
Ola, boa tarde a todos e,e,e,e moitas grazas por estar aquí, e como ben dixo David, somos a Asociación Cultural Tamparrantán e vamos a,a,a,a amosarvos, un pouco, o que é a nosa actividade, e a principal, do noso día a día, é precisamente a música i o baile tradicional, a recollida (visitar) as aldeas e,e,e i lugares de,e,e do noso país, e despois intentamos reproducir sempre sendo, pois, o máis fiel posible a,a,a realidade que recollimos. Preocupámonos sempre, pois, pola nosa indumentaria, polo vestuario, pola súa reprodución, pero tamén colaborando noutros proxectos como este que intentamos e,e,e que vos amosavos aquí ao lado. Desde fai uns anos, (vemos) desenvolvendo un proxecto en colaboración co museo do Pobo Galego, relacionado con unha das actividades que (máis importante) do rural galego hasta fai ben poucos anos que é todo o proceso de transformación do liño. E,e,e,e digo que é peculiar porque no val de Vea, por exemplo, unha actividade que se mantivo hasta os anos sesenta, pero así como en outras moitas zonas de Galiza desapareceu (...) moi pronto deixose de traballar o liño, no val de Vea e,e,e pois segueuse cultivando o liño hasta os primeiros anos e,e,e a primeira (...) a década dos sesenta, os primeiros anos. Eso é (incomprensíbel) a día de hoxe, se conserven en toda a zona pois moitísima xente que aínda sabe traballar, pero tamén ferramentas i a xente coñece aínda como se usaban. Eso foi o que nos levou a tentar afondar en esa actividade que, a pesar de ser (...) pode ser un traballo mui duro que (...) (no que) participaba moitísima xente e que ademais duraba todo un ano porque o liño sementábase alá polo mes de abril i non estaba traballado (...) i non estaba rematado o proceso, case un ano despois.
E,e,e o val de Vea non foi o único sitio de Galicia no que, no que esa actividade se desenvolveu, senón que en todo Galicia a produción de liño foi importante sobre todo no século XVIII i en principios do século XIX. Sobre todo porque e,e,e e (...) por varias razóns (...) no momento en que se abre o porto da Coruña ao comercio con América (incomprensíbel) hai unha gran demanda de lenzos galegos, e sobre todo de liño, que eso que é o que fai que,e,e,e se produza gran cantidade, hasta un punto que Galicia non era capaz de producir, suficientemente li/, suficiente liño como para os lienzos que se demandaban i chegaba a Galicia, aos portos de Ribadeo, sobre todo, e Vilagarcía, chegaba liño desde o Báltico i desde (...) Rusia en fibra que despois se transformaba aquí.
E,e,e no val de Vea, como decía, se segueu cultivando i, en xeral, o proceso de transformación do liño i as ferramentas eran, practicamente, as mismas. O que pasa é que en Vea (incomprensíbel) hai toda unha serie de peculiaridades que non se daban no resto de Galicia que despois vos irei contando. E,e,e sen afondar tampouco en todo o proceso (...) Non? de todas as fases (...) (inconprensíbel) no mes de abril, se sementa, se vai transformando esa planta, que podedes ver aí en detalle, hasta que xa se tece i se fía. Non? Era un traballo que temos que reivindicar aquí a figura das mulleres, sobre todo. E,e,e era un traballo doméstico e desenvolvido principalmante por e,e,e por mulleres, casi de forma, de forma exclusiva, os homes a verdá é que participiban en moi poucas fases dese, dese proceso i que,e,e,e foi tan importante que no século XVIII en Vea, chegou a haber dúas feiras especializadas na parroquia de San Andrés i na parroquia, na parroquia de Cora e,e,e dúas feiras que tiñan como producto e,e,e principal e,e,e o liño; en semente, en tecidos, en planta transformada, planta sen transformar, pero eran dúas feiras, dúas feiras exclusiva. Vea, ademais, ten e,e,e unha peculiaridade, e,e,e aquí, unha das fases do proceso do liño era o que se chamaba mazado pero o habitual é que ese mazado se fixese como vedes, por exemplo, en algunha desas fotos, se facía con unha especie de mazas de madeira, se apoiaba sobre os mazadoiros i se golpeaba o liño para separar a fibra do que era a parte e,e,e a parte leñosa, i a parte que non, que non era (...) que non servía. En Vea se introduceu un sistema que facilitaba, e,e,e facilitaba o traballo. O que se facía realmente era e,e,e cubrir as eiras con bosta, mez/ mezcla/ mezclada con auga, se creaba unha especie de pavimento en toda a eira i se botaba (...) os feixes de liño se botaban, sobre, sobre a eira, i despois se pisaban co gando (incomprensíbel) se collían os bois, as vacas e,e,e i (incompreníbel) se facía pisar, en vez de facelo a man, pisábase directamente desa maneira.
E,e,e en casi toda Galicia e,e,e as fases de transformación remataban, remataban en festa. Era moi habitual que esas, esas (...) nos traballos, que sempre eran de colaboración mutua, os veciños i os familiares, i os amigos axudaban a desenvolver e,e,ese ese traballo (...) o habitual era que,e,e se pagase con unha comida i con música, (é decir) con un baile (normalmente) bailes de pandeireta pero incluso en esta zona, na zona de Vea, era bastante habitual e,e,e que se contratase un acordeonista que era o que amenizaba e,e,e amenizaba as veladas. En casi toda Galicia (a parte) (...) a festa máis importante eran as fías. A xente se xuntaba para fia-lo liño, xa casi ao final do proceso, se xuntaba para fia-lo liño; bueno, pois en Vea (digamos que é) unha das peculiaridades que se daba a parte máis importante era a espadela, era unha fase anterior na que (...) o que se facía era depurar, depurar a fibra do liño, para deixala o máis limpa posible, de millor calidade, i é tamén en esa fase na que, como decía, remataba con festa (...) había incluso unha comida bastante habitual que se repetía que eran as castañas i as patacas con bacalau. Era unha comida moi habitual, como (vos) decía qu'era un traballo de axuda mutua e sempre acababa, eso, coa música i con unha comida, pero era unha fase que nos leva a falar e,e,e das ferramentas que caracterizan, que definen o que é o traballo do liño en Vea, i me vades a (...) permitir que volas presente.
Esta e,e,e (...) Os espadeleiros, como vos decía, entraban en xogo (nesa) transformación do liño e,e,e na espadela, (i) o que se facía, como vedes (...) as fotos que temos por aí, o que se facía (...) colocar o liño encima i golpeábase con esta ferramenta para (incomprensíbel) separar a parte de peor calidade da parte (...) da fibra de boa calidade (boa). E,e,e o que chama a atención é tanto a forma como a decoración destes espadaleiros. Son unhas pezas que a día de hoxe só se documentaron na raia con Portugal, no norte de Portugal, están (totalmente) documentados, i en esta zona do val de Vea i xa parroquias máis periféricas do propio val, pero con diferencia e,e,e estas pezas e,e,e as máis decoradas e,e,e que, que se atoparon, son precisamente do val de Vea. Son as pezas que e,e,e a máis antiga, a día de hoxe, das documentadas, é de finais do século XIX, de feito, téndela aí, é a primeira. Esta. Esta, de toda (...) a día de hoxe, en este traballo de investigación, que vos decía, en colaboración co museo do Pobo Galego, están documentados e,e,e en torno a uns douscentos cincuenta espadeleiros deste tipo, i siguen aparecendo máis. É decir que non é algo que houbese nunha casa, que fose algo esporádico senón que, ao fin e ao cabo, son verdadeiras e,e,e obras de arte e funcionais porque son ferramentas de traballo e,e,e que se empregaban e se usaron pero que tiñan un,n,n un marcado carácter de prestixio. Con toda a xente que entrevistamos, e,e,e, o que nos din é que e,e,e as mulleres e,e,e levábanos, i, i, i bueno creo que é bastante obvio. Non? O presumir. Non? (...) Ir a traballar a unha espadela con esto, con pezas que eu creo que non é necesario explicar (...) Non? O, o, o fermosas que son (porque creo que son) unha razón para espadelar bastante obvia ¿Non?
E,e,e tede en conta que,e,e en Vea xuntábase en algunhas casas ata cerca de cuarenta mulleres. Trinta ou cuarenta mulleres traballando con estas ferramentas e,e,e(incomprensíbel) nunha eira, nunha corte, nunha palleira, cuarenta mulleres traballando, presumindo ao fin i ao cabo (...) porque todas (...) tanto os carpinteiros que entrevistamos, como as mulleres que entrevistamos, o que nos din é que bueno, que a todas lles gustaba ir á espadela co espadeleiro o máis bonito posible. De feito, moitos deles, en concreto, este de aquí, este espadeleiro e,e,e foi un regalo, un regalo de casamento de,e,e do home (incomprensíbel) (á que iba ser a súa muller). Supoño que sería un pouco o equivalente a,a,ao regalo da batidora actual ¿Non? (Incomprensíbel) unha comparación, ao mellor, un, un pouco irreverente ¿Non? Para a peza pero bueno, supoño que para época era,a,a era un pouco a relación que poderíamos facer ¿Non?
E,e,e o mellor de todo (...) E bueno, comos vos decía, esta é unha das (...) é a máis antiga documentada por agora. I esta é, das que levamos documentado, unha das máis modernas. Este espadeleiro,o,o e,e,e fíxose en torno a 1955, é unha das últimas que se elaborou, i o millor de todo é que o carpinteiro que o fixo aínda vive, por suerte, e ademais forma parte de Tamparrantán, porque varias das (incomprensíbel) están, están na nosa agrupación i forman parte da nosa agrupación. E, a día de hoxe, no val de Vea hai, e,e,e aínda hai (uns) tres carpinteiros que se dedicaban a face-los espadeleiros. O cal, claro, para nós e unha fonte importantísima de información porque eles nos transmiten e,e,e o mismo que nos comentan as mulleres que os usaron ¿Non? É decir, que a eles lles encargaban que un espadeleiro (...) lles pedían que fose como o de unha persoa, ou como de outra (...) Pero o mellor de todo é que, a día de hoxe, documentados con carpinteiro conocido, temos documentados como uns doce carpinteiros que traballaban na zona de Vea, en distintas épocas, pero e,e,e pero que (...) os fixeron i (os) elaboraron. I hai un montón de modelos diferentes (incomprensíbel) que a maioría deles, reproducen, teñen uns modelos mui concretos e uns estilos que reproducen normalmente, pero é mui raro os espadeleiros que son iguais, a maioría deles teñen sempre motivos e elementos diferentes. En moitos casos, como este que tendes aquí, por exemplo, cas inicias, habitual que se coloquen tamén as dat/ a data de execución do espadeleiro (incomprensíbel) perfecto porque é unha maneira de situalo ¿non? cronoloxicamente. Pero non só nesa ferramenta senón que tamén a súa compañeira, que é a propia espadela, fixádevos como tamén se,e,e tamén se decoraba.
Como vos decía, e,e,e era un traballo (facer a espadela) duraba, duraba todo o día (...) pola mañán, traballábase todo o día i remataba nunha festa con algún descanso que normalmente se amenizaba con augardente, un pouco de augardente, un pouco de viño e un pouco de pan para coller, para coller forzas.
E,e,e esto, bueno, creo que é bastante evidente, como vos decía, é unha das manifestacións e,e,e da arte popular máis clara, pero que eu creo que está en unha relación directa co que sería xa a, a, a fase final ¿non? que é a transformación de unha planta, como vedes en esa foto de aí, con unhas flores azúis e,e,e mui pequeniñas e mui fráxiles, como de esa planta que vemos aí, conseguimos chegar a transformar i a elaborar este tipo de pezas e,e,e dun traballo tamén feminino, no caso das tecedeiras, as mulleres (da figura) do papel das mulleres mui presente en todo, todo o proceso do liño, como vos decía, pero que, ao igual que os espadeleiros i o traballo tan importante deses carpinteiros que se dedicaron a facelos e,e,e outra manifestación (innegable) da, da, da arte popular, son todos eses cobertores i eso/ esas colchas que se confecciónaban nos teares (...) as tecedeiras pois elaboraban desde tecidos simples (máis lisos) (incomprensíbel) que se elaboraban pois, camisas, sabas (incomprensíbel) roupa de vestir de distintas calidades. Mirade, podedes (...) telas, por exemplo, como ista que se confeccionaban con tecidos sacados do tear, donde moitos casos era bastante habitual que se empregase tecidos de liño, de maior calidade, para a parte frontal pero se reservaban tecidos de estopa, de peor calidade, na parte que normalmente non se vía. Entonces, as tecedeiras elaboraban i confeccionaban este tipo de tecidos, (totalmente) lisos, pero elaboraban tamén complexas composicións como esas, como esas que vedes aí. Algunhas, e a máis recientes sobre todo, e,e,e (...) os motivos copiábanse directamente de, dos libros de bordado, dos cuadernillos de bordados que se compraban e,e,e que se compraban nas tendas, pero o que e o que facían as tecedeiras era compoñer, é decir, elaborar un conxunto harmónico para darlle forma i darlle, darlle sentido e,e,e pero si é certo que as máis antigas elaborábanse, tamén como din todas as tecedeiras, elaborábanse directamente de cabeza. Era,a,an (...) por eso digo que son pezas de arte (incomprensíbel) porque se confeccionaban con motivos básicos, i despois se iban facendo creacións, normalmente todas diferentes, é (incomprensíbel) (xogaron con) combinacións de cor i combinación de tecido, como esas que vedes aí, por exemplo, están feitas con liño e con lan, con debuxos, a base, o que era o (incomprensíbel) se elaboraba co,o,on con liño i o que é, a, a, a trama, que son os fíos que vemos realmente na superficie son os que se elaboraban con lan, con lan de colores para conseguir, conseguir combinacións.
Igual que reivindicaba antes o papel da muller no caso da trans/ transformación do liño, temos que facelo no caso das tecedeiras porque,e,e e,e,e era un oficio que foi,como decía elaborado (...) que se desenvolvían as mulleres, loxicamente, pero que,e,e e,e,e en moitos casos e,e,e esas mulleres deixaban de traballar no momento que se casaban. Era bastante habitual e,e,e que os traballos diarios e as cargas diarias que tiñan as mulleres, e,e,e do rural galego, impedisen, que unha vez que se casaban, pudesen continuar porque e,e,e moitos destes traballos e,e,e absorbían practicamente e,e,e o traballo diario, é decir, non deixaban (tempo).Nunha entrevista que fixemos fai anos e,e,e a unha tecedeira de Zobra, no concello de Lalín, e nos decía que elaborar unha colcha, por exemplo, deste tipo, que podía tardarse en torno a un mes de traballo, i ela nos insistía (importante) o matiz que ela nos decía (incomprensíbel) era que para facela, ela que era unha tecedeira experimentada, necesitaba un mes asistíndolle ben. Decía que non se facía daquela maneira, senón que necesitaba moito tempo. Eso era a, a, a, a razón que nós encontramos entrevistando a moitas tecedeiras, e decían que no momento en que se casaban non podían seguir co oficio, moitas deixaron de facelo, porque tiñan demasiado traballo como para poder dedicarlle o tempo ao que era o traballo de tecido.