O entruido trae talladas
a Cuaresma trae aceite
a Pascua traéno-lo viño
queira Dios que me aproveite
O viño tinto é meu primo
o blanco é meu parente
non se fai voda no mundo
sin que meu primo non entre
Prime aquí, prime acolá
prime aquí, prime acolá
bota viño, taberneiro
que meu primo paghará
Autor/a da transcrición: e~xenio