Serafín Mourelle: O primeiro traballo aquí foi nun barquiño deses da palometa, por aquí. E como non pescábamos, fomos á costa de Portugal, e vendíamos en Vigo. Alí, por pouco máise queda o barco, eu e máis os demais, claro.
Antonio Reigosa: Que fixestes, a ver?
Serafín Mourelle: Pois collemos un temporal de la hostia.
Antonio Reigosa: Ah!
Serafín Mourelle: Non tíñamos nin radio, non tíñamos nada. Era un barquiño destes do norte, non sabes? Moi su, moi como, se, moi,i,i, con moita altura sobre o,a liña de flotación, e defendíase moi ben, pero un temporal que non...
Antonio Reigosa: Onde vos colleu o temporal?
Serafín Mourelle: O temporale,e,e, nosoutros arrancamos do sur das Berlingas, e,e xa empezara a soprar o vento do sur.
Antonio Reigosa: Víñades xa con,con cargas?
Serafín Mourelle: Non, xa víñamos pa,pa para, víñamos para A Coruña xa, paralelo, xa levábamos por alí un par de meses ou así. E,e,e pensei eu que despois o que quería era coller Vigo, porque na costa Portugal non hai portos de...
Antonio Reigosa: Non hai abrigo.
Serafín Mourelle: Non hai abrigo, non hai...
Serafín Mourelle: No puente, cando entrei en Vigo levaba dezaoito horas gobernando o barco. E o que era patrón de pesca, que é xa un tipo maior, veu arriba porque o chamei eu. Dixen: "Dicídelle a ese, ó, ó jefe,ó jefe que veña ó puente." Ó motor, e o motor dixéronllo aos (incomprensíbel), que estaban todos pingando a, pensando que iban a morrer, non me estraña, porque estaba zoupando de carallo. Pero non viñeron: "Coño! Aí vai o chaval ese, vámoslle facer compañía, siquera vamos facerlle compañía." Nada. E veu. E collín eu, e fixen alí unha estima, e tal e cual, estábamos á altura de Montedor, de Cabo Montedor, acórdome ben. E non se vía nada. Zoaba o vento, arreaba a todo arrear. E,e,e viñemos indo, bueno, non pasou nada. E cando fun facendo para barlovento, xa despoise, sobre a mañán, xa vía o mar, tamén, antes non o vía, non o vía, iba gobernando polo compaso, e non,non. E pola ma/mañá, xa así, pois, xa, calculei que estábamos á altura de,da ría de Vigo, e arrieime en popa, porque os (incomprensíbel) fixeran un pouco para barlovento, pa despois darlle popa e entrar,entrar pola entrada do sur, e atracamos alí en Bouzas. Hubo varios que chegaron sin puente, e ca cubierta totalmente limpa, eh? Leváralle palangres, uns caixóns que tiñan pa meter os palangres, e limparon.
Antonio Reigosa: Que foi, un gran temporal, ou?
Serafín Mourelle: Foi un gran temporal, si.
Antonio Reigosa: Un gran temporal.
Serafín Mourelle: Foi, foi.
Antonio Reigosa: De que ano foi ese temporal?
Serafín Mourelle: Esto foi e,e no ano cincuenta e,e, no cincuenta e cinco ou cincuenta e seis.
Serafín Mourelle: Eu o primeiro barco que mandei foi o Virgen do Mar. Un barquiño de 21 ou 22 metros de eslora, pequeno. Era a miña, fumos para o Gran Sol. Traballamos alí polo,polo sur de Fasnet. Pero había moi, como che diría eu?, moito puteo e que,e vai, que todo, ou sea, aquí había cuadrillas que se apoiaban os uns ós outros, clans dos pueblos, mm?, que eu son, nese sentido son auto/a/antisocial. Alí calquera que di. Eu estaba con un de Corme, estaba con un de,de Ribeira, ou estaba donde, (...) Tiña amigos de casi todos os portos, de Noia, de Noia, tuven moitos amigos, pero o clan, nunca quixen ningún clan. É que eses clans pagaban con que lle deran unha plaza de patrón de pesca. Víñalle ofrecer: "Fulano, queres ir pa tal barco?" "Pois si." "Bueno. Vanche pagar o seis, pero o dous hasmos de dar a min." O dous por cento do que ganara. A min botáronme, botáronme porque eu ó embarcarme non daba nada, mm? A empresa Freire, eso xa foi, pero eso xa foi máis tarde. Eu, de patrón de pesca, eh? De costa non che pedía nadie. A min na de Freire pagábanme o un e medio por cen e o salario de convenio, e,e non había máis. Pero, eso, conocín a moitos que pagaron. Bogh! Moitos que empezaron daquela. É dicir, que joderon a, si, e entonces puteaban a quen podían, por diante.
Serafín Mourelle: Iban sete mariñeiros, e un contramestre, oito. Os dous do puente, o primeiro e mailo segundo, e na máquina iban catro, tres fogoeiros e o maquinista, e un na cociña.
Antonio Reigosa: Quince, se contei ben.
Serafín Mourelle: Catorce, me parece.
Antonio Reigosa: Catorce, catorce, perdón, contei mal. E,e, canto tempo duraba, bueno, sei que variaban, home, pero,o que mínimo e que máximo?
Serafín Mourelle: Dez. Se as cousas iban regular, tercían nos caladeros, e podías ter marea para traer.
Antonio Reigosa: Si?
Serafín Mourelle: Eso. Ás veces botabas dezaseis ou hasta dezaoito días. E,e, se non pescabas os primeiros días, e en/encontrába-lo peixe, digamos, ou sea, cando xa tiñas días de mar...
Antonio Reigosa: Si, si, si, si.
Serafín Mourelle: Pois estabas... Eu nunca botei máis de, botei unha vez dezaoito días.
Antonio Reigosa: O máximo.
Serafín Mourelle: Unha marea, era mui raro, había moitas mareas que non collíamos un rodaballo, eh? O rodaballo escaseaba moito. Agora, xa vía que por alí, por cerca da costa, non nas aguas, e,e, jurisdicionales de Irlanda, aí nunca me metín. Entre doce millas p'adentro eu nunca quixen pasar, nunca. Xa faenamos por fóra, me entendes?, no fondón, no cantil, e to/ eso, pero, nun, nun ano que xa non había moito por fóra, e tíñamos media marea, en días, de peixe regular. Entonces, funme metendo alí a traballar polas e, ochenta tantas, noventa. Vía a costa, víase, non picaba na línea das doce, pero andáballe cerca. Vía o,o cabo,o de (incomprensíbel), Fasnet, e entonces viña rodaballo. Inda botamos unhas, así en quilos podían sere uns novecentos ou mil quilos de rodaballo, e lenguados tamén. Había, se viña un solo ou dous, como ten vido, había quen llos gardaba po armador en terra. Non os deixaban, non llos deixaban comer ós mariñeiros. Entoncese, (incomprensíbel), os,os, á,á,á venta non iban, porque os papaban eles. Unha vese, ta,taba, naquel momento estábamos traballando ó día, porque polo inverno (...) quedábamos aquí, mes de octubre ou así, xa quedábamos aquí, a traballar pola costa, polo litoral. E entonces, vexo que apa,un,un rodaballo, un de,de Fisterra, é máis fino o cabrón... [Ri] E vexo que o cubo de rodaballo que o poñía alí pa proa. Pensaba: "Será para freír mañán." Eso si, que viñan ó puente, segu/ que non. Porque mira, para mandar a ben, e se tes homes baixo a túa, as túas determinacións, primeiro, se tes condición humana, os compañeiros vanche a tratar como tal.
Serafín Mourelle: Todos os anos bos.
Antonio Reigosa: Todos?
Serafín Mourelle: Todos, todos. Tuven un momento que por,por ejemplo, che condicía antes, que me botou o,o. Non me botou el, fíxome marchar a min, porque non me mandaba material, porque eu non lle poñía, entendes? Un de Miño, que inda non era mala xente, pero, claro, tododiós era como unha costumbre que se estendera. A min eso me,me rebentaba. Se me pedía calquera: "Oye, dame tanto". "Vale, toma." Eso de que lle fora dar polo meu tra,tra,traballando, me parecía unha indignidá. Entonces pedia, se pedía catro malletas, (...) dúas, non había máis no almacén. E con eso, grilletes, o outro, chegou un momento en que encontreime sin material. E palmei todo, porque, claro, o cable non daba máis, e,e collín aí un barreno no curral e tras, tras, dun lado e do outro. E foi así, que ó pasare, acórdome que tiñas moi mala dotación, porque cando aquí, aprosimadamente polo,polo sesenta, empezou a marchar a xente. Antes había unhas dotacións impresionantes, profesionales de pés a cabeza. Collía unha (incomprensíbel), pumba!, xa estaba feito o macuto. Viña por aquí (incomprensíbel) e xa estaban catro ou cinco da, mariñeiros que sabían atar, que se movían ben a atar. E ti baixabas abaixo, dicías "ti colle por aquí", "ti por outro lado", e así se ataban os aparellos. Que daquela, eses barcos, e hasta o sesenta eran de fibra, de fibra, e, vegetal, de sisal, ou de cáñamo, de yute, ou, entendes? E claro, rompíanche moito, rompían moito, hasta que viñeron esas, as de,de fibra plástica, non?, e xa aguantaban un pouco máis. Entoncese, había que atare, había que, pois que baixar a cuberta. Ao tempo había que demostrar tamén que se sabía facer.
Antonio Reigosa: Xa, xa.
Serafín Mourelle: Que tiñas dous aparellos á noite, que había dous aparellos tirados na cuberta para atar. Eles estaban co peixe, que viña, e todo eso, e,o,o outros xa estaban atando, e dixen: "Poise, a ver se tiñas os aparellos atados pa,pa outro, pa,pa toda a mañá." E entonces, poise baixaba a cuberta, e,e chamaba ó cociñeiro, que fixera unha, unha cafetera de café, unhas cafeteras grandes que tíñamos. E botáballe un pouco de pataca, saltaparapetos. Me dicía el: "No la vendía case a gato.", eh? Tiña unha aguardiente que,que bueno. Andá,andaba un coche con,con ela. E eso (incomprensíbel), veña! Eu tomaba un cafeíño con patacas. Eu que sei, para aguantar do sono. Teño botado moitas noites sen ir ó catre (...), porque non se conocían os sitios. E entonces, ó mellor estabas cun segundo que,que,que,que non che, que inda empezaba, que non tiña esa iniciativa (incomprensíbel). Eu dáballe instrucións, pero perdíase (...) o,o fondo onde andabas e había que situarse outra ves, e tiña que,que levantarme eu, claro.
Autor/a da transcrición: e~xenio