Do 20 de outubro de 2018 ao 10 de novembro de 2018
Unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, e os Concellos de Baiona, O Grove e Bueu
Foto da actividade

Os obradoiros enmarcáronse na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.

Nesta ocasión, buscaron encontrar a conexión entre a palabra poética e o mar desde perspectivas diferentes, en tres emprazamentos privilexiados da provincia de Pontevedra.

 

 

 
Xa tiveron lugar:
Palabras Varadas
AutoraMarta Dacosta
Data: 20 de outubro de 2018
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Lugar de realización: Baiona. Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20 -como chegar-)
Cada persoa levará un poema en lingua galega no que o mar estea presente
 
Poemando o Mar
Data: 27 de outubro de 2018
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Lugar de realización: O Grove. Museo da Salga, Punta Moreiras (-como chegar-)
Dirixido especialmente a profesorado e persoas interesadas no ensino
 
De Brea e Mar
Data: 10 de novembro de 2018.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h.
Lugar de realización: Bueu. Estaleiro de Purro (Avenida de Montero Ríos, ao carón da praia da Banda do Río)