Bueno, e despois hai outra cousa no en/ no entroido que se está, que se fai, que se facía bastante ao acabar a actuación dos generales, entón facían o que se chamaba os encontros de vellos. Os encontros de vellos que consis/ consisten (...) Bueno, vamos a ver, os generales normalmente discuten sobre temas importantes ¿Non? Sobre política ou sobre, sobre,e,e guerras, sobre,e,e tal. Entonces, os vellos e,e,e fan cousas máis,s,s agresivas, máis de, de relacións humanas, de, de relacións sexuales, de, de picardía ¿Non? Entonces, dise, de/ decíase ao final. Este/ estes encontros e,e,e facíanse xa (...) eu, os que teño máis noticia son de despois da guerra civil, son dos anos cuarenta e,e,e pico ¿Non? E teño aquí un, que, que me pasaron, que despois si,i,i se dá tempo (...) Lémolo ahora? É un pouco largho (...) (Hai) unha muller que queira ler comigho aquí? (Se) non hai unha muller que queira ler comigho, aquí, o asunto? Porque é un dúo, eh!
((Aplausos))
Bueno, que quería decir que este líase, líanse, léanse ou lense, dinse, dinse con dous tonos distintos, distintos. Cando, ao principio, se son reivindicativos, ou tal, lían/ lense con tono de,e,e ou dinse con tono de, dos generales, dinse:
Boas noites tía Pepa
véñoche ve-la rapaza
pois eu quérome casar
se ma dás de boa gana!
E cando son con/ conversacións, dinse:
Boas tardes tía Pepa
véñoche ver a rapaza
pois eu quéronme casar
se ma dás de boa gana
Entonces, este, neste caso como é, como é conversación, eu son máis partidario de lela neste tono. Entonces ahora dis ti:
Eu doucha de ben meu fillo
o caso é qu'ela queira
pero s'ela non te quera
eu aínda non son tan vella
Alabado sea Deus
que pronto atopei arreglo
anque non case ca filla
a nai sírveme o mesmo
Entra Farruco pra dentro
e séntate ao pé do lar
que a nena vai no muíño
e debe de estar a chegar
Pois sentareime un pouco
que xa [es]tou cansado
e o calor non me sobra
pois véñoche casi conxelado
Pois dígoche Farruco
se me queres de boa gana
xa podes tratar comigo
antes de que veña a rapaza
Eu quérolle ben
millor quero a filla
porque (ustede) xa vai vella
e a filla é máis noviña
A rapaza é máis nova
pero a pobre non ten nada
si te casas comigo
xa levas vida empezada
E casi ten razón
pois seghún está a vida
pouco vale a nena nova
se non hai pan na barriga
Pois si te casas comigo
que comer non che ha faltar
que ademais xuro Farruco
que tamén che ha de sobrar
Esto si que non é certo
porque lle vou a contar
a roupa desde que é vella
pouco máis pode durar
Ainda non che son tan vella
como me fas Farruquiño
por moita forza que teñas
heite cansar no camiño
Todo pode ser certo
pero como di o refrán
a muller é moi valente
pero dá co cu no chan
Déixate de historias Farruco
tratémonos de casar
non paremos máis tempo
que a rapaza [es]tá a chegar
Pepa do meu corazón
casémonos cando queiras
pero antes hasme deixar
mirarche a chocolateira
Eso si que non pretendas
porque vas perder o tempo
esa heicha d'enseñar
o día do casamento
Non me fagas rabear
Pepa do meu corazón
que hoxe estamos solos
e temos boa ocasión
Dareiche un bico e unha aperta
pa que te poñas contento
pero o outro hai que deixalo
pa despois do casamento
E despois (...) agora vén un narrador:
Ao darlle Pepa a aperta, Farruco, como era pillo, sin que ela se dera conta, tropezoulle no rexistro. Pepa perdeu a cor ao tocarlle na palleta, e Farruco, mentras tanto, arranxoulle a pandereta. Cando recordou Pepiña, dixo todo sen alento:
Aghora si condenado
que podes ir ben contento
pois aghora ghalopín
xuro polo máis sagrado
que has casar conmigo
ou morres arrebentado
Estando en estes contos, chegou a filla do muíño, e díxolle:
Miña nai,
que che fixo Farruquiño?
Bueno, esta (...) esta é do ano cuarenta e cinco.
Autor/a da transcrición: e~xenio