José López Martínez “Pepe de Rosalía”, fillo de músico (saxofonista e clarinetista) naceu o 1 de novembro de 1956 na Ponte da Pedra, estudou o bacharelato nas Pontes, logo iniciou os seus estudos de enxeñería en Vigo que interrompeu para facer a mili, ao finalizala empezou a traballar na central térmica ata a actualidade. Casou con Socorro, unha moza de Somede e ten dúas fillas. Foi membro do grupo de teatro "Xalgarete", actuando no circuíto da Deputación por toda Galicia. Xunto a Pepe Soto foron os impulsores de "Os martes teatrais" nas Pontes na década dos 80. Leva máis de 20 anos nas escolas municipais en cursos de percusión e gaita, e é un dos organizadores das "Foliadas" dos venres no LAR.
José López Martínez: E,e,e e inda que non son a persoa máis adecuada, neste momento, porque hai xente na sala, aquí, con máis, máis documentada con máis coñecementos, vou intentar facer, no pouco tempo que tal, un, unhas pinceladas sobre que son as fuliadas que é unha cousa que facemos aquí nas Pontes.
Antonio Reigosa: Perfecto. Mui ben.
José López Martínez: Entonces, e,e,e dicir e,e,e que décadas atrais, e,e,e a música tradicional galega e o noso folclore e,e,e esta/ tiña/ tiñan unha conno/ unha connotación un tanto rancia porque asociábase, precisamente (...) éramos conocidos, ou eran conocidos os gaiteiros polas fías, polas esfollas, polas mallas. De feito, dicían que: "Cazador, troiteiro e gaiteiro, nin meda nin palleiro". [Ou]sea que... aí chegaba, non? Entón, aquí nas Pontes, facemos un,n,n unha serie de actividades relacionadas ca, ca música tradicional (...) E, bueno, o que che quería dicir antes, e, e,e,e ten unha connotación rancia pero, gracias a Deus, ahora mismo temos e,e,e artistas de calado internacional que mostra a,a,a a nosa música e o, e o, e a nosa danza polo mundo adiante que,e,e que xa non ten ese calad/ Ahora, si que se pode escribir cultura con, con maiúsculas. E nós, o que estamos facendo con esto das fuliadas, inda que é un pequeniño grao de area (...) o que tratamos é de espallala, conservar aquelas pezas que se estaban perdendo e, dentro deso, da nosa,a,a das nosas posibilidades, enseñala aí polo, polo mundo adiante.
E,e,e e bueno e,e,e, e pa falar das foliadas téñome que remontar ou facer un pouco de historia (...) É que e,e,e neste concello, desde o ano 1993, a concellería de Cultura ten unha Escola de,e,e Música e Baile tradicional donde se dan clases de, de gaita, tambor, pandereta, bombo e,e,e acordeón, e se practican uns cuantos pases de baile pa a muñeira, pa xota, bueno. Entón, e,e,e na actualidade, a día de hoxe, neste curso, estamos matriculados 160 persoas, pero estouche falando, desde o ano 1993 a cantidade de xente que pasou por aí, polo pa que vexas que gaiteiros hai!
Antonio Reigosa: Si.
José López Martínez: E,e,e entón, eso. E,e,e no ano, e,e,e no 2004, pois, un grupo de, de alumnos máis veteranos decidiron: "Home, por que non facemos un xantar popular, pero solamente para aquela xente que lle guste a, a nosa cultura e a nosa música, e e,e e aparte de xantar, o que vamos facer é toda a tarde dedicarnos a tocar e,e,e e e,e,e e mostrar ou ensaiar aquelo que aprendemos durante os cursos?" E así se fixo, e fumos máis de 150 persoas. E claro, o que, o que, eso tuvo tanto éxito que decideuse continuar. Estas, estas facíanse alí no, nun local que temos aquí no, chámalle o local do, do polbo. E,e,e eso, decideuse continuar. Entón, fixéronse oito. Oito que, desde o inicio, puxémoslle, chamámoslle repichocas. Entón, a partir da cuarta, dixemos: "E aproveitando que estamos facendo aquí un xantar, tal, por que non lle facemos, tamén, unha homenaxe a algún gaiteiro, ou a algún persoaxe da música tradicional do noso pobo que tamén é como un reconocemento a el pola súa traxectoria."
E así o fixemos. Entón, na cuarta fíxoselle a homenaxe a Freixo, que logo falarei del un pouquiño (...) bueno. E logo, a Adolfo Pena, A da Silva e Betanzos. E, na VIII, que non se lle fixo a naide porque a organización tiña pensado unha persoa, e esa persoa dixo que non quería a homenaxe, e entón, tal. Entón, a partir do 2011 deixouse de facer porque pa nós era moito traballo, porque unha, que xa non conseguíamo-lo local, tíñamos que levar todo o material p'alí, era un follón. Pero, e,e,e anos antes, no 2006, pensouse: "Home, pero si esto ten tanto éxito que,e,e e solamente o facemos unha vez ao mes, unha vez ao ano, perdón, por que non se podería facer unha vez cada mes?" O que pasa, é que claro, tería que ter un formato diferente, polo que decía antes, que era era moi problemático conseguir un local pa tanta xente, e donde, donde podéramos facer algo deso. Entonces, ideouse facelo (...) bueno, andúvose buscando locales aquí polo, polo pobo ata que se deu co LAR e co grupo de empresa ENDESA que facilitaron a laboura porque hai unhas instalaciós alí extraordinarias, e non puxeron pega de ningún tipo. Entón, o, o día e,e,e (...) Fíxose a primeira foliada o día 31 de marzo do 2006, e,e,e antes pasóuseme, este era os carteles que tíñamos na, na repichoca, daquela xa estaba inventada a imprenta (...) Si, era a primei/ esta era a primeira, estaba inventada a imprenta pero nós non tíñamos cartos. Entón, fíxose a primeira fuliada que foi o 31 de marzo de 2006, e para que esto,o,o (...) dixemos: "Ao millor isto continúa no tempo, entón, había que buscar unha data que se adatara e que todo o mundo a recordara, inda que non soupera quen iba actuar, e tal, porque o formato, aquí, era: actuar un grupo ou dous, d'aquí do, do pobo e despois facer unha foliada libre. O sea, cada un tocaba o, o que lle parecía, e con quen lle parecía, bueno, todos co,o,o con ritmo, vamos. E,e,e entón, decideuse facela os últimos venres de cada mes porque er/ si coincide no 24, o 24; o 31, o 31. O último venres de cada mes, e,e,e hai fuliada. Entón, na primeira, na primeira fuliada, que teño por aquí o cartel tamén, e,e,e foi o 31 de marzo do 2006, e nela actuou Freixo e colegas. Freixo e colegas era un grupo dos Ponteses pero daquela xa non tocaban, daquela andaban cunha charanga por aí, tal, pero non tocaban música tradicional. Entón, o que fixeron foi xuntarse para a ocasión. E Os Trevillas. Porque aquí estaba o, o pasado e o presente, de,e,e (...) este era un grupo que empezaba daquela, e,e,e (...) Entón, estaba o pasado e o presente na música tradicional. E,e,e e foi eso, un éxito, e continuáronse, continuáronse, e ahora estamos na número 96 que foi, foi, precisamente, este venres pasado. Estamos falando de que se fai unha vez ca,a,ada mes, e,e,e excepto ou agás, o de, o de xuño, xulio, e,e,e no, xuño non, perdón, xullo, agosto e setembro. E,e,e (...)
Antonio Reigosa: Nas festas?
José López Martínez: Si. Porque como é vrau, a xente vaise e tal, entón, non. En principio, no nadal, tampouco o facíamos, pero,o,o estas fuliadas estaban, digamos, organizadas polo que lle chamábamos colectivo de Gaiteiros ponteses que, realmente, era un grupo de, de gaiteiros que,e,e ano tras ano, iba facendo estas foliadas
e tal, e,e,e e bueno, pero pa eles era moito traballo, e nese colectivo fúmonos metendo todos os restos dos grupos que, aquí, vouche a decir, nos qu'están na actualidade. Están incluídos os músicos de,e,e os, os grupos de música tradicional No Cómbaro, Os Trevillas, Canavella, Os Suplentes, Os garabatos dos Trasnos, Axóuxere, Alfaia, as Escolas Municipais, Os feroces da Galgueira, Cantareiras da Alende e Os Taforneros que o último en incorporarse. Pa que vexas que hai grupos! (...)
E,e,e entón, como decía, estas fuliadas e,e,e fóronse e,e,e e facíanse e,e,e todos eses meses agás o mes de, de Nadal porque non, non parece que non procedía. Pero, como se foron apuntando tantos grupos, e todo o mundo quería participar, tamén houbo que meter no Nadal, se non, non, non chegaba. Incluso en algúns, e,e,e en algunhos, en algúns meses había, coincidían dous porque despois cambiamo-lo formato. Entón (...) Ah, é que a,a,a a xente de fóra, da, das bisbarras, da Terra Chá, do Eume, e por aí adiante pos viñeron, viñan moitas veces, ou sempre viñan ás foliadas, e gustoulles a idea e entón pidíannos si eles tamén podían participar. Entón cambiamo-lo formato e o que se fixo foi: Un,n,n un mes organizaba eu un dos grupos d'aquí locales, e traía invitado a un grupo de fóra. E, despois d'aí, era, era a fuliada, tamén co/ como sempre, vamos.
E,e,e por aquí, pasaron máis de 120 grupos, e vouvos ler na mas que aiquí os de máis lonxe, por exemplo, pasou: Antubel de Ponferrada; Nela de Bres de Taramundi, de Asturias; Froita Nova de Melide; Modesto da Fonsagrada e,e,e; Pedra Quente, de Negreira; Raúl Galego, da Coruña; Estoupapozas, de Ourense; Magoa, da Coruña; A Requinta da Laxeira, de Vedra; Zurrumalla, de Vigo; Saíñas, Saíñas, de Xove; A Mámoa de, de Luou, de Teo, e,e,e solamente por citar as de máis lonxe. As de Ferrolterra, eu creo que actuaron todas, de, bueno Ferrolterra, Eume, Ortegal e,e,e e Terra Chá. Pero, e,e,e sobre todo, a quen e,e,e temos que mencionar de forma mui especial é, a,a,a non sei como diría eu, unha asociación de bailadores e bailadoras que tódolas fuliadas veñen. É como unha gran familia. É unha pasada velos como bailan, rodas de dez ou doce persoas, alí, persoas... chavales novos e xente maior que: "Ah, saca punto! Ta e ala!" E, ao acorde da gaita, bailan unhas, unhas xotas e unhas muiñeiras qu'eso é, pon os pelos de punta a quen realmente lle gusta, un pouquiño, a, a, a música tradicional. E,e,e bueno, como viches ou como vístedes, este último venres, fíxose a 98 foliada, e pa marzo coincide a número 100, e dáse a casualidá que coincide tamén doce anos de fuliadas, polo que levámosvos dous anos de adianto. E,e,e que pasa, que tamén e,e,e queríamoslle dar, bueno, foise, as cousas van (...) a medida que van salindo, tratas de milloralas e de, e de, e de amplialas. Entón, a alguen se lle ocurreu: "Oh, tíñamos que facer un remate espectacular de, do ano de fuliadas. Entón, pois claro, pois tíñamos que ter, tíñamos que ter un, algo, unha santa ou algo, algo pa dedicarlle e tal." Entón inventamos, inventamos unha santa (...) que lle chamamos a santa Palleta, que bueno, a palleta xa sabedes (...) a ver se non trouxen aquí ningún cartel que ter (...) A palleta sabedes todo o que é, claro! pa os gaiteiros é un instrumento (...)
Antonio Reigosa: Básico.
José López Martínez: básico, e a santa porque, a ver, hai que encomendarse a algo pa que (soe) ben a palleta, e entón metemos todo no mismo. (...) Fixemos unha santa (...) este é o cartel, está exposta aí no, no, no LAR de, de ENDESA (...)
Isidro Novo: Pódeselle rezar e todo?
José López Martínez: Si, si, si. No, no, é que ademais hai devotos ((Risas)) E,e,e e entón que facemos? Este é un, un formato tamén diferente. As, as foliadas facémolas dentro do LAR, do recinto, porque claro coincide, a maior parte do tempo é inverno, pero a santa Palleta facémola fóra, donde está, hai un, un local, unha piscina alí e,e,e o Concello préstanos unha carpa grande, alí hai: pulpeiras, fan churrasco, fan polbo e tal. Entón, aquí o que se fai é, aí á tardiña, sacamos a pasear a santa polo pueblo, facemos un pasabares, e traémolo por, polos bares que colaboran e tal, vimos en procesión todos tocando enseñándolle os bares (incomprensíbel) As estaciós, a penitencia. E,e,e e despois, aí sobre, bueno, aí, tamén a media tarde ou incluso ao millor pola mañá, fanse unhos obradoiros: obradoiros de construción de palletas, obradoiros de baile etc, etc. Entón, aí, cando empeza xa a anoitecer e tal, empezan as actuaciós de xente que se apunta, e tal. E,e,e ás doce da noite facemos unha parada, esteña quen esteña actuando faise unha parada e,e,e e preparámonos pa a procesión. Entón salimos en procesión todo o mundo os devotos e non devotos, e os feligreses e non feligreses, e,e,e damos unhas voltas por alí pola carpa e tal, tal, e,e,e tocando (...) Logo, alí, nun escenario que temos alí escoita, a santa escoita ao pregoeiro, porque temos cada ano temos un preogueiro que pa que nos se me escapen, o primeiro ano foi e,e,e Xosé Manuel Felpeto; o segundo ano foi, foi Cobelo de Bardaos, ese día hermanámonos ca cofradía do San Pipote. O sea que tamos de acuerdo.
Isidro Novo: A palleta e o pipote dan mui ben.
José López Martínez: Mui ben, mui ben. E os feligrese que a levan, tamén. Alfonso Tellado foi o terceiro, e Aníbal Anxo qu'está aí tamén, ese foi o cuarto pregoeiro, e este ano tuvemos a suerte de, de traer a Xurxo Souto. E, e,e,e bueno estes son, son actos que se fan, digamos, nun, nun local qu'é é privado pero estes actos son públicos. Quero decir, moita xente ao millor é reacia a, a non ir porque é que sa fai alí, tal, pero é unha entrada libre, e,e,e aí non se costa, non cobra/ non hai que pagar entrada ni nada, non costa (...) Ah! falando deso, todos os grupos que veñen actuar veñen polas ánimas, eh! Quero dicir, o único que lles damos é un pinchiño que llo ofrece o grupo de empresas, un pinchiño, e mais o do LAR un pinchiño e unha consumición. Pero, xa che digo, vén xente de Vigo, de Ponferrada pero veñen porque lles gusta a música tradicional e,e,e e eso. Entón, o, o que quería decir (...) que con estas fuliadas, que aínda que parece que é de cachondeo e pa que o pasamos ben nós e tal, eu creo que no fondo tamén estamos, estamos colaborando, e,e,e xa digo, eh! no noso grao de area, a que a música e cultura da música tradicional e o baile, e tal, que non desapareza, e nas Pontes eu creo que non vai a desaparecer porque hai moita xente detrás. E,e,e e nada, animarvos a todos (...) Non me quero esplayar máis porque si non, hai máis xente aí (...)


