Serafín Mourelle: Cando estaba na mili, fun, mandáronme por Infantería de Marina, mandáronme.
Antonio Reigosa: Non fuches voluntario?
Serafín Mourelle: Eu? Non, non, non, non. Eu non fun voluntario, eu nada. O caso é...
Antonio Reigosa: Había moita xente que traballaba no mar, que,que tiña...
Serafín Mourelle: Non, non. Non iban tanto.
Antonio Reigosa: Non?
Serafín Mourelle: Eu non conocín a,a nadie que fora voluntario. Non. Algús que iban pola quinta, despois quedaban. Eso si que conocín a algún. Me mandaron á Infantería de Marina porque eu,eu era moi terco. Vi,de,vi, viñemos da Comandancia de co/, de saber o destino, e pregúntame meu pai: "Pa donde che tocou?" Dixen eu: "Para Cartagena." "Como, que? Pa Cartagena?" "Si, por Infantería de Marina" "Ai! José", o meu irmán xa era patrón, me levaba máis baixo, "Vaite á Comandancia de Marina e dille a Pombo que o poña por,por Marinería pa Ferrol." E díxenlle eu, sempre fun (incomprensíbel), e díxenlle eu: "Non vaias a ningún lado.", díxenlle ó meu irmán. E levántase meu pai, que andaba,a sin muletas catro ou cinco pasos (incomprensíbel), pa darme unha hostia. Pa, collín e non sei que lle dicín o meu... Oínlle dicir a meu... "Deixa, home, así, que valla pa, si,si despoise se pode traer, si quere, que son, veremos a ver.
Serafín Mourelle: De Cartagena, efectivamente, trouxéronme pa Fe/Ferrol pero sin dar o brazo eu, o brazo a torcer, eh? Preguntábame, [risos] preguntábame miña nai que tal estaba, e eu, (incomprensíbel): "Ben, ben." Se comía: "Ben, ben". Pero pasar muita, muita, muita, muita fame. Alí era un delito de humanidade, rapaces de,de,de dezanove, vinte anos, e facendo aí,aí, eso si que nos facía ginasias, e instrución non tíñamos pa nada. E tiñas muita fame, e,e xa daquela anque ó mellor daquela tuveras cartos, no cuartel non podías servirte. Traían unhas barras de pan, e acabábanse enseguida, que estabas á cola, e acabábase o pan pa comer un bocadillo. Pero bueno.
Serafín Mourelle: Levei unhas hostias, que tamén mas deron. Un cabucho segunda, de segunda deses, porque veu con, moi chulo, e eu, alí en Cartagena, había un barco de cabotaje no que viña un tío meu, mm? E eu cando viña o (incomprensíbel) daquel tempo, dos millores que había pola costa, pois iba, meu tío dábame unhos paquetes de tabaco de crema de Cuba, que compraban e, no norte de África, en Tánger ou en Ceuta, ou donde iban, non? E,e eu poñía un paquete (incomprensíbel) e andaba máis chulo ca Dios. Acabábase pronto, non? Pero un día estábamos alí cunha, coa, coa miña,a, digamos meu círculo. Ti fuches á mili? Bueno, ti non fuches. Sabes que fai, tes a túa tertulia, os teus compañeiros, tres ou catro ou cinco, e entonces, bueno, e vai o (incomprensíbel): "E bueno, vamos fumar un cigarro." "Pum, toma." E entonces vén o cabuxo ese, que, cando puxen aquí o tabaco, cóllemo daquí e ponse a facer un cigarro. E dixen: "Oiga, eu a usté non o invitei a fumar, eh?" Me cagho en ningún Dios que o pintou. Hostia así ca man aberta, pero rapás, e claro, tiña razón, era o cabuxo, non había...
E outra ves, zoupoume unhas boas hostias, unha dun lado e outra do outro, un comandante. Acórdome do nombre del, don César Ratón Miguel. Era un tipo pequeno, cuadrado, eh? Ou sea, un tipo... E que pasou? Pois que, en Cartagena, tamén cando chovía naquel tempo xa, caía augha a caldeiros, mm? Eu, íbamos marchar pa instrución, e claro, mandáronnos que nos abrigáramos, alí debaixo do,dos soportales que había no, dentro no patio. Cando pasou a chuvia, leváronnos po campo onde e, facíamos a instrución e había charcas, non sabes? E estaba o comandante ese: "Vista al frente, pecho de fuera!" E ti ibas así, vista ao frente, pero reo/reollando po,po tal. E diante miña iba Cartuja, un andaluz, que ó pobriño non se entendía nin a falar. Era, ta,taba no pe/no pelotón dos torpes, non? E lle/tocáballe diante miña, e eu dixen: este Cartuja vai meter o pé no chan, no,no charco, porque non mira, e xa non era a primeira vez, vaia, e vaime mollar a min. Efectivamente, zas!, molloume hasta aquí a rodilla. Entonces a min doume a risa. Pero non me puxen: ha,ha,ha,ha! Non, taba (mmm), taba... "Manda al tu tío a ver ese sonriente que salga de filas." [Ri] É surrealista que un tipo lle pegue a un rapaz de vinte anos, recén cumplidos, eso lle debía de cae-la cara de vergüenza. E largoume unhas hostias dun lado, e despois díxolle a un monitor: "Dele una carrera a este." Tenderse e levantarse. Joder! Menos mal que era un catalán, e díxome el: "Chaval, haz un poco más lento, porque a ver si este tipo manda parar."
Autor/a da transcrición: e~xenio