Manuel Pazos Redonda: Vinha carghado (...) Ese barco estaba de,e,e (...) Ou sea, andaban pola costa (...)
Antonio Reigosa: Por aquí.
Manuel Pazos Redonda: Eso é, por aquí. Pero, tocou nun baixo que hai no medio da ría, entonses e,e,e fui a pique. E caíu, sa/ saliu o,o,o o ghas pa fóra. E, entonses, a,a,a a xente preparaba depósitos p'o ghas, pero o ghas colábaselle ighual. Eu, tamén, en/ enchín alghunhas botellas de ghas, sin saber pa que era! (...) Ai, que fixo! (...) Era nordés (...)
Antonio Reigosa: Si.
Manuel Pazos Redonda: E,e,e entonses, o,o,o o ghas flota.
Antonio Reigosa: Si.
AnManuel Pazos Redonda: Empujábao p'alí. E vai un dos Buños, e fixo unha larada así na volta, e colleu un caldeiro de petróleo, blum!!!! ((Xesticula imitando unha explosión))
Antonio Reigosa: Pero, non se mancou, non se, non se queimou,u,u xente, non? Non hou/ non estaba?
Manuel Pazos Redonda: Non.
Antonio Reigosa: Os que andaban ao gas, por alí, apañando,o,o nas botellas.
Manuel Pazos Redonda: A,a,ah, eu enchía as botellas de (ghas) as que había.
Antonio Reigosa: (Das) que había claro.
Manuel Pazos Redonda: Pero despois, viñeron os de Camariñas, comprárono (...)
Antonio Reigosa: Ai, si! Deulle, colleu pa, pa vender? Si?
Manuel Pazos Redonda: Pa vender qu'eu en que había de, de (...)
Antonio Reigosa: De meter tanto (...)
Manuel Pazos Redonda: Aquí (...) Nin había trator, nin había,a,a nin había nada.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 26 de marzo de 2018 en Merexo (Muxía), co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.