Do Chico Alonso tería que vos contar, pero traio aquí como un libro e xa non dá tempo. Pero queríavos contar a historia del, que Xurxo foi o que o rescatou, o que o rescatou alá polo, polo,o programa de Reixa. Pero o que si, o da vaca que tanto comentades, o da vaca xa é tardío, é dicir, cuando il, cuando pasa o de pintar a vaca, el xa está eiquí, semirretirado. Vén o irmao de Francia, eh, reformado, que din en Portugal, querido Américo, vén reformado de Francia e entonces meteuse co irmao en Barás. Barás é abaixo, onde fostes tu i o Xurxo, que che deu o bacalao, que che deu o bacalao crudo i o viño d'agua. (...) Inda era peor que o de Juan Carlos. (Incomprensíbel) cinco, que había que agarrar cuatro para que bebera un. I é verdade.
Entonces, aí, o irmao, mirai a que punto chega, que Estrella Galicia, eh, nos finales dos ochenta, vai directamente a (incomprensíbel) levarlle a cerveza, eh? Habendo tres bares en Grou, e lévalle a cerveza diretamente a (incomprensíbel). Entonces é aí cuando asesora a este tío da Gadiña, rouban as vacas i el é o que o asesora i véndenlle as vacas. Entonces, a,a, ou sea, rouban as vacas, e píntanas, e píntanas (...). Non saliu en Interviú. (Incomprensíbel) Vamos pór as cousas como é, que esta xente (incomprensíbel). É importante o tema do (incomprensíbel).
Entonces, cuando vén a polo tío das vacas, vai o da Gadiña, que é marido dunha, dunha muller que se chama, que era irmá de,de Liborio, e de Tinito, e desta xente, que se chama Morocha, e entonces vén a buscar o tío, a Guardia Civil, vén o dono das vacas, descubren as vacas porque chaman por elas, taban ó lado do río, e entonces, i o tío ofrécese voluntariamente a buscarlle un pote, i entonces vén a Grou, onda eses de Requeixo que tiñan o camión, e veñen eles coa Guardia Civil. E dille:
- "Esperen un momento, que os vou chamare."
Entonces, conocía a casa, sube por un lado, salta pola porta d'atrás e escapa. E a Guardia Civil esperando. I o tío vaise e escapa. Despois vaise pos Castelos, David, vaise pos castelos, non onde tu, o noso arqueólogo de cabeceira, descubrise aquel famoso castro, sinón moito antes, i alí vive unha temporada, a muller lévalle comida, vive cun camping ga/ camping gas entre unhas rocas. E aínda paseando por alí, encontreime con el unha vez. E díxome:
- "Usté", tratoume de usté, díxome: "Usté podería non dicir onde estou."
E díxenlle:
- "Por supuesto. Eu nono vin pa nada, pero voulle dicir unha cousa: En Grou e por aí sabe todo o mundo que está usté eiquí."
(Incomprensíbel) Ó tío cólleno e,e vai pá cárcel. Pero entonces a muller vén a Grou, onda o Quico Alonso, vén ó Quico Alonso e aí dille:
- "Ladrón, que tu es un ladrón, que metiches ó meu home i é un ladrón."
I o Quico vírase, despois de moitos insultos de ladrón, vírase e dille:
- "Ladrón de corazós."
Algún día, algún día, se volvedes, contaremos entonces a,a como empeza este home. Este rapaz empeza con dezaseis anos roubando a viceira de Grou. E falamos de 300 ovellas e pico, levándoas a Ourense, i aínda hasta intervén o clero, gracias ó cura de Grou, aquel famoso cura, Don Manuel, que era un cura,a con dous collóns e cinco badales, e,e deteno, detén as ovellas no matadero, e non o pillan, con dezaseis anos. Fai dúas noites, dormen, dorme aí na fraga, vedes desde eiquí a fraga. Aí na fraga fai a primeira noite. Chega alí, búscanlle sitio para deixar as ovellas e din:
- "Matar o mellor carneiro que hai ai, na viceira."
E fan unha cena. E na fraga inda recordan os vellos que din:
- "O mellor carneireiro que pasou eiquí foi el." (...)
I, de feito, de feito, en Grou pasou co mote do Carneireiro, inda lle chaman o Carneireiro. En Grou inda lle chaman o Carneireiro.
A todo isto (imcomprensíbel), íbache dicir algo e non sei o que. Ah! que non tes unha foto dil, i a ti tampouco. Ah, e,e cuando vai o programa que houbo na Galega, que se chamaba "Galicia sitio distinto", o nombre non, non tal, i os portugueses menos (incomprensíbel). E,e vai a través de Bernardo, que conoce a Xurxo, e vén e imos a,a "Galicia sitio distinto", e despois pide unha cinta da,da,da cousa. Nunca vén esa cinta por culpa de Xurxo, pero il sss morreu cargándoche as culpas ó,ó Bernardino. A Pepe Bernardo. (...) Si,si,si.
Bueno, resumíndovos, que ó final detén as ovellas en,en Ourense. En Ourense xa non o pillan, i aí é onde empeza o salto cualitativo, que hasta entonces andaba,a,a en Grou como podía. Il era fillo dunha muller mui,mui curiosa, e dun pai mui, o pai, de mote, era o Poisí, o Poisí, Poisí. E sabedes por que? Pois porque dicía a todo: "Pois si", e quedoulle o Poisí pa toda a vida ó probe home. I a nai, a Helena da Foz, e,e tamén traballaba con outros señores. Entonces il estaba no café e dicíanlle:
- "Pero,o, Serafín, vaite pa casa que a Helena estache co, tache co da Chan."
E di:
- "Non, eu vou máis tarde, que despois tamén teño a cama quente."
Autor/a da transcrición: e~xenio