
Serafín Mourelle: Mirade: estes son os espellos para amortiguar a luz do sol, mm? E despois aquí temos un pequenos e,e telescopios, que son para si a imagen supoñedes, se supón que se aumentas e, observas de noite, observas de noite, ves unha imaxen moi debilitada, non? Unha estrella, pois ves... Esto é para im, au,au,au, aumenta-la imaxen. Generalmente, nós non, non os,non as, as estrellas, se non tes un horizonte artificial, non,non as podes tangenciar.
Serafín Mourelle: Iba enroscado aquí, mm?, enroscado aquí, despois púñanse estes p'aquí, e co sol salvábase así, directamente. Non facía falta poñer ningún... Este era para amortiguar a luz do sol, ou sea, pa quitarlle o brillo, e ves? O disco só,solo, eh? Un do, pódese poñer un, dous ou tres, ou,ou,ou,ou os que... ou catro. Xa sei, bueno. Ahora... o,o aparato cóllelo así, mirando, se queres, polo telescopio, e ves a imaxen reflejada, porque vela neste espello. Ti busca-lo, o sol, vamos a poñer. Buscas así, e entonces, movendo aquí, vas,vas p'aló centrando, porque ves a imaxen reflejada, ¿te das cuenta? Si vés aquí, e miras pa onde estou vendo agora, neste espello pequeno, a,a,a i,a,a, onde está rodando.
Bueno, aquí dache unha altura, baixa-lo,o astro, e tangencéalo no horizonte, mm? Faslle así e ves que estás mismo na vertical, e mira-la lectura, a altura que marca aquí a lectura, esto é de platino. Que despois deste fixeron os japoneses uns,uns estantes, pero que eran de bronce todos. Esto ten a súa razón de ser, eh? Daquí os,as,as lecturas que van saír teñen que ser de moita precisión. Esto non pode dilatarse nin contraerse, por eso é de platino. E,e,e bueno, despoise, con esa altura aplícaslle unha serie de correccións, eh?, que son sexagimales, e pasar de arco a tiempo, e de tiempo a arcos, e cousas así, e xa a mediodía, xa a mediodía, cando te-lo sol na vertical, o sol, ou mellor, o planeta, vai andando e tal, e chega un momento en que o sol está na línea ceni, no ceni. En ese momento, aparentemente, para... Durante catro minutos, te-la misma lectura, mm? Tas observando, unha ves, coño!, xa chegou! Observar, outra ves, e colles, segunda ves ou terceira, pumba! Esta é a lectura. Pódelo deixar pasar, podes facer unha circunmeridiana, unha extrameridiana, e xa tes un margen de tempo máis, aínda que se, que non para, despois xa non ten ningún parada. E de aí sálese a latitú. E tamén, para coller a longitude, pois, tamén, facíase unha operación igual, medía-lo sol a calquer hora, é dicir, a tantas,tantos grados sobre o horizonte a tal hora. Había que ter unha hora mui, mui boa. Mais eu tiña un reló Cauny cando empecei, era un reló así, non? De pobre. Entonces, que facía? Esto, escoitaba a BBC, e iba interpolando, e así sabía o que me adelantaba ou me atrasaba o reló, e interpolaba e,e listo. E, despois comprei un Omega.
Antonio Reigosa: Despois.
Serafín Mourelle: Despois. Comprei un reló Omega.
Antonio Reigosa: I ese donde o compraches?
Serafín Mourelle: Este compreino no puerto irlandés de Bantry, alí ó sudoeste de Inglaterra, Bantry, ó capitán de porto, que era o que representaba o,o barco, onde tiña confianza do armador para... Chegabas alí e dicíaslle ó Mister Juan: "Mira, esto, esto e o outro." Vimos cunha avería, ou vimos cun...
Antonio Reigosa: Si.
Serafín Mourelle: Con un enfermo, ou cousas así, non? E el se facía cargo de todo. E,e...
Antonio Reigosa: En que ano o compraches? Acórdaste?
Serafín Mourelle: Cua? E, este? No ano (...), ó pouco de cumprir da mili, ós 26, no ano cincuenta e... 1956...
Antonio Reigosa: E naquel momento era o,o,o...
Serafín Mourelle: Naquel momento non había outra cousa.
Antonio Reigosa. Era o máximo ó que podías aspirar...
Serafín Mourelle: Bueno, bueno. Vamos a ver, vouche/vouvos falar. Evidentemente, con este traballamos, pero mira, máis tarde intereime, e tamén os compañeiros que se quixeron enterar, de un sistema que se chamou Consol. Este sistema inventárono os alemáns en plena guerra. Bombardeaban, chegaron a bombardear Londres de noite, por el. E foi o primeiro sistema de radionavegación. Ou sea, que eran unhas estacións... en,en,en Noruega había unha que se chamaba Stavanger, que estaba ocupada por eles. Outra en Irlanda do Norte, mismo na frontera, no Ulster, mismo na frontera con... Ou sea, na frontera do,do,do,do Eire co Ulster. Chamábanlle, esto, Bush Mills, e,e outra en Francia que lle chamaban Ploneis. Xa sabes que os irlandeses foron colaboracionistas, non?, porque lle prometeron a... Bueno, pois, e outra en Lugo, en España, outra. Entoncese, esas estacións había unhas cartas especiales, donde ti podías (incomprensíbel) corriente, e podías, e sentías os... u tu, puntos, ti,ti,ti,ti,ti, sesenta puntos i sesenta segundos, mm? Se podías oír menos, ou sea, que non,non... Cando tiñas na vertical, nós contando, con,contei trinta. E iba morrendo, e ir/ó ir chegando ti á enfilación da estación do barco, iba desaparecendo o... as,as señales. Pero, despois empezaban, despois de tres, dúas ou tres perdidas, empezaba outra ves a,a aumentar. Esas señalese, poise collías as que tiñas, interpolabas as que che faltaban, e entrabas nunha carta e dábache unha demora. Porque viñan as demoras xa marcadas na carta...
Antonio Reigosa: Si, si. Taban marcadas...
Serafín Mourelle: E os seus semicírculos aí, tal. E claro, con unha demora de,de,de de Stavanger, por ejemplo, e outra de,de Lugo, poise cortábase na misma vertical. As demoras, canto máis perpendiculares sean a unha á outra, máis millor situación daba. E podías coller tres, a de Ploneis, (incomprensíbel), ou sea. Entonces, pero eso eu súpeno no ano setenta, setenta e un. Porque os de Pasajes foron os primeiros que tuveron o Consol, porque o director da Escola de Pasajes era don Jesús Lasheras, que era mui amigo dos patróns. Dicía el que con un temporal queríase ver millor nun,nun,nun barco cun patrón ca con moitos capitáns. E,e,e é certo, porque daquela, os patróns de antes, poise éramos homes de ventanilla. E cando había temporal, os barcos eran de,do que eran, de madeira, de pau, pois iban moitos barcos ó fondo. Eu m'acordo a ir moitos barcos ao fondo, e desaparecer toda a dotación. Un deles foi o Testal, Testal, feito en Noia. O Testale fixo ahora 58 anos que foi ao fondo, alí cerca de nós. I eu andaba nun barco de ferro, ou sea, era, andaba na empresa Freire, que se chamaba O Espenuca. Estaba, era o jefe!, porque o,o patrón de pesca era,era un contramestre, eh? Sabedes a historia dos contramestres? Chamábanos prácticos de pesca.
Cando nosoutros empezamos, a miña xeneración, e antes, os que, est/eran, chamábanlle prácticos de pesca. Era o que millor peloteaba ó armador, e talo. E resulta que hai un dito que dice: "Canto máis tonto, máis peixe." Os tíos non sabían o que era un paralelo, e moito menos un meridiano, pero o patrón levábaos a donde estaban ele..., e cuidado, oían pola telefonía: "Estamos aquí no cuarenta e nove.", mm? E eles memorizaban cuarenta e nove. Cuarenta e nove e vinte, cuarenta e nove trinta, memorizábano. "Oes, vaite po, arrimado ó banco pola parte do oeste", porque o dicían todo pola telefonía os uns ós outros. E apuntei, cuarenta e nove e vinte, ou tanto, ou trinta, o que fora. Pero despois, o carallo. Se rompía un aparello, igual lle botaba a culpa ó segundo. Xa teño pasado eu apuros con esto. Unha ves, estaba cun de aquí: "Eu non sei donde estamos, tal e cual." E colle o telefo/a telefonía e dixo: "El non sabe donde estamos, pero eu si." Non estamos perdidos, eh? dixen/dicíalle ós compañeiros, e non lle dicía máis nada. Joder, é que, é que sobre todo cando empezabas, eh?
Serafín Mourelle: Pudo ser no ano sesenta, así, sesenta e cinco, así, que empezou a,a,a funcionar mal. Pero a min dixéramo o,o ingeniero de,do,e,e eletrónico, que o Consol seguía sendo un dos millores e,e métodos de navegación daquela actualidade, esto dixéramo no setenta e tantos. Dixo, porque estaba mui controlado polos alemás. Tiñan aceites especiales, para que non variase a temperatura e o aceite se,se perderan a densidá ou a ganaran.
Antonio Reigosa: Si,si,si.
Serafín Mourelle: Entonces, porque Doenitz, ese almirante que tiña os submarinos todos do Atlántico baixo o control del, eh? Tiña, sabía onde tiña o último submarino, a través do Consol, e non se engañaba.
Serafín Mourelle: Entonces os ingleses inventaron o Decker, co mismo principio, pero cun aparatiño que había que comprar, que manda carallo! Cando vin mandar eu aquí, eu anduven tres anos en Asturias, saquei de alí tres barcos dos astilleros do Cantábrico, e,e, Riera, novos do paquete. E,e,e (...) e quero dicir que vin aquí e dixen: "Mire, parte marchar dalí da empresa, foi porque lle pedín o Decker, e non mo puxeron". "No,no,no,no."
Antonio Reigosa: Era mui caro?
Serafín Mourelle: Era mui caro. Valía moito. Que máis dá? E entonces, ó chegar eles, discutiron co armador: "Mira unha cousa", porque me estaba dicindo: "Es que no viene de Madrid, Serafín." Dixen: "Hostiá, cousa rara, de Madrid." E un día collín ó técnico e dixen: "Oye, mira unha cousa: Tendes os/os deckers aquí?" "Sí, Serafín, cuando quieras se ponen." Dixen: "Oye, mira unha cousa. Todo o que queiras, menos calificarme de tonto, eh? (...) E por se acaso, vaite buscando patrón." Claro, entoncese, cando vin e tal, chamáronme p'aquí pa barcos, tiña daquela xa un, máis de un barco para vir pa,pa Coruña, e pedinlle o Decker tamén. Nuevo Jundilla, o Nuevo Jundilla. Tamén o estrenaba eu. "Coño, Serafín, es que vale mucho dinero, tal." E,e,e, poise, aghora, se non ten Decker anda sin situación no mar.
Antonio Reigosa: Claro.
Serafín Mourelle: Porque antes, claro, dicías: "Bueno. No cincuenta e un, vinte, hai un casco, un embarre, que é o que falan, que hai moitos en barcos fundidos". E, este, ti,ti levabas unha a,a, como xa nos dixera o profesor aquí: "Cinco, hasta cinco millas de error en la situación, no lo considereis error. No es error. Más allá sí." Ou sea, que, canto máis se aproximárase menos de,de error, e entonces, pois bueno. Si, entoncese, pero o da casa xa lles daba... eu líame moito as instrucións, porque ademais chas traen en castellano, as instrucións en castellano, ou gallego, eh? o que me dá igual. Porque claro, se: "Oi, o Serafín, sabes o que costa eso e,e traducilo?" "Si, que, tra,traducilo?" Paga ó,ó,ó paisano, e,e,e, coste o que coste, busca a un,un tipo que ma,que sepa o inglés, pero que tamén conozca a terminología aserca do,do,do naútica, da náutica...
Antonio Reigosa: Claro, se non, non preguntou ben.
Serafín Mourelle: O Decker, o Omega, houbo moitos así, que tiñan moi ó principio, eran namais que, bueno, é longo de contar e non vamos estirar. É faciliño, é fácil (incomprensíbel) de manejar. Estaban a cin, aquelo ó que iba, a cen millas da estación o máximo de rol aceptable eran vintecinco metros.