Apoucado, baixa o río so o encoro da Ribeira
Freorenta seta de auga nítida que tradea as terras míticas pontesas
Xa non hai centeo
Ás súas beiras, o feo recende recén cortado
Muíños calados con moas por picar
que tan só, rodan para os curiosos
Ata a zona da vila antiga botou o peche por inanición
Corre o río engorde polos meandros areosos de (incomprensíbel) e da balsa
Esta rica central vella (incomprénsibel)
fronte á gran cheminea gris
Foxe, escumoso, polas comportas cara a museística Vilavella
Busca as fragas, o parque natural, a liberdade dos verdes prados
Iluso, prende de novo noutro gran pantano
Agóchase no interior da terra nos illós dos canóns profundos
acaríñano troitas, reos e salmóns
pasa caladiño polo mosteiro de Caaveiro
recíbeno con alegría en Pontedeume
e béixase, por fin, co salitre na ría de Ares
Autor/a da transcrición: e~xenio