Manuel Souto: Queremos que nos contes como eran as feiras nas Pontes cando ti eras un cativo.
Antonio Lorenzo Cabarcos: As feiras? As feiras eran, como consecuencia da vida que había (...) era un cambio brusco comparado con hoxe (...) non había ENDESA, non había a empresa, e era un pueblo, e unha comarca, labrego ao cen por cen. Entonces, había dúas feiras, e todo o comercio, o noventa por cento do comercio do mes se facía en dous días no ano, o día 1 qu'era feira, e o día 15 qu'era feira. Ese día abría, nosoutros que tíñamos comercio (...) entonces, facíamos o mes, facíamolo en dous días, como o resto do pueblo todo. A xente viña vender (...) Daquela non había, non sei como chamarlle, jubilaciós. Vámolo deixar en jubilaciós. Entonces, había que buscarse o cocido traballando. Vendíanse cedos, criábanse cerdos pa vender. Matábanse os cerdos, había que vender o xamón, o lacón pa despois comprar outras cousas etc, etc, etc, etc. Entonces, motivado por todo esto, o día da feira era ¡oiga! a lo grande.
Si que vou contar unha anédota (..). A pesar, a pesar, non, non, non chamemos miseria, porque era o que había, pero na casa era un comercio de ferretería, entonces era no coarenta e pico, en plena crisis económica (...) Entonces, chega unha familia, que non teño inconveniente en decilo porque é honrada, chegan unha familia, alí, a o comercio: "Oiga, facíanos falta tubería de plomo pa unha traídas p'as casas."
Se usaba plomo nada máis. Nosoutros tíñamos unha relación con unha empresa que facía plomo, de Asturias, a Real Compañía Asturiana de Minas, tíñamos contacto xa meu abuelo. Entonces, todo era con cupos, con cupos, racionado todo, pero vamos, nosoutros recibíamos bastante mercancía desa.
Chegan estes señores, alí á casa, o día da feira: "Oye, facíanos falta esta tubería. Podédela conseguir?" "Si. Cantos metros necesitades?" "Tanto. E cando,o,o podedes facervos con ela?" "No, no. Témola na casa" Coincidía que había, viñan coronas de plomo. "Pois hainas, hoxe hainas (na casa) que as recibimos hai pouco" "Bueno, pois necesitamos tal cantidá" "Como tal cantidá?" "Si, si, si. Necesitamos tal cantidá."
Era unha cantidá que para nosoutros era desorbitada. Mui, mui grande.
"Bueno, pois nada, de acuerdo." Pois, conocíamos a esta xente. Vos volvo a repetir que eran da Touza.
Entonces, íbana retirar cando se iban qu'era ao anoitecer. Chegaron: "Canto vale?" "Tanto." Íbamos pensar que iban pedir pa, pa a pagar en plazos. "No, no, no. A pagar no momento". Jo! Entonces, fomos comer. Era, esto era ao último da tard/ da mañán (...) comíamos moi tarde. Viñan polo plomo. Desconfiábamos porque a pesar de qu'eran xente conocida (...) Pero, levar o plomo todo este, pagar todo ao contao. Pero esta xente, a ver que fai? Ai, hai que mirar! Chegan ali. "Está o plomo aí. Canto é?" Ras,s,s. Oe! pero unha cantidá (...) Qu'eu non recordo a cantidá, pero era desorbitada pa, pa un, pa un, pa unha venta así,í,í normal.
Entonces, lle digo eu (...) Eran tres irmaos, me parece, e dígolle eu: "Pero, vamos a ver, como facedes esto?" "Pero facer en que sentido?" "Como tedes estes cartos pa esto?" "Mui fácil" "Como mui fácil?" "É que vendimos, pola mañán, non sei cantos ferrados de trigo."
É dicir que cavaban na roza. Eles cavaban na roza, traballando como negros, e, e os cartos aparecían vendendo o trigo que trouxeron pa a feira sin pedir nada a un banco, nin pedirlle aos amigos. Soamente, sudando e arreando. E, con esto, xa calo.
Antonio Reigosa: Quédame nha pregunta, pa que eran tanto, suponse, esa cantidá enorme de plomo?
Antonio Lourenzo Cabarcos: Bueno, estou falando enorme de ao millor douscentos, trescentos metros ou catrocentos metros.
Antonio Reigosa: Pa levar auga p'a casa?
Antonio Lourenzo Cabarcos: Porque tíñana (...) Antes, a auga traíana en tubería de gres.
Antonio Reigosa: Si.
Antonio Lourenzo Cabarcos: Empezouse con tubería de gres. E xa se foi (incomprensíbel) e non funcionou. Entonces o que facían era repoblar (...) poñer a misma tubería pero de plomo.
Autor/a da transcrición: e~xenio