El fixo en Orense unhos, un,un carné, un pequeno documento como que era recaudador de impuestos.
E foise a Requiás. El era orig/ oriúndo de Porqueirós, e Requiás está a sete quilómetros, a Requiás e Gontomil, mandoulle un oficio ó pedáneo, dicindo que tal día pasaría por alí un recaudador de impuestos, non, un,un funcionario de,de,de non sei que, de Hacienda ou de non sei que, (...) e fixo un documento ben feito pa facer un censo de,de non sei que, (...) de,de,de, bueno, total, (...) total que chegou a Requiás, alí, outro guardia civil, apareceu a parexa da Guardia Civil acompañándoo, sentáronse alí. Empezou a facerlle o,os documentos e non sei que, facíalle a cada un e cobrándolle 15 ou 20 pesetas a cada veciño, e tal. Nesto vendíalle aceite tamén. (...) O que quería aceite, levaba aceite, abríalle o depósito e metíalle aceite. E,e,e ca misma e,e chegan pra comer e van a unha taberna, que inda está hoxe aberta, que é o Manolo (...). Bueno, estaba o pai dese, era o pai do Manolo, taxista, que inda anda por aquí, que ten unha taberna alí en Gontomil. Entón foron comer alí, e chegan alí, e dicen:
- "Por favor, a ver, libro de,e,e non sei que, a ver".
- "Non teño, (...) son sei que, non". Empezoulle a pedir a documentación da,da,da taberna. Bueno, e dille á Guardia Civil:
- "Vaya buscar al pedáneo y a dos,dos vecinos para, voy a denunciar a este señor, e tal."
E entón a Guardia Civil marchou, e el, ca misma, púxose a falar co home, i o outro chorando:
- "Bueno, mire, eu teño que denuncialo, porque non sei que, tal, bueno".
- "Tal e tal", e ca misma, sacoulle paréceme que era, en reás, daquela 3000 reás ou unha cousa así, bueno. Chegou o outro e dixo:
- "Bueno". Chegou a Guardia Civil co pedáneo e díxolle:
- "Mire, el señor me da un poco de tal, pero (...), vamos a dejarlo así, e tal".
Comeron gratis alí, mismo a Guardia Civil, e, ca misma, marchou, e fíxolle o censo a todos. Veu unha muller e dixo:
- "Pero usté non é de Porqueirós?"
- "Oiga, señora, oiga, señora, de qué me conoce usté a min?"
- "Usté é o fillo da Eulogia!"
- "¿Cómo que soy yo el hijo de la Eulogia? ¡A ver si la empaqueto!"
(Incomprensíbel), i apandoulle cos cartos.
Autor/a da transcrición: e~xenio