Pois no pueblo e,e, (...) non, o pueblo non se pode dicir. Entonces, e,e o cura, viñan os rapaces confesarse, e dicían:
- "Eu, eu toqueina tantas veces, e eu fixen tal (...)"
E díxolles:
- "Mira, non digades eso, porque é un,un, unha palabra malsonante. Dicide: Eu toquei o,o,o clarinete ou toquei a trompeta (...), o saxofón, tres ou cuatro, dez veces."
- "Bueno. Psá. Moi ben, e tal."
E pasou así. E todo así, seguía o conto. Pero vén no,no precepto, e vén un cura de fóra, e claro. Quedoulle que foron confesarse tódolos rapaces do, co cura aquel. E claro, un:
- "Eu toquei o saxofón cinco veces".
- "Eu toquei o clarinete tres veces".
Bueeno. Acabou coa confesión e dille:
- "Carallo. Tes aquí unha banda da hostia". (...)
- "Arre! Non cho contei. O da banda éche esto."
- "Ah, carallo!".
Sae o tipo ó conf/ ó,ó púlpito, e di:
- "Eh! Os da banda que non comulguen." (...)
E entón, bueno. (Incomprensíbel) Cada un contou,u,u bueno, entón puxo unha penitencia forte e tal, e cuando acabaron todos chegou un rapaciño, tería nove ou dez anos, que, pero parecía que tiña sete, delgadiño, así co peliño ó rape, xa, e entonces:
- "Ai, señor cura, podía (incomprensíbel)?"
- "A ver, neniño, e tu que?"
Empezou a pasarlle unha man pola cabeza.
- "Tu non a menearás, verdá?"
E dice:
- "Non, señor abade, non, eu (incomprensíbel)."
Autor/a da transcrición: e~xenio