A visita de Mariasun Landa queda adiada até que as circunstancias sanitarias o permitan

A Asemblea xeral da  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ratificou Mariasun Landa como Escritora Galega Universal 2020, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi.

O Premio será entregado o día 9 de maio de 2020, no marco da V Gala do Libro Galego, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Nas anteriores edicións, recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó e María Teresa Horta.

Mariasun Landa (fotografía de Natividad de la Puerta-Wikipedia)

Mariasun Landa (fotografía de Natividad de la Puerta-Wikipedia)