Carlos Morais nasceu em Mugueimes, Moinhos, na Baixa Límia, a 12 de maio de 1966. Licenciado e com estudos de doutoramento em Arte, Geografia e História pola Universidade de Compostela, tem publicado diversos trabalhos e ensaios de história, entre os quais destacamos A luita dos pisos, Ediciós do Castro, 1996; Crónica de Fonseca, Laiovento, 1996, assim como dúzias de artigos no Abrente, A Peneira, ANosa Terra, Voz Própria, Política Operária, Insurreiçom, Tintimám, e em publicaçons digitais como Diário Liberdade, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Praza Pública, Odiário.info, Resistir.info, La Haine, Rebelion, Kaosenlared, Boltxe ou a Rosa Blindada, da que fai parte do Conselho assesor. Também tem publicado ensaios políticos em diversos livros coletivos: Para umha Galiza independente, Abrente Editora 2000; De Cabul a Bagdad. A guerra infinita, Dinossauro, 2003; 10 anos de imprensa comunista galega, Abrente Editora 2005; A Galiza do século XXI. Ensaios para a Revoluçom Galega, Abrente Editora 2007; Galiza em tinta vermelha, Abrente Editora 2008; Disparos vermelhos, Abrente Editora 2012. Ativista dos movimentos sociais, inicialmente no estudantil, é militante comunista desde jovem. Foi secretário-geral de Primeira Linha entre dezembro de 1998 e novembro de 2014. É membro do Comité Executivo da Presidência Coletiva do Movimento Continental Bolivariano (MCB). Fundador de NÓS-Unidade Popular em junho de 2001, formou parte da sua direçom até a dissoluçom em maio de 2015. Na atualidade, fai parte da Direçom Nacional de Agora Galiza e é porta-voz de Primeira Linha.
Boa tarde a todas e a todos e,e,e obrigado á Asociación Cultural Fontefría polo convite (...) E... Para min é unha emoción estar aquí, hoxe falar aquí en Mugueimes, na miña terra, e falar de,e,e dalguén que,e,e (...) Bueno, eu non (...) nisto que vou a contar (...) Primeiro de nada, quería pór dúas cousa encima da mesa, eu non son imparcial, non son imparcial por dous motivos, porque vou falar do, do meu avó materno, de Manuel Álvarez Pena, i non son imparcial porque e,e,e a miña ideoloxía e o meu pensamento político, pois, recolle parte do, do qu'el era na década dos anos 30 que é a historia da cual me vou a referir.
Tamén quería,a,a antes de nada, de,e,e conta,a,a,r a historia, pois bon, non pretendo ofender a ninguén, mas sei que moita xente que,e,e qu'está aquí, directamente ou indirectamente coñeceuno, i pode ter unha visión daqueles factos que non se corresponden exactamente co que é a miña interpretación.
Eu non son historiador e,e,e profesional, embora para a cousa que vou agora a contar pois vou utilizar, basicamente, dúas fontes. A fonte fundamental é todo o que un foi escoitando desde pequeno na súa familia, o que é a transmisión da memoria oral, i, en segundo lugar, a investigación en base a documentos do consello de guerra.
Manuel Álvarez Pena e,e,e era,a,a (...) naceu en Trimo, embora practicamente viviu toda a súa vida aquí en Mugueimes, naceu a inicios de século, en 1903, procedía dunha familia da fidalguía ben abastecida, mas e,e,e a partir de que,e,e dos cambios, das convulsións políticas e sociais que se produciron na Galiza, no conxunto do estado español, e, a (...) parti/ nos anos 30, e a implantación da Segunda República, evoluíu do que sería o bugallarismo, ao que antes se refería aquí o,o,o compañeiro, das posicións mais reaccionarias, i e,e,e fíxose republicano i acabou afiliado ao Partido Comunista de España. (...) Non só afiliado senón que se converteu, quizais, no, no,o,o no cuadro político máis importante do concello de Muíños, iso indiscutibelmente do PC e tamén do partido xudicial de Bande. Fruto da,a,a da,a,a da súa militancia política, pois participou en todas as grandes conquistas que se produciron no conxunto do estado español a partir do ano 31. Hoxe, concretamente hoxe, día 1 de outubro é o 83 aniversario da,a,a primeira vez en que as mulleres, no estado español, tivéstedes acceso ao voto, eh? No ano 33 as mulleres, gracias a, á,á,á a segunda República conseguiron o voto. Parece hoxe, hoxe parece unha cousa normal, que non ten unha importancia, mas foi unha importancia decisiva que modificou, e que marcou un antes e un despois.
Bueno, produto de todas as mudanzas e todas conquistas que se produciron no plano económico, no plano social, de liberdades, no plano cultural, etc, etc, e/ el foi unha figura destacada niso. De facto, no que é o consello de guerra i no que é o sumario e,e,e, contra el, é acusado de ser responsábel de afiliar á inmensa maioría dos traballadores da,a,a construción da estrada Mugueimes-Porqueirós qu'estaba en pleno desenvolvimento no verao de 1936.
Ben, e,e,e Manuel Álvarez Pena e,e,e en, en ningún momento e,e,e todo o que fixo (...) Outra cousa importante a ter en conta que non comentei, era o o,o,o o secretario do xulgado de,e,e de Muíños, non sei exactamente as razóns polas cuais era o secretario, sei que en abril do ano anterior, do ano 35, tiña morto, tiña falecido por causas naturais o titular, i el foi e,e,e o seu sustituto. Entón, portanto, era alguén que alén de ser un brillante político tiña unha influencia destacada na poboación e,e,e do concello.
E,e,e Manuel Álvarez Pena fruto do,o,o do golpe de estado que se produce e,e,e o 18 de xullo do ano 36, pois nos primeiros días, tivo que estar escondido, estivo agochado na súa casa, e,e,e (...) Por que? Porque tiña medo e,e,e de que os escuadróns da morte falanxistas, pois, o detivesen i lle metesen un tiro i (quedase) nunha cumeta como a a,a,a a moita xente deste país, a centenares de galegos e de galegas, i tamén a algunhas persoas do concello de Muíños, embora é,é,é é unha das cousas que está por estudar porque no ano 77 se impuxo, non? unha lousa do esquecimento que foi a Transición, i todo o que pasou nos anos 30, anos 40 i nas décadas posteriores, pero basicamente nos na final dos anos 30 coa guerra civil i nos anos da,a,a da posguerra, e,e,e a amnesia colectiva foi o que se impuxo. De facto, eu cuando estiven investigando i,i,i i descubrín as dilixencias previas ao xuízo militar que tivo lugar no ano 40 na Coruña, e,e,e cuando este verao llo pasei a seus, a dous dos seus fillos, non? a dous fillos que continúan vivos, i que son os meus tíos, e,e,e unha semana despois de ter entregado isto, eh? falei con eles, pregunteille si sabían algo disto e que, non, practicamente descoñecían o noventa por cento do que aparecía aquí porque seu pai nunca contou, practicamente, nada disto.
Ben, que acontece? E,e,e aos primeiros días posteriores a,a,a a,a,a ao, ao golpe de estado do 36, chántanse diante da casa e,e,e familiar, qu'está na entrada de Mugueimes, alí enfrente a,a,a ao pub Gallaecia, sin que esto queira facer propaganda, non? e,e,e un conxunto de falanxistas de Bande, i comezan a lanzarlle bosta de vaca a algo que hoxe habería que recuperar. Hoxe, sabedes que na casa hai unha placa que pon rúa Xaquín Fernández, Xocas, por debaixo desa placa e,e,e antes de que a puxeran nos anos 90, co paso do tempo, a cal, e,e,e foi destapando o nome que tiña a rúa no ano 36. Debaixo desa placa pon calle Aida da Fuente. Aida da Fuente, era unha dirixente xuvenil comunista que morreu no levantamento, na insurreción do 34, na insurrección que se produce en Asturias, e que se converteu por parte da III Internacional nunha especie de,e,e de icono, de referente xuvenil no conxunto do Estado español. Entón, iso significa que no ano 36 o concello de Muíños, i concretamente Mugueimes, a influencia comunista e a influencia do PC era importante. Iso e,e,e nada ten que ver con os resultados electorais de fai uns días donde o Partido Popular na,a,a no concello de Muíños ten un 74,5 % e,e,e do, dos apoios. É dicer, que a realidade da morfoloxía de clases de, do concello de Muíños, ou da comarca da Baixa Limia ou partido xudicial de Bande dos anos 30 está completamente alterada. I está alterada, en parte, por algo fundamental, porque naquela época había un pobo organizado, eh? había un, unha (...) había sindicatos, unha boa parte dos cam/ dos labregos, dos campesiños, do concello de Muíños e do partido xudicial de Bande estaban afiliados a,a,a a Sociedades Agrarias, Sociedades Agrarias qu'estaban baixo a dirección do PC, eh? i sobre todo dalguén (incomprensíbel) da parte do meu avó hoxe quería reivindicar e lembrar, i creo que a provincia de Ourense lle debe unha homenaxe a Avelino Álvarez, que foi o home que máis fixo polas clases populares da provincia de Ourense nos anos 30 i que hoxe está practicamente esquecido, i que das eleccións a compromisarios da,a,a da Segunda (...) pra escoller o presidente da, da Segunda República, que ten lugar en abril do ano 1936, sacou na provincia de Ourense casi 90.000 votos. O sea, un, un, un apoio electoral similar ao que conseguiu a camarilla de Baltar hai unhos días na provincia de Ourense. Outro dato importante para ter en conta como era a morfoloxía de clases i cual era a sociedade daquel momento que nada ten que ver con a nosa.
Ben, Manuel Álvarez Pena, recupero o relato, chegan os falanxistas e comezan a lanzarlle bosta de vaca contra, na rúa. A súa muller, eh?, que qu'é fundamental nisto porque e,e,e o meu avó non sería ninguén sin a súa muller (...) pois a súa muller é máis importante ou máis determinante en toda esta historia qu'el, por seu carácter, por quen era, etc, etc (...) saíu eh? armada cunha escopeta de caza e foi chamando aos señoritos dos coches que dirixían ao lumpen que estaba afiliado á Falanxe, que era o que lles lanzaban a,a,a a bosta de vaca. Como era unha muller dunha familia tamén boa, que tiña bailado con case todos eles, nas festas do verao, retiráronse, marcháronse, i aos,aos ao día seguinte, aos dous días, non o sei, aos tres días viñeron novamente con un camión, saquearon a casa, expropiaron, que se levaron unha parte fundamental, deixando practicamente na miseria a unha familia que xa digo que non era unha familia de clases populares humildes senón, máis ben, todo o contrario, tiña, tiña automóbil, co cual, non creo que houbese moitos automóbeis, había que estudiar iso, en Mugueimes no ano 36. A partir de aí, o medo i o terror se impón, el está durante, practicamente, máis de unha semana escondido, agochado, cuando chegaba a Guardia Civil (...) aínda mo lembraba hoxe a miña irmá Marta, que se escondía no millo, eh? para que non, non, non o detectasen, i el toma unha decisión, i a decisión ten que ver un pouco coa, coa razón pola cual eu hoxe fun convidado aquí, qu'é exiliarse e marchar para o outro lado da raia. El (saei) de noite, de Mugueimes, se calcula, non o teño mui claro, si entre o 26 e o 27 de xullo do 36, i chega a Montealegre. Cuando chega a Montealegre vai a,a,a a ao Concello, á Camara Municipal de Montealegre, solicita unha entrevista co presidente da Cámara, co alcalde de Montealegre, qu'era o,o,o tenente Canedo, Xoán Rodrigues Canedo, e apreséntase e (incomprensíbel) di,di,di dille que se chama Manuel Álvarez Pena, qu'é de Mugueimes, i que é militante comunista, i que vén a solicitarlle protección. Parece ser que os minutos nos cuais o presidente da Cámara tomou, bueno, o silencio, eses minutos en que estaba pensando que facer con este home, falamos do presidente da Cámara dun Estado que é un Estado fascista, é o Salazarismo, (el) pre/ presidente da Cámara, tenente do exército, xefe da Guarda Fiscal i,i,i o xefe local do partido Unión Nacional, do partido fascista portugués, decide, non sei a razós reais polas cuais protexelo, i só lle pon unha condición encima da mesa, que non e,e,e se meta en política. El aceptou (digamos) que non ía facer ningún tipo de actividade política en Montealegre, rapidamente lle conseguiu unha, unha pensión e,e,e na rúa Dereita de Montealegre, i e,e,e ao pouco tempo estableceuse alí, estuvo (...) en Montealegre até febreiro do ano 1939. E,e,e co diñeiro que traía montou un,n,n un,n,n un café cun señor que seica era, qu'era qu'era,a,a militar, xa na reserva, o capitán Afonso, o café chámase (...) chamábase Far West, e aínda sigue aberto, ten outro nome, no centro de Montealegre e deso viviu.
Eso foi, eso (...) estamos falando dunha dun/ dunha situación na cual, a súa muller, Rosa, seguía en Mugueimes coa casa saqueada i tiña que seguir alimentando a tres fillos, con todo o que iso significou. Descoñezo as razóns, eh?, i con esto vou acabando, pola cual e,e,e o meu avó Manuel Álvarez Pena antes de que acabase a Guerra civil, a Guerra Civil acaba en abril ¿non? en abril do ano 39 (...) o día da derrota, vamos, do famoso pacto, non? de guerra, do pacto de guerra, eh? e,e,e el decide, tres meses antes, voltar. El volta para,a,a para aquí, para Galiza, e,e,e vaise pa Bande, preséntase no,o,o no,o,o no cuartel da Guardia Civil (...) ou se identifica directamente coa Guardia Civil de Lobeira (...) Non sei cual é a razón, eso non o teño estudado (incomprensíbel) si en Bande había Guardia Civil, ou si o posto máis importante da Guardia Civil da zona era o de Lobeira. El é, a partir de, diso, identificado e detido, está (varios) meses na prisión provincial de Ourense, a que agora está caíndo aquí en frente dos xardíns do Posío, i, e,e,e é sometido a un consello de guerra do cual safa, digamos que a condena á cual foi (...) bueno, a condena que lle impuxeron foi mui benigna, e creo basicamente por dúas razóns: unha, pola súa orixen familiar, i segunda, por unha carta que lle escrebeu o tenente Canedo, e que a entregou, na cual (...) xustificaba que tiña tido un comportamento exemplar etc, etc, i que non tiña, obviamente, as maus, digamos, como decían os que se rebelaron, eh?, i que logo lle deron a volta á tortilla, non? que os (...) Os que dan un golpe de estado fan unha rebelión militar, i logo acusan a todos os que defendían a lega/ a legalidade vixente da Segunda República como rebeldes, que é que o que pasou aquí durante esa etapa. Bueno, el safou, unicamente, bueno, o condenaron, xa digo, a unha condena mui baixa, que son e,e,e e,e,e seis anos de inhabilitación para cargos públicos, de facto parece ser que durante (...) el morre no ano 77, non? mas no proceso ese de liberalización do, do Rexime, pois lle ofertaron a posibilidade de voltar outra vez a,a,a ao tema dos xulgados. Non quixo, non o necesitaba. Entón foi (...) Aplicáronlle unha condena, unicamente, de seis anos de inhabilitación e dos, 2000 pesetas de multa.
Bon, finalizo, con esta historia arraiana, non? porque,e,e eu coincido plenamente co que se dixo aquí, eu creo que a Raia é artificial, máis que galegos ou que portugueses, no meu caso, eu son, son unha cousa, unha mistura, non?, eu defínome como, como gallaecio, non? que somos o mesmo pobo, temos a mesma lingua, a mesma cultura, e a mesma (...) cruzamos a Raia i vamos ao Barroso, i non hai diferencia na paisaxe, no clima, eh?, na, na arquitectura co que pode haber deste lado.
Digo que bon, que todo isto que parece unha historia que pasou hai moito tempo, e que unha parte dos que estades aquí seguramente descoñecedes, e,e,e i a inmensa maioría da poboación máis xoven non ten nin idea do que pasou aquí hai 30 anos (...) mais isto sigue vixente, é dicer, os mesmos que deron un golpe de Estado no ano e,e,e 36 son os que siguen gobernando este país, este Estado, i os que néganse a que haxa cualquer tipo de cambio, de mudanza, utilizando as normas qu'eles impuxeron. I, o exemplo último, i,i,i, i falamos de algo que nada ten que ver con forzas revolucionarias, é o golpe de Estado que o rexime da Constitución do 78 lle deu, hai dous días, a Pedro Sánchez para cargarse o PSOE i lograr que Rajoy, si ou si, sexa Presidente do goberno español en contra da maioría dos que votaron.
Nada máis, e muito obrigado.


