Estuvo no penal de Santa María, pero non estuvo co Lute. Estaba o Lute, estaba o Lute nos de delitos de sangre, e estaba o de Grou, Chico Alonso, i este, nos que non tiñan delitos de sangre. I deso sabe Xurxo moi ben, porque o especificou moi ben cuando foi ó programa de televisión.
Entonces, il non se mezclaba co Lute, porque o Lute tiña delito de sangre, i este non tiña delito de sangre. E, por certo, iste foi, este voso veciño foi ó que lle preguntaron que tal no penal de Santa María, e dixo:
- "Mui ben, mui ben. Tres comidas quentes ó día, e ningunha pola boca."
Autor/a da transcrición: e~xenio