Do 9 de maio de 2020 ao 29 de xuño de 2020
Unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Pazo da Cultura e o Concello de Pontevedra
Foto da actividade

Desde unha perspectiva feminista, o obradoiro busca afondar na literatura do cotián, nos relatos protagonizados por mulleres "do común". Irá na procura de historias do día a día, na realización de textos baseados en experiencias propias ou protagonizados por mulleres "reais" afastadas tanto das heroínas como das damas en apuros que coparon a literatura durante séculos. A creación será usada como terapia, como arma de empoderamento e sororidade, que nos convenza de que cada vida é unha historia única que merece a pena vivir e contar devagar.

 
  • Terá 8 sesións de dúas horas cada unha.

Calendario e inscrición

- Días: sábados 9, 16, 23 e 30 de maio; e sábados 6, 13, 20 e 27 de xuño de 2020
- Horarios: de 10:30 a 12:30
- 25 prazas para persoas maiores de 16 anos.
- Inscrición, gratuíta, no correo electrónico oficina@aelg.org
- As prazas asignaranse por orde de solicitude.
 
O obradoiro desenvolverase no Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda), no Seminario 8 - Aula da Escola de Escritoræs da AELG.
 
 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Epañola de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.