Dolores Macías Pose: Nos descansos do baile?
Antonio Reigosa: Si.
D. M. P.: Pois é o que lle acabo de decir (...) Así, xustábamonos un grupiño, as mozas, e cantábamos. Non?
A. R.: Si.
D. M. P.: E, ás veces, tamén [es]taban alí e (...)
De penas y de pesares
m'están haciendo un vestido
y de malas intenciones
me lo traen gornecido
A. R.: Pero, terían que preparalo, s'eran varias (...)
D. M. P.: No,o,o (incomprensíbel)
A. R.: Eran coplas?
D. M. P.: Eran coplas.
A. R.: E sabían todas. Non facía falta poñerse d'acordo. Non? Iban salindo,o,o.
D. M. P.: E, iban salindo.
A. R.: E que marcaba o,o,o o ritmo? Quen era a,a,a a que levaba a voz cantante?
D. M. P.: Coma depois (incomprensíbel)
Dios cho paghe, paghe churrasqueira
téñocho d'aghradecere
cando vou, cando vou ao teu muíño
sempre me deixas moere
A. R.: Estanlle, estanlle facendo os coros aí.
((Risas))
D. M. P.:
Moi muíño, moi lixeiro
bota fariña pra fóra
que as nenas do muiñeiro
ten un cantar que namora
A. R.: E, e o que salise!
D. M. P.:
Unha nuite no muíño
unha nuite non é nada
unha semaniña enteira
esa si qu'é muiñada
Autor/a da transcrición: e~xenio