E entonces, unha vez foron a, daquela xa pasara un tempo, xa o home non,n xa non tiña tal poder económico como ó principio, pois foron á Saínza. E claro, se ibas cómodo ibas, era cuando che botaban un,un colmeiro de palla no,no coche, no camión, entón ibas máis cómodo, non é como si foras en berlina, senón ibas sin nada. Entón, claro, chegaron a,a Saínza, baixáronse, foron a misa, comeron, non sei o que fixeron, e, ó vir, pois empezaron a axudar entre el e outro veciño, bueno, que se chamaba Plácido. E entón entre os dous axudaban ás mulleres a subir ó coche. I el, clas, dáballe unha palmadita a cada unha que iba subindo e (...). Cando chegou a,a muller do Plácido pa subir, que, dito de paso, era así forte coma min, e tal, pois o Plácido veña a urnar pa' riba e non a daba subido. I o Nogueira cas mans no bolsillo (...) eh, e nesto chega a muller do Nogueira, e o Plácido, como, como vaille botar a man: "Ó, Plácido, você não toque na minha, que eu não toquei na sua."
Autor/a da transcrición: e~xenio