Serafín Mourelle: En Corme hai unha serpe alada. Lin unha ves, nun periódico, que había tres en Galicia, e unha delas está alí en Corme, en, cerquiña, a,a,a un quilómetro, a pouco do pueblo, que lle chaman, en Gondomil. Unha,unhas casiñas que hai alí que lle chaman Gon,Gondo... Sabes onde é? Alí,alí iba a Berenguela a foder. Non,non, ten o escudo aínda alí de hai, e, dicen (...) Eso vén de (...) pero, aquela serpe, no meu pueblo hai xente, non?, que ten cultura, pero non se ocupa nunca nada, de ning,de ningunha a, para ela, nunca. Houbo que unha,unha ves apareceu cun punteiro, un furado feito por un punteiro deses (incomprensíbel). Ten un lombo así ancho, non sabes?, e as alas. Xa parara tres, e non a coidaron. Eu fíxenlle un poema que é xa un poema épico.
Antonio Reigosa: Si,si,si.
Serafín Mourelle: Non sei se o líchedes, non?, no que eu, á volta dos anos, despois de cativo, de ver aquela, de preguntarlle a meu avó, que certo era si,si cando el era neno, as culebras tiñan alas...
O meu agarimoso avó / con fermosas sabias verbas / desta maneira falaba, / nin eu nin o meu avó / culebras con alas vimos. / Din que fai moitos, moitos anos / esas culebras habelas había.
E claro, vou dicilo. Eu vou xa sendo maior (incomprensíbel), aí parte o poema, e vou e póñome a acariñar a serpe, a deusa, a Deusa Alada. Porque teño entendido que os,os romanos, bueno, eso está na mi/na mitoloxía romana, no?, que,que adoraban a,a serpe, eh?, e que ti lle, que lle poñían alas para que voaran nun momento a pedi-los favores a,ó Sumo. Entoncese, estuven acariñando a serpe, estoucho contando que non, e despois coñocíame, e suaba, suaba.
Mui grande sede sentía. / E pasaba un río, que eso é verdá, con fermosas e,e,e,e na que brillaban fermosas pedriñas, pero rima e todo. E,e entonces vou a beber e / a miña faciana vai mudando na faciana do artista. / A correr quixen botar, pero nin correr podía, / e cando/ata que o avó á fronte estas verbas me dicía. / Escoita, (...) ben ao artista, que che vai amosar / segredos da súa vida, e así falou o home: / "Escoitade, arriba na planicie que vén desde a estrada, / vén desde a estrada e vén todo a morrer alí ó,ás dunas de po/de Balarés, eh? Alí houbo un pueblo, eso é de transmisión oral, mm? E chamáronlle os salgueiráns, porque chaman ó Monte s,das Salgueiras. Alí temose ido nosoutros á leña. Acórdome de ir eu solo, e estar así no monte e senti-lo o,do,o como lle? os,o,o,o,os rumorosos, eh? Estar eu solo no monte, e sentir un ruído parecido a este que se está indo, pero máis,máis dulce, máis suave aínda... U,u,u,u,u que che quedas, no?, e hasta unha ves pareceume que vía girar a Terra. Estaba así, [risos], e entonces, pois, bueno, quero dicir e entoncese (...) Era eu un salgueirán que aló no alto vivía, / hai restos dunha capela que de aquela non había, / tiñamos nós outros deuses, non eran os de hoxe en día, / pero o que agora vexo polas landras dos castaños, / o flor do toxo e a xesta, o trobisco e a carqueixa, / e todo canto renace cando chega a primavera. // En tan fermosa planicie, que moitas fontes había, / vivían os salgueiráns formando grande familia. / Pero un día o sacerdote ata a pedra me baixou. / Dixo que nela labrara a serpe que aí ficou. E despois sigue como fai a serpe, suaba, as lúas, pasaba as lúas, pasaban, e non falo de fechas, falo de lúas...
Autor/a da transcrición: e~xenio
O poema difire nalgúns versos do que aparece no seu libro orixinal, Carapelas de sal e iodo.