Teño un gran respeto pola cultura popular inda que é denostada. A miña poesía está entre poesía popular e poesía culta, porque tampouco non se pode (...) igual que na música, non? (É) decir, si tu podes alcanzar certa afinación e certa escelencia pois, débelo de facer. Tiña un compañeiro de traballo que me decía: "Pero é que vosoutros falades dunha maneira mui rara porque meus pais non falaban así." Eu (...) trataba de explicarlle que cando falamos, utilizamos un tipo de espresiós e palabras, e cando se escribe e cando queres contar unha historia tes que utilizar outras, outro lésico.
Autor/a da transcrición: e~xenio