Manuel Souto: Antonio, gustaríame que nos contaras como eran as idas e venidas do teu pai cando estaba en Cuba.
Antonio Lorenzo Cabarcos: Entonces, téñome que meter xa a contar a miña familia. Pódese contar porque non hai ningún secreto. A miña mai era filla deste (...) da ferretería (...) Cabarcos.
Casouse con un,n,n señor, mui formal, pero traballaba en Cuba. Precisamente, viuda de vivos, a de Curros Enríquez? Esa foi miña mai. Unha delas. Esa foi miña mai. Miña mai non quería que o seu marido estuvera en Cuba (...) Que viñera p'aquí, que aquí había onde traballar, pero por circunstancias da vida pois foi demorando, demorando pasou casi toda a vida alá, e miña mai aquí. Viña cada sete anos, e cada sete anos facía un fillo. Nosoutros somos, meus irmaos somos produtos deses viaxes. Aquí, un. Volvía outra vez, outro (...) E parou aí. E,e,e que máis che vou contar? (...) Que traballando nunca nos faltou nada. Vamos, nunca nos faltou nada de comer, nin de vestir, nin nada, sempre (...) non podemos contar mal da vida porque nos foi ben.
Manuel Souto: E tuveche un irmao que se foi a Cuba tamén?
Antonio Lorenzo Cabarcos: O irmao mayor colleuno o 36 porque colleuno o 36 (...) a meu pai aquí. Veu en enero, febrero (...) a primeiros de, de ano. Entonces, colleuno o 36, o 18 de julio (...) empezou a,a,a a pedir xente, soldados pa guerra. Meu irmao tiña 16 anos, máis ou menos, e meu pai tiña que volver p'alá porque deixou o negocio funcionando, alá. Entonces, avisárono, tiña amistades por aí, dicen: "Arranca qu'este é o último barco que sale p'alá." E colleu a meu irmao porque xa estaba (...) entraba nunha edad de que, que tiña problemas pa tal, e arranca con el, e,e,e quedei eu coa miña mai, e mais despois outro máis, outro irmao.
Entonces, esa é a cuestión. Entonces, miña mai suspirando polo meu pai toda a puñetera vida. Esa era a vida total. O co/ Color de rosa, non foi sempre. Non sabe? Non nos faltaba de comer, nin de vestir, eso no, pero o resto, Viuda de vivos.
Autor/a da transcrición: e~xenio