Esto faise do liño. Esto como saben é unha toalla do bidé, e fíxenlle os flecos polos dous lados, é igual. Esto é o que se chama lienzo. Despois hai outro que é máis gordo, que é a estopa, pero esto é unha toalla pa un bidé. Pero tamén se fai a de lavabo i a de baño, que anque non se usen están feitas.
- Usté, ahora compra o fío xa ou...
- Teño aínda na casa algún
- Inda ten algo de liño por aí?
- Si, inda teño algo de liño.
Pois esto era o que se traballaba no tempo dos nosos avós pa face-las... os calzoncillos i as, i as camisas
- Algo debían rozar non?
-Picaban moito! E máis facíase as camisas pós homes e pás mulleres, e as sabanas.
- Cando vostede era nena plantábase moito liño por aquí?
- Moito, si. Plantábase moito liño pero daba moito traballo. Este inda o fixen o ano pasado. Bueno minto, eu as mentiras tamén logho as conto.
- Pero se as desminte...
- Si pero...son piadosas. Esto tamén é feito de liño.
- E que é eso?
- Esto é pa poñer así ((fai un xesto e coloca a prenda nos hombros))
- Hai máis dunha, e sinto nesto ser sexista, que rabea, por aí.
- Si, e pódese usar así, pódese poñer a estilo falda, se lle da a gana, estas rapazas novas, que teñen así bon tipo, coma min, non sabes? E que sían flaquiñas pódenos poñer ao lao. E mirar quen baila.
- E bailar!
- E bailar!
- E sigue traballando entón? Pouco pero traballando.
- Si, algho fago, si, moito non!
- Pero conta que das algunhas clases para a asociación de mulleres e que compartides aí ratos.
- Ai, si, iso é verdá, que esto faise /isto é macramé, fanse cousas de nudos, fanse cestos...se houbera quen paghara moito máis se facía.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro