEL MARÍA

1997 • Outeiro de Rei

 

IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

1998 • Vigo

 

V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS

1999 • Gres, Vila de Cruces

 

VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)

2000 • Parada do Courel

 

VII Edición: LUZ POZO GARZA

2001 • Ribadeo

 

VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO

2002 • Vilalba

 

IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO

2003 • Nogueira de Ramuín

 

X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

ZUNZUNEGUI

2004 • Teis, Vigo

 

XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ

2005 • Ourense

 

XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

2006 • Vigo

 

XIII Edición: MANUEL LOURENZO

2007 • O Valadouro

 

XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

2008 • Melide

 

XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

2009 • Vilalba

 

XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE

2010 • Santiago de Compostela

 

XVII Edición: PACO MARTÍN

2011 • Lugo

 

XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS

2012 • Ribadeo

 

XIX Edición: MARICA CAMPO

2013 • O Incio

 

XX Edición: XABIER P. DOCAMPO

2014 • Castro Ribeiras de Lea

 

XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO

2015 • Vilaboa

 

XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO

2016 • Rianxo

 

XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO

2017 • Lugo