Eu estou orgulloso de vivir nesta terra onde vivo, a nivel de historia, a nivel de microhistoria e a nivel de patrimonio, e,e,e quizá sexa unha das mellores terras de Europa, a nivel de,e,e recursos patrimoniais, e de historias que se conservan do pasado. É como si,i,i, facendo un símil co fu/, co fútbol, pois esta comarca estivera na Champions, e non solo estuvera, senón que peleara por ganala, tanto a nivel de,e,e,e megalitismo, como de,e,e, de contacto despois con Roma; a nivel da Idade Media, cos castelos, cas potentes fortalezas medievais da comarca; a nivel moderno; a nivel contemporáneo; e logo a nivel de,e,e, incluso prehistoria. E,e hai poucas zonas de Europa que poidan competir con esta comarca, anque moitos non o queiran ver, e,e,e,e o deixen de lado, o patrimonio. É máis, podería ser un recu/, un recurso para, para casi poder vivir do patrimonio esta, esta comarca.
E, e, bueno, unha vez feita esta introdución, pois, o que vos contaba: eu ando investigando nun pasaxe que sucedeu e,e,e a mitade do século XIX, e,e, de cando xa estaban por aquí os Borbóns, e, xa, xa pertenecíamos ao Reino de España, e había, pois, o absolutismo, o famoso absolutismo, e había pois movementos liberais xa, que pelexaban por, por outras liberdades e por outra maneira de ver a política. E,e,e, aquí na comarca, pois non sei aínda exactamente o ano, porque aínda ando investigando, e,e,e, parece ser que, pois como no resto do país, pois había unhas familias potentes que (incomprensíbel) controlando os concellos: os Bugallal, os Montero Ríos, bueno, todos estes linaxes que,e,e se pasaban as alcaldías, nombraban gobernadores, nombraban secretarios, e,e,e dispuñan do seu antollo postos nas Diputacións provinciais, bueno, non dista moito do que pasa inda hoxe en día, pero e,e,e daquela pois houbo un forte levantamento contra eso, e iso aconteceu en Bande, Bande era onde se organizaba, onde levaba a cabo toda ese, ese cociñamento dos postos de traballo, e de poñer os regidores de un lado e doutro, e,e,e montouse unha pequena revolución, unha pequena revolta na que se alistaron os de Requiás, [incomprensíbel], por un lado, e logo a zona do Baño, do Baño, que era concello daquela, bueno, non sei si o era ou si estaba a punto de deixalo de ser, como aínda ando no, na investigación do tema... O Baño e,e,e o Ribeiro, tamén, o Ribeiro de Bande, digo, esa zona de Ponte Liñares, de Güín, (incomprensíbel), e montaron unha revolta, e foron a Bande e,e,e queimaron o Concello. Queimaron o Concello, e por eso xa non hai archivos de ti/, non hai archivos anteriores a,ao século XIX no Concello de Bande. E,e,e, bueno, foron con gadañas, forquitas, protestando... Alí armaron un, un barullo tremendo e non lle facían caso, e botaron alí días hasta que queimaron o Concello, e, bueno, nesto xa se montou un movimiento reaccionario pois por parte do, dos poderes fácticos do momento, e xa se foron argallando, e na,a,a, na fuxida, unha vez que queimaron o Concello e marcharon, pois, e,e apañáronos aí nun sitio que (incomprensíbel) ten o topónimo que lle chaman A Cruz de Buxán, que, según,según subes á Cañota, á esquerda, onde acortas pa Muíños vindo de Bande, xusto onde,e,e, onde,e no cambio de rasante, hai unha pista que sale á esquerda, i alí había, había unha cruz, unha cruz, un monumento que lle fixeran e,e,e a eses,es, a eses,es,es libertadores dos abusos que se cometían daquela polos poderes públicos, e que hoxe non se, hoxe só/ solo se conserva o,o to/ o topónimo, a cruz tirárona. E que pasou? Que,e,e na fuxida, pois viñeron as forzas de seguridá, e,e, a Garda Civil e,e,e colléronos alí e, bueno, foi unha masacre tremenda, non sei se mataron a 60 ou 70 personas. E,e,e, hoxe en día, aquela, pois esa historia,a, esa historia oral do que foi a Cruz de Buxán, que algún día gustaríame,e,e recuperala, gustaríame investigar máis profundamente no tema e facer alí unha especie de monumento, unha especie de xente, a ver se se suma xente á causa, pero bueno, terán que ser outros anos a ver si, si nos liberamos deste pequeno absolutismo no que volvemos entrar recentemente, e,e,e se pode armar alí,í,í un monumento esa, a esa xente que morreu defendendo os seus dereitos de ciudadano ante os abusos dos poderes daquel momento.
Nada máis.