Outra vez, pois víñamos de,de Ourense, na feira de Ourense, nun coche do pai deste, entonces, viña un señor que estaba solteiro, i o Nogueira meteu:
- "Bah, você não presta pa nada. Você não se casou, você nada, as mulheres não... você não mira para as mulheres, você non sei que".
I o outro tanto se cabreou, e díxolle:
- "Oh, Nogueira. Tu máis vello ca min e vas morrer e eu voume casar ca túa muller. (...) Ca túa viúva."
Xa non dixo unha palabra máis o Nogueira. (...) Baixouse, marchou daquí, el vivía en Porqueirós. Son,n tres quilómetros. Marchou el solo, que normalmente buscaba, incluso pagando, quen o acompañara hasta arriba, e xa marchou aquel día solo. E chegou arriba:
- "Isó, filha da puta, que tu andas cum (incomprensíbel), es uma poldra", e empezou a paus ca muller.
O (incomprensíbel) nunca iba a Porqueirós, solo o día da festa, ou sea que, era un tío tremendo.
Autor/a da transcrición: e~xenio