Serafín Mourelle: Ó ano ou así, embarquei nun,nun patacho.
Antonio Reigosa: Ós 15 anos ou por aí?
Serafín Mourelle: Si, si, ós quince anos, si. Nun patacho que iba, que andaba pola costa, no Cantábrico, Pasajes, San Sebastián, ou sea, Bilbao, todo eso, collía,cargábamos cemento e traíamolo pa Galicia, e despoise de Galicia levábamos madeira, ou esto, pinos pa apuntalar as minas, que daquela apuntalábanas con,con,con pinos. Pinos así de vinte,de vinte centímetros de diámetro, e botei alí un tempo. Despois o barco amarrou, non sei por que amarrou ou non, e bueno, o caso é que (...), e así fumos e,e indo. Dende San Sebastián viñemos os tripulantes que éramos da,de,de Galicia, que éramos todos, a mitá deles do pueblo, de Corme, e viñemos noutro barco que nos trouxo, porque non tiñamos cartos pa vir no tren. En tres meses, a min pagáronme trinta pesos, cento cincuenta pesetas. (...)
Antonio Reigosa: Era moito ou pouco?
Serafín Mourelle: Que va, coño! Era daquela, daquela eran sesenta pesos un, o sueldo dun mariñeiro.
Antonio Reigosa: Ah!
Serafín Mourelle: Eso era o que mandaba a Ditadura que tiña, que había que pagarlle pa,pa España. Nun parie/paréntesis destes embarcáronme aquí de,de cho, de axudante de cociñeiro, nun barco que se chamaba o San Pedro, un bou. Era xa un bou, era un pesquero, a ti sónache o bou? Bueno, pois, da,da,da,da empresa Mar Domingo.
Serafín Mourelle: Nese barco, o de Mar Domingo, traballamos un mes, mm? E despois amarrárono alí no Calvo Sotelo, que quixéronlle facer unha reparación. Fora comprado en Inglaterra e queríano, o que fora. Que aí estuvo un montón de tempo, aquelo era unha reparación, pois botaban a tira de tempo. E cando fun cobrar, non me pagaron. E mira, tal. E entoncese miña nai e: "E vaite hoxe". Non sei os días que fun, moitos días.
Antonio Reigosa: A ver...
Serafín Mourelle: E poñiamos, si, que me pagaran. E entonces un día fun á,á, dixéronme que fora ó sindicato, a primeira pare/ día que oín a pa/a palabra. Era o Sindicato Vertical. E cheguei alí e díxome o tío, preguntei polo inspector, aí ven ben o tío: "Que queria?", e díxenlle.
"¿Cómo? ¿Qué dice usté? (incomprensíbel) ¿Que no le paga la empresa? Aquí to/calquer trabajador de una empresa tiene un salario a,a fin de mes. Dígale a don, al señor Mar Domingo", (agora non m'acordo, don non sei que), "que le pague."
Cheguei alí e non me pagou tampouco. E volvín ó t/outro día, e dígolle eso, e,e me,me arrimeime alí á porta, xa me daba vergonza, iba porque me,miña nai me pedía, e claro, non sabes? E don Pedro Mar Domingo, que así lle chamaban, un vello cunhas barbas, estaba cun e,e cun,cun almacén máis longo dun,do,do como esto dúas veces, donde arreglaban as redes, e el tiña un,un altillo así de,de madeira, donde estaba el cunha mesa de despacho, e despois, nunha ventanilla, estaba o administrativo. Entonces dille o tío: "Dele a ese cis, a ese chico, cinco duros y que no vuelva por aquí." E collín os cinco pesos.
Antonio Reigosa: Que veu despois?
Serafín Mourelle: Despois em,em, embarquei, tamén de cho, no outro,o outro mes. E aí ganei 1200 pesetas, me pagaron. Ó ser López Merayo, era un dos empresarios máis e, digamos, máis feles, porque os outros roubábanche o que sea. Tanto é así que, moitas veces, te,te os que eran maiores, os que estaban mariñeiros, eles roubaban peixe porque, porque,que nunca cobraban os conciertos, e eso tamén o vivín eu. E, chegabas dunha marea, e,e catorce ou quince días, e facías duascentas mil pesetas, pero pa cobrar en nómina, pa cobrar'e, ter tanto por cento, se non era o salario limpo, que daquela, pois xa che dixen, podían sere sesenta pesos. E,e nunca chegábamos á nónima,nómina,nómina. Despois, ó ca,que cubrir a nónima, ó que pasáramos, eh?, e,era o des por cento. O des por cento do que pasáramos da nómina. E había que repartilo entre todos. Saca, ou sea, pagábanche na oficina e repartilo entre tantos, non? E,e,e claro, pasaba que víñamos cunha marea de duascentas mil pesetas, estábamos botando a conta, colle outra mareíña de outras duascentas mil pesetas, e chegamos aquí e dicían que non valía o pincho, e ó carallo. E así facíamos cen mil ou noventa ou ochenta mil.
Antonio Reigosa: Había moitos gastos (...)
Serafín Mourelle: Nada, moitos. É que, aquí, se, os,os,os, aquí, despois da caída do,do,do gobierno de Franco, facían o que lle daba a gana, e os mariñeiros tíñamos un teórico reglamento da... pero nin puto caso. Xa ves o que me fixeron no Sindicato Vertical. E os armadorese tiñan, e,e, todo o poder que querían.
Serafín Mourelle: Naquel barquiño, Amalia, que andaba un primo político meu, dese,dese patacho que desembarcamos en San Sebastián. Desembarcamos porque non nos pagaba. Tres meses sin ter, pagarnos. Entoncese, dixeron "Coño. Temos que ir a,a protestar á Comandancia de Marina." E fun cos compañeiros, pero o patrón era xenro dunha tía miña. E cando cheguei á casa de miña tía, que antes iba, agora non,non nos falaba. Aplantillei. Acordo que me dixo miña avoa, que estaba alí, a nai de meu pai, e colleume pola manga, que eu quédome, eh?, dixo ela: "Bueno". Viña chorando, sempre tiña a costumbre de, non choraba, botaba bágoas e secábase, acompañada do mar: "Vaite pa casa da túa tía (...) Carme."
Serafín Mourelle: Acórdome que comprei unha chaqueta, que non tiña unha chaqueta e era o inverno, e viñémonos San Sebastián pa Corme. Outro que a xente non se lle reconocen méritos. O patrón do San Sebastián, Suso do Chelito, tendrían que haberlle ter,ter feito un monumento. Era o correo, daquela non esighían tanto, tan,tanto de Pasajes pa,p'aquí, pa Coruña, e despois ibas pa Corme. Pa Galicia traía sempre pasaje/xeiros, tres ou catro ou cinco, e de,e despois os que querían ir embarcar a Pasaxes tamén, a Suso de Chelito. Era un buenazo o home, é un buenazo. Foi unha persona,a (...) das que te acordas na vida.
Autor/a da transcrición: e~xenio