O Demo tamén era outro personaxe famoso en Entrimo, que era irmao dos,do,dos que tiñan a,a agencia González, que era González (incomprensíbel, ...) que traballaba (...). Bueno, pois e,e trouxo unha vez e,e,e mataron un lobo aí en Entrimo, e,e díxolle ó,ó,ó do, ó que facía os bolsos, ese que había unha,unha fábrica de (...) plásticos e de bolsos, si. Díxolle:
- "A vere, embálamo aí nun plástico ben embalado, e méteo nun/, nunha caixa."
E entonces, mandouno pra Ourense, no,no coche do,do Suárez ou da competencia, e,e mandoullo alí a un bar que paraban eles moito. E, non me acordo agora o nombre do bar (...). Non,non,non, era un bar alí arriba, detrás da catedral, que a rapaza chamábase Paloma, e estaba sempre (...) Que pasa? (...) Era,era o mesón, o mesón non sei que, bueno, total que (...), total que,que,que e,e iles estaban sempre alí, os que traballaban co,o alí no,no,no Marcelo. Iban tomar tódolos días viños, e tal. Entonces, mandoulle unha caixa, chegou a Ourense, e díxolle alí a un,un daqueles que andaban antes levando paquetes, dixo:
- "A ver, lévalle esto alí ó bar Tal", dice, "que son dous cabritos que lle mandan de Entrimo e tal, e xa che paga el cuando cho leves."
Bueno, aí vai o do,do fielato detrás do outro pa cobrar. Cobráronlle o fielato, cobráronlle o porte, e chegou alá (ho, ho) o,o outro abre o paquete... o lobo. Dixo:
- "Esta é cousa do demo."
Autor/a da transcrición: e~xenio