No restaurante ou hotel Roma, que agora xa non existen, pois invitou ó tío a tomar café. Iba,iba a Ourense, pois puxéronse a tomar café, e falando (incomprensíbel), con disimulo, foille metendo nos bolsillos do abrigo, meteulle o,o os pocillos, o pocillo e a cucharilla e tal, e entonces dixo:
- "Bueno, vamos", e pagou, "Vámonos, vamos, tío, vamos", e tal.
E entonces o tío foi saíndo diante, e el foi onde o camareiro, e díxolle:
- "Aquel señor, aquel señor márchalle con toda a (...), márchalle ca louza (...)"
Claro, e chegou, o outro foi:
- "A ver, usté, que leva aí?"
Sacoulle todo o que levaba.
- "O demo, o demo!"
Autor/a da transcrición: e~xenio