Na casa del, de familia, tiñan, eran labregos, entonces, pois, botaban trigo tal, tal. Veu o tempo de recolle-lo trigo, e empezaron (...) Viña tormenta, era tormentoso o día, e empezaron todos a cortar, cortar, cortar, pero quedou sin cortar todo, quedou unha parte. Entonces, tuvéronse que retirar qu'era de noite xa. Entonces, ao outro día, vamos a amanecer a cortar, a ver si hai suerte e non chove. Cando volven outra vez a cortar, estaba todo cortado. Sabe quen o cortou? Este señor: Eladio.
Queda a segunda parte interesante. Cando lle dicen, a familia: "Pero Eladio, como cortaches esto de noite?" E contestou: "É que pa min é de noite sempre".
Autor/a da transcrición: e~xenio