Bueno. David recordoume,e falou dos Borbóns a mediados do XIX, pero,o,o, non sei se sabedes que os Borbóns chegaron aquí,í,í hai trescentos anos xa. E,e,e,e alí polo, na ría de Ferrol, hai unha,a,a cando, bueno, sobre todo cando baixa a marea, vese un pedrolo que lle chaman O Cu da Raíña. E o Cu da Raíña ten tamén unha orixe real. Contan que cando viña María do [incomprensíbel) Burgo a casar co rei aquel, co último de Austria, que, bueno, non daba tido fillos, non daba descendencia (...), Carlos II, O Enfeitizado, non habia maneira, e entonces buscáronlle unha alemana que seique había na familia, bueno, pois había un historial bastante interesante, e dixeron: "Con esta vai", non?
E,e a cuestión é que o barco que a traía, casáronse por poderes, xa era reina de España, si, entrou na ría de Ferrol, e, bueno, pois tuvo problemas, encallou, e,e,e estivo varios días alí encallado, e a raíña aburríase, e estaba próximo o penedo aquel, e salía a pasear e poñía o cu no cu da raíña.
Bueno, aquelo solucionouse e,e,e fixo a viaxe e xuntouse co rei. Non houbo nada, e viñeron os Borbóns en 1700... Recordades como se chamaba o primeiro Borbón? (Desde o público, Felipe V). Que Borbón temos agora? (Desde o público, o VI). 300 anos.
Autor/a da transcrición: e~xenio