Lectura dun poema de Xulio Sigüenza publicado na revista Yunque en 1932.
O ferreiro fai estrelas
e o yunque vóltase tolo
ceibando cantigas vellas
que a fragua colle no colo.
Ponse o sol axionllado
nas cellas da ferreiría
que ten pra os ouros do día
o seu portalón pechado.
Sobor da calma da aldea,
igual que un ladrón,
gatea o río sin que se escoite
leva roubada a paisaxe
i há de finar a viaxe
denantes que veña a noite