Había un médico, creo que se chamaba Niceto, Vicente, ou (...) Non era o de Lobios, (...) un en Entrimo. Entonces, iba moito p'onde o Zapatillas e liábanse alí a tomar toda a noite, e veña o mus, unha mao, plas, plas, plas. Xa era como dicía, un pa ti e outro po outro. E nunha ves, xa estaban bastante coloquetas, e sacou un revólver o,o Zapatillas, e dixo,o:
- "Mira, vouche pegar cinco tiros, porque non sei que e tal".
E díxollo o outro:
- "Bueno, home, bueno, ese cacharro. Admito/ aguántoche un tiro aquí nunha orella".
E foi o outro, e pamba! E pégalle un tiro, e empezou o outro:
- "Ai, ai, ai, ai, ai!".
Mete a man e:
- "Aquí está a bala."
Autor/a da transcrición: e~xenio