Dolores Macías Pose: (...) Fumos e,e,e ui/ uito irmáns. Cinco mulleres e tres homes, e,e,e eu xa son a quinta. E,e,e (incomprensíbel) morreron, bueno (...) Fumos des. Non?
Antonio Reigosa: Si.
D. M. P.: E naseron completamente ao seu tempo, pero mortos. O primeiro e mailo o último. E despois os outros aquí estamos. De momento. Bueno (...)
A. R.: E que fixeron? Que fixeron os oito irmáns? Salvo usté, claro.
D. M. P.: E,e,e na,a,a/ naqueles tempos había que ire sachare, cortar no estrume,e,e. Nós tíñamos catro vacas, tíñamos a besta, e tíñamos ovellas, e así, de dedicarnos a este traballo.
A. R.: Pero eles despois quedáronse,e,e na aldea ou foron marchando?
D. M. P.: Hai,i,i (...) Dous [es]tán en Venezuela ¡Que fun a Venezuela tamén!
A. R.: Si, si.
D. M. P.: Cando murriu mamá, quedara eu sola na casa. ¿Non? E depois o meu irmán que está en Venezuela díxome el: 'Vén a Venezuela'. E eu non me atrevía tampouco a ir (...)
A. R.: Xa.
D. M. P.: Pero viñeron unhas rapazas que,e,e o pai é de Corcoesto, e están aló en Venezuela, e as rapazas xa son,n,n mosatiñas, e depois dixo el: 'Vén Dolores, vén que Manolo díxome que foras, eh'. E depois ao ir elas (...) pois claro eu nunca,a,a fora nun avión, nin muito menos, pero foi todo unha,a,a unha preciosidá. ¿Eh?
A.R.: Moi ben.
D. M. P.: Si,i,i.
A. R.: Pero vamos volver á nena, a Dolores a pequena que se criou con sete irmaus. E,e,e supoño que había unha escola, qu'iban á escola (...)
D. M. P.: Enfren/ Nós tiñámola enfrente, a escuela.
A. R.: Si.
D. M. P.: (Incomprensíbel) A maestra vivía no lughar de Borneiro, porque Borneiro é a parroquia. ¿Non?
A. R.: Si, si.
D. M. P.: Pero a maes/ A escuela tíñamola nós no frente da casa, e a ighlesia ao lado.
A. R.: E seus pais, a que se dedicaban?
D. M. P.: Ighual ca nós. Mamá si que depois era unha muller que,e,e (...) que non era así moderna (...) porque cando murriu tiña ochenta e sete anos, pero unha muller que xa ghanchillaba, fiaba, porque nós botábamos liño, e fiaba e (incomprensíbel) e despois as fillas a masela, e así,í,í.
A. R.: E os seus irmaus, según foron medrando?
D. M. P.: E,e,e os meus irmáns (...) O o,o,o o qu'está en Venezuela aprendera sastre. Quería ser cura. Eh!
A. R.: Ai, si!
D. M. P.: E mais valía porque,e,e a memoria tamén era (...) Pero (...) Por mamá si que iba, iba a cura. ¡Eh! Pero (...) Non muller que depois, se cadra no medio do estudio, e despós pérdense os cartos! E,e,e (...) Memoria (...) Casi que todos eles. ¡Eh!
A. R.: Si. Pero non foi cura?
D. M. P.: Pero depós non foi cura. Foi sastre, e foi pa Venezuela.
A. R.: I os outros?
D. M. P.: E o día que cumpliu vinte anos, embarcou pra Venezuela.
A. R.: Ajá!
D. M. P.: E ten, ten ahora,a,a setenta e uito anos.
A. R.: Que é o máis novo, ou dos máis novos?
D. M. P.: O más novo de todos ten setenta e catro.
A. R.: E dos maiores? Que fixeron?
D. M. P.: Os maiores, ahora, tiñan,n,n (...) noventa,a,a e tres (...) Pero a máis vella de todos morriu, tamén.
A. R.: Esa é a que foi costureira, ou non?
D. M. P.: Non. A costureira (...) é onde eu [es]tou vivindo ahora.
A. R.: E foi costureira.
D. M. P.: E más depós outra más nova que se chamaba Maruja.
A. R.: E,e,e e usté?
D. M. P.: E despois,s,se outro que se chamaba Pepe, que,e,e dos máis vellos é,é,é, é o home. ¿Non? E,e,e ese aquí,í,í fui (...) que tamén é mui,i,i mui cantareiro. ¿Eh? Sabe historias mui, mui bonitas, e cántaas. E así. Ese é mui,i,i (...)
A. R.: E donde vive?
D. M. P.: Vive na parroquia de Salto.
A. R.: Ajá!
D. M. P.: Pertenece a Vimimianzo ahora. ¿Eh?
A. R.: Xa, xa, xa ¿I, a usté? Quedouse na casa?
D. M. P.: Eu quede/ Eu quedei alí en Borneiro.
A. R.: Non foi pa ningún sitio.
D. M. P.: Bueno fun (...) esta temporada a Venesuela, pero depois (...) E encántame Venesuela! ¿Eh?
A. R.: Ai, si!
D. M. P.: ((Asente coa cabeza))
A. R.: Gustoulle?
D. M. P.: Encántame Venezuela!
A. R.: Canto tempo estuvo alí?
D. M. P.: Eh,h,h?
A. R.: Canto tempo estuvo, en Venezuela?
D. M. P.: Nove meses, en Vene/
A. R.: Caray!
D. M. P.: Porque depois viñeron meus irmáns de vacasións, e vin con eles.
A. R.: Estuvo a punto de quedarse, logo, alí?
D. M. P.: Ai, eu que/ quedaba alí tranquilamente!
A. R.: Gustáballe logo, Venezuela?
D. M. P.: Ghustábame Venezuela! É un sitio mui bonito, e depós alí nunca vai frío! Hai sempre calor. Furran muitas (...) muitos cartos na roupa das camas! Que aquí hai que comprar mantas, e aló chegha a sábana!
Autor/a da transcrición: e~xenio