Dolores Macías Pose: Pois,s,s pa traballar así,í,í sachar ou eso (...) Había xente con muitas casas, porque é o que se di, e,e,e se cadra un home aprendía a canteiro, unha muller a costureira, pero despois na nosa casa, non,n,n (incomprensíbel)
Antonio Reigosa: Si. Pero á parte do liño, por exemplo, e,e,e pa que traballos se xuntaban?
D. M. P.: Despois, se cadra, onde había así,í,í (...) Cando se sachaba o millo, porque o había que sachar tres veces nese tempo, que ahora xa non se sacha muito.
A. R.: Xa, xa, xa.
D. M. P.: Aí está.
D. M. P.: E,e,e a xente entreteníase neso.
A. R.: E pa esfolla? Pa esfollar (...)
D. M. P.: E pa esfollar ighual.
A. R.: (No) inverno.
D. M. P.: Si,i,i.
A. R.: Claro (...) E pa a matanza...
D. M. P.: Tamén.
Autor/a da transcrición: e~xenio