Dolores Macías Pose: Primeiro, vamos empezar co entruido que acaba de pasar. Non?
Antonio Reigosa: Veña! Veña! Pois veña.
D. M. P.:
O entruido trae talladas
a Cuaresma trae aceite
o Pascua tráeno-lo viño
queira Dios que me aproveite
A. R.: Usté vén organizada. Vén coa cabeza organizada, así que, siga como queira. Foi o antroido. Xa pasou.
D. M. P.: Pasou, pasou. Si.
A. R.: Como era o antroido cando era usté,é,é nena? Como facían (incomprensíbel)?
D. M. P.: Bueno, había tamén xa, así baile (incomprensíbel) Canda era na nosa casa, eu tería,a,a trece anos que aínda non tiña os catorce (...) Xa depois (...) non podía entrar no baile tampouco, pero como era na casa, si,i,i.
A. R: Ah, tiña esa ventaxa!
D. M. P.: Claro!
A. R.: Claro. Ao ser no (...)
D. M. P.: E xa aprendías como bailaban e,e,e e así (incomprensíbel)
A. R.: Pero usté disfrazábase, supoño. Ou non?
D. M. P.: Eh, eh?
A. R.: Disfrazábase no antroido?
D. M. P.: Nunca me disfracei.
A. R.: Ai! Non?
D. M. P.: Non. E despois polos carnavales, unha ves, eu (...) Os meus padriños de pila eran da Gholada, eh, e despois, ás veces, levábanme p'aló, se cadra o fin de semana, e eso. Así que aprendín, tamén, un,n,n unha historia de,e,e do Carnaval.
A. R.: Ah,h,h!
D. M. P.: Si,i,i.
A. R.: E, acórdase?
D. M. P.: Acordo.
A. R.: Pois veña!
Autor/a da transcrición: e~xenio