Serafín Mourelle: As Navidades do 53 pasámolas no tren, vindo pa Ferrol. Deron,déronnos alí unhos e,unhas pesetas, unhas poucas, non? E gastámolo todo en fiambre. Celebramos a Noiteboa, bueno!, puta madre. [Risos] Pero o outro día en Madrí, había que esperar, ch/chegabas pola mañán, e había que esperar a,a, hasta as oito da,da tarde ou da noite, non salía o tren do, que viña po noroeste, mm? Ou po norte, que viña hasta Venta de Baños, e aí cambiaba, non, po norte. Bueno. Joder! Pasamos máis fame ca un can sin dono. (...)
Antonio Reigosa: Xa non había fiambre...
Serafín Mourelle: Acórdome, [risos], si, había un jetas da Coruña, un tal Aneiros, xa tiña cara el de..., e poñíase así na porta do,do departamento onde estaban cortando, ó mellor o touciño, pero, e,era un manxar, e o pan, e poñíase así. E claro, invitábano. Aneiros comía algo, pero os outros, viñamos hasta Ferrol, e chegamos a Ferrol de noite, e,e pa cama, i hasta o,o outro día, que xa, en Ferrol, sendo o mismo, sendo a misma subvención, todo, eh?, xa lle o,que,que, o que,que,quería comer, comía, cantidá, pero a máis non estaba afeito. En/eu, cando vin unha, e, unhas sopas de leite, mm? Sopas de leite con pan, feito con pan, fervido, hostiá! Comín dous platos ou tres. E,e,e bueno, despoise comíase ben en Ferrol.
Antonio Reigosa: Si.
Serafín Mourelle: Facíanche peixe, home, era peixe,e, choupas, pero facían un guiso de choupa riquísimo, que estaba moi bo. E daban dous platos tamén, igual. Choupas, cariocas fritas, que est/, entendes? Bacalaos, este, lirios, e que, poñían a fartar, pero a fartar, eh? Ás once da mañán, como nos levantábamos cedo, e íbamos pa instrución, ás once da mañá dábanche media barrita de pan co/cun, cunha fendecha de queixo, ou,ou membrillo, e xa era algo, xa era duro. Non, entón, logo, aquí comía... Sabes? Que, bueno, os que non estaban acostumbrados a,a, ao millor había algún que lle daba, xa, que estaba acostumbrado de,de, da súa casa, e,e,e non sabía comer.
Antonio Reigosa: Ti...?
Serafín Mourelle: Pero eu,eu, xa anduvera navegando, e xa,a, xa sabía o que pasaba, como che dicía no barco, no Río Lagares, o cociñeiro, a min, a veces non me daba pataca ningunha. Todo era peixe. Así.
Antonio Reigosa: Bueno, entón estudias alí, e,e cando?
Serafín Mourelle: Si, cando, (...) Veu un sarxento pedindo voluntarios para cabos. O tal voluntarios para cabos era que, naquel tempo, no ano 53, inda non tiñan personal bastante, porque claro, moitos morreron na guerra, e,e non todos quixeron quedar alí, así que, si quedabas, si reenganchabas despois de cumplir, mandábanche á Escola de Aplicación de Cádiz e xa salías cabo primera, mm? Pero eu non quixen, houbo algún que,e, un compañeiro meu que quedaron. E,e,e, non sei se vos acordades de un que mo, que,que lle disparou un,un etarra, no cuartel de instrución a un capitán. Non, non creo que vos acordedes. Pois,pois e,e a ese matouno un etá/,un capitán, Carlos Seijas, que chegou a capitán, pero estudiando, eh? Tamén el ti/tiñan que estudiar, as cousas deles, pero tiñan que estudialas. I eu estudiei, e saquei unha boa puntuación, é dicir, (...) Mellor dito, saquei unha puntuación porque eu lía na historia daquel tempo, e sobre todo, de Napoleón sabíao todo.
Serafín Mourelle: Alí estudiei, e sirveume pa,a un pouco de cultura general, para aproba-lo primeiro ano que viñen por libre, mm?
Antonio Reigosa: Ti examinábase aquí...
Serafín Mourelle. Aquí.
Antonio Reigosa: É dicir, alí formábante, pero logo...
Serafín Mourelle: Alí non me formaban nada, alí formábame eu pore, por eso.
Antonio Reigosa: Bueno, tiñas o teu irmao, que xa o era, non? Que xa era patrón.
Serafín Mourelle: Si, pero meu irmán non estaba na mili comigho, ou sea que...
Antonio Reigosa: Pero tiña libros, tería cousas...
Serafín Mourelle: Si, meu irmán quería que quedara alí. Ou sea, o home,e, a el non lle gustaba, tampouco a pesca non lle gustaba.
Antonio Reigosa: Ai, non lle gustaba... Non.
Serafín Mourelle: Non. El foi, foi á,á pesca porque,porque non tiña. Mira, naquel tempo, queríamos ser po cabotaje.
Antonio Reigosa. Si.
Serafín Mourelle: Meu irmán quería ser patrón de cabotaje, pero para (...) ser de cabotaje tiñas que presentar tres entradas e salidas nos portos máis importantes, se querías ser patrón de,do,do Cantábrico, da Costa Cantábrica, patrón de,de,do Mediterráneo, ou todo xunto, sabes? E,e,e collías, tiñas título para ir hasta aí ó,ó,ó Sueste,Sureste de Francia, Niza e por aí, e,e, o que xa era un nombramiento xa bon, xa mandaban uns patachos grandes, e bueno, se defendían economicamente. E meu irmán quería eso, pero (...) non tiña as entradas, porque as entradas da pesca non che valían para..., el non tiña máis entradas que na Coruña. Así que a min pasoume o mismo que ao meu irmán. En vista de que non, non (incomprensíbel) as entradas, pero tampouco tiña os cartos para compralas, porque en Santander saldría na prensa, despois do que chegou, despois da Trans, da Transación, como che chamo eu, que non Transición, eu chámolle Transación, e dálle. Pois resulta que (...) descubreuse que en Santander, ou sea, que moitos nombramientos, non llelo quitaron, eh?, pero que erane, descubriron que había aí unha,unha cuadrilla, un jefe, un ofi/un oficial e un, que vendían as entradas. Pero, eso o caso é que,e eu estudiei e,e viñen a examinarme aquí, o primeiro ano. Depois cumprín, no cincuenta e,e cinco, e fun un ano ó mar, cumprín en,en junio do cincuenta e cinco. E fun ao mar hasta o curso siguiente, que empezara, e aí xa estudiei para oficial, para patrón, si, para patrón de altura.
Serafín Mourelle: Saquei moi boa puntuación, eh? Según o secretario, tiña unha puntuación das máis altas, que hasta que fun de novo aquí, á Escuela Media de Pesca, que así era como lle chamaban, hasta que a levaron pa Laboral.
Autor/a da transcrición: e~xenio